28 dic 2008

DOUS ANOS, O QUE ME IMPORTA A MIN XA ANDA polos Webmasters




FELIZ CUMPREANOS!!!

E xa van dous. Neste 28 de decembro (día dos Santos Inocentes), o noso amadísimo, odiadísimo, pero nunca indifirente blogue, cumpre dous aniños e,...QUE ME IMPORTA A MIN!!! Seguimos aquí, unhas veces con máis intensidade, outras, tan resacosos que non atinamos nin coas teclas dos nosos ordenadores. Pero o realmente importante é estar presentes (ata nos len en L.A., México, Croacia, África, Madrid e Catalonia) e seguir expresando as nosas emocións, as nosas inquedanzas, as nosas críticas, as nosas satiras contra unha sociedade aborregada onde tal vez o primeiro rebaño sexamos nos mesmos. Pero, de novo,...QUE ME IMPORTA A MIN!!!
Foi un ano completiño, con duras polémicas, encarnizadas controversias, grandes ou pequenos análises do mundo que nos rodea (o cercano e o lonxano), celebracións diversas, con nostalxias en forma de artigo ou videos míticos, etc. e,...QUE ME IMPORTA A MIN!!!
Seguiremos...si, si, seguiremos, ao noso ritmo, unhas veces encenegados coa seriedade propia dos que miramos ao mundo con fascinación ou tristura e outras co desdén caótico da panda de bandidos que somos. Unha ventá coma esta sempre resulta, ao par que entretida, necesaria para que, de vez en cando, as neuronas teñan certa comunicación entre si, xa sexa para rir, para chorar, para amar e desprezar ou para baixar a todos os santos que reinan no ceo e, en calquera caso,...QUE ME IMPORTA A MIN!!!
Non temos proxecto ningún, nin liña editorial, somos tan libres que ata cremos na decencia de xeito que, neste 2009 o blogue discurrirá polo camiño cego da improvisación. CARPE DIEM e QUE ME IMPORTA A MIN!!!

GRACIAS A TODOS POR SEGUIR CON NOS.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Y venga!!!!

XOGADOR DE CHICA.

Anónimo dijo...

¡Felicidades piltrafas!

Anónimo dijo...

Únome á celebración, e non taria nada mal facer outra cea de anoversario do blog,coma o ano pasado, ainda que por diversos motivos eu non puidera acudir. Polo tanto deixo esta proposta aberta. o Sabado 3 non taria nada mal.vos diredes.

Anónimo dijo...

O sábado 3 está ben máis, hai cea de Airecitos del Gunco...