29 dic 2006

Sí, Sí, Sí, TÚ Y YO LO SABÍAMOS!!!



Non queremos comezar a nosa sección musical sen referirnos á revolucom incipiente liderada por El Canto del Loco co demoledor alegato anti-sistema "Zapatillas". Neste pedazo de single a banda bota lume pola boca contra toda a cultura occidental, con esa desgarradora historia dun gorila chuleta que non lles deixou entrar na disco de moda coas Converse All-Star. Non se viu nada tan arriscado musicalmente dende a versión pasodoble de "The Final Countdown" da Orquesta Variedades.



Estoy muy harto de que me digan: Si no estás en lista no puedes pasar
solo entran cuatro, tenemos zona supermegaguay y nunca la verás.
Abarrotado, hai aforo limitado y ahora toca esperar,
y nos han multado y tu coche se lo lleva la grua municipal.
Quiero entrar en tu garito con zapatillas, que no me miren mal al pasar,
estoy cansado de siempre lo mismo, la misma historia y quiero cambiar,
me da pena tanta tontería, quiero un poquito de normalidad
pero a ver, mírame y dime tronco, no veo mi sitio y no puedo aparcar.


Creo que un queda sen palabras ante esta obra mestra, ou unicamente ten unha: "aboio". Unha letra que fala da saudade, de todo aquelo que nunca chegará (ese terribel lamento por non poder ver esa zona supermegaguay), que critica radicalmente a falta de lugares onde aparcar o Mini Cabrio tuneado, e, con dos cojones, a falta de "normalidade" (as estrelas do rock consagradas non deberían quedar fóra, senón pasar os primeiros; intolerábel!!!!). Este grupo esencial da historia do pop español, que cita entre as súas influencias a Nirvana e Hombres G (o eclecticismo propio dos xenios!), desatou un movemento revoluconario ó remexer nas conciencias de xóvenes que se manifestan nas rúas ó berro de "Que vuelva Mecano" ou "Pinochet era súper-chungo". Seguiremos informando da traxectoria deste fenómeno musical endemoniábel, do que esperamos a seguinte entrega como auga de maio!!!
UN SAÚDO DO XOGADOR DE CHICA E DE BRIAN FLANAGAN.



No hay comentarios: