31 dic 2006

INTOLERÁBEL!!!



por Xogador de Chica


Refírome por suposto á interpretación do himno galego por Cuchús Pimentel (traidor!) e Niño Josele & friends en estilo flamenco que tivo lugar con motivo do 25 Aniversario do Parlamento. Como era de esperar, o Tabique Naconalista Galaico saíu na defensa da Galiza contra o (textual) "ataque que sufriu a nosa cultura." Dende aqui preguntámonos tamén como pode ser que se lles deixase emporcallar a catro xitanos de m... o noso himno solemnísimo, substituíndo a sublime gaita polas lamentabeis e espanholas guitarras. Verdadeiramente intolerábel cando existen na nosa terra artistas dabondo talentosos que saberían aportar o sangue galego que correspondía, coma Xil Ríos (mencionemos ate cansar a grandeza dese himno non oficial da nacóm que é "Xirarei"), Sabela ou Pili Pampín. Claramente, esta é unha agresión do Estado Central que non pode quedar impune!!!

Despedímonos co noso sentido lema
GALIZA CÉLIBE, PODER COPULAR!!!

No hay comentarios: