11 dic 2008

Xeometría e relixión==> Dr. en Alaska


A franquicia española do Vaticano, que ven de reelexir o seu opus portavoz nunha reñida votación, non perdeu o tempo e desplegou nos últimos días un frente de borrascas, que ven a constatar que neste tempo turbulento, eles non van ficar atrais e van aportar a súa experiencia en agit-prop.
Que creban bancos, pois ahí esta ela para falar da avaricia e iluminarnos ao respecto pasando por riba do Ecónomo de Valladolid e as turbulentas contas da séde central. Que a Lei da Memoria Histórica chegalle aos muros das igrexas, e claman as placas dos martires, pois receta un exercicio de reconciliación e olvido consistente en : terra ás cunetas e gloria os mártires canonizando en lote.
E se a repúblicana Francia pretende levar a O.N.U. a despenalización mundial da homosexualidade, lembrannos moi amablemente que de conceder dereitos os homosexúais "Unha declaración política de ese tipo crearia novas e implacables discriminaciones" segundo o arzobispo Celestino Migliore e non dubidou enengadir
que "o catecismo da igrexa é partidario de evitar toda marca de inxusta discriminación contra das persoas homosexsuais" ( tan pichi).
Nin Ruiz-Gallardón é de fiar que o listón esta moi alto,. Rouco Varela (galego coma tí) cortocircuitou as pretensións do alcalde de irlle coa ladaíña da C.O.P.E. o santo pái ( co gallo da vindeira Xornada Mundial da Xuventude que tera lugar en Madrid no 2011) que se non me queren,que se o mensaxe do amor non sáe polas ondas da cadea, que se Federiquito tal... pois nada que ficou sen audiencia como eu sen avóa.Pero para audiencias Esperanza-calcetín air-lines que colmou de concesións no espacio radioeléctrico a Los Santos, normal.
Non baixan a presión contra da asignatura de educación para a cidadanía, nin contra a ampliacón do aborto, a eutanásia nen pa Cristo, en fin, eles que saben de xeometria demostrarian a calquera ignoto de nós, que a distancia mais curta entre dous puntos non é a liña recta senón o angulo recto .

No hay comentarios: