30 dic 2006

Nova peste do Nadal


Por Sr. Blanco:

Estou totalmente aturdido pola epidemia que nos asola este Nadal. Ben podería tratarse da gripe ou a coñecida febre consumista; pero non, este ano a estupidez humana reinvéntase e trae ata as nosas casas a ese gordo vestido de repartidor da coca-cola con un claro logo de
Made in China, si, refirome a eses papá noeles trepadores que abundan tanto nas nosas rúas este ano. Quen sería o primeiro estúpido que deu en comprar un?, ainda que mención á parte teñen os que secundaron a idea. Cada vez que vexo un pegote vermello adosado a esas casas encéndeseme o sangue,pero realmente a palma lévana os que como engademento, é decir, a idiotez ó cadrado, teñen unhas luminarias, como se non fose suficiente velos a luz do día que tamén hai que velos a noite; creo que estes individuos colman todas as miñas expectativas da horterez.
Esta é só unha mostra máis de como a globalización do planeta leva a que un producto feito por un pobre neno Taiwanés poda acabar en centos de fogares galegos, sendo un icono máis da Galiza bravú e acostumándonos a contemplar esta invasión como unha anecdota máis, que co tempo, ou se cadra non, acabará por esvaecerse.

No hay comentarios: