29 dic 2006

A SOMBRA DUN ESPERPENTO


A SOMBRA DUN ESPERPENTO

por tresillo



A todos aqueles que gusten de ler unha narrativa sinxela á par que profunda...jodédevos!...este libro é lamentábel!...nin sinxelo, nin profundo, nin ostias en vinagre...aínda que avinagrar, avinagra ben!...Pois parece ser que o autor é un tal Carlos Ruíz Zafón pero igualmente se podería chamar Danielle Steel ou mesmo estar editada na "arriscada" colección Jazmín.

De xeito sintético, porque a novela non dá moito máis de si, trátase dunha historia de puro e duro pasteleo barateiro, moi indicado polo Ministerio de Sanidade como sustitutivo do cacao e o zucre. Un forte doce para as cursis (e digo ben, AS CURSIS) adictas ao chocolate, menciña que calma as súas "dorosas ansiedades" e pésimas inseguridades. Gozarán cun libro epidérmico, fácil de dixerir que lles fará acentuar a súa estupidez ciclotímica. Porque se ben o argumento e ben pobre: unha temática que xira entre o burdo "por que yo te I love you" e "que aventura esto de la literatura, ven y disfruta de la biblioteca secreta"; o discurso narrativo, sendo simplón e pouco orixinal, non ofrece nada máis hábil que as fábulas de Samaniego. Pero o peor non queda aquí, debo referirme ineludibelmente ao estilo narrativo...criminal!!!...pero criminal polo delito do mesmo; por poñer un exemplo terrorífico dunha das descripcións que carecen totalmente de sentido no discurso: "[...]caminábamos por las calles de una Barcelona atrapada bajo cielos de ceniza y un sol de vapor que se derramaba sobre la Rambla de Santa Mónica en una guirnalda de cobre líquido"...HAÍ QUEDA ESO CHAVALES...PEDANTERÍA EN ESTADO PURO!!!

Agora churriñas collede o diccionario e buscade as verbas que non entendedes porque como dí o noso décimo mandamento: non tedes puta idea!!! e que me importa a min.


4 comentarios:

Míriam dijo...

Odio escribir nestes sitios, pero non podo deixar de facelo tras leer este comentario, non por defender o libro, senon porque vexo totalmente fora de lugar os calificativos que se nos dan as persoas as que nos gustou este.
Que eu sepa para gustos se pintaron colores (ainda que non os diferencies) e non os teus teñen que ser os acertados, porque eu para nada me considero cursi, ainda que si adicta o chocolate, pero non como método para curar as miñas inseguridades, e moito menos o libro me serviu para esto. Ademais coñezo a moita xente a cal lle gustou o libro e para nada se identifican co tipo de persoa que describes.
Ademais tamen quero decir que que che guste o libro non quere decir que sexas unha inculta que necesite coller o diccionario para poder leer un absurdo comentario de alguén que non atende máis que as suas propias razóns, xa que as que non temos "nin puta idea" como dis ti (comentario un tanto machista, por certo), pode que nalgún momento che demostremos que valemos moito máis do que podes chegar a imaxinar.

Anónimo dijo...

Non me extraña que de toda a vosa panda de delincuentes solo un teña moza, con ese tipo de comentarios queda todo dito. Caéuseme o mito.

que_me_importa_a_min dijo...

En fin, non esperaba unhas respostas tan extraordinariamente inxeniosas, ilustradas e cuasi postmodernas coma estas. Fustedes ao núcleo temático da miña critica...así me gusta!!!Evitastedes en todo intre utilizar argumentos "ad personam" para defender a vosa tese que se reduce a maldicir ao fillo de p... que a escribiu. Meterse co meu daltonismo e o máis ocurrente que lin...deulle luz e brillo a esa magna obra dos vosos comentarios.
Pero permitídime darvos unha humilde opinión:
Se gardades tanta ira contra aqueles que falan, escriben e rascan os collós de forma libre, ""sincera"" e, sobre todo, informada, polo simple feito de que non vos doran a píldora como os comeconas que vos seducen cada fin de semana e logo vos deixan como un paño de lágrimas enlamado...acertastes...eu son a persona indicada para desafogarvos e este é o voso noso portal...collede de novo o Larousse Ilustrado que esta vez lucinme!!!

P.D. non confundades o "escritor" co home de carne e óso...non quero sufrir outro acoso como no hora point...aqui fala "trisillo"!!!

by trisillo

troll dijo...

Gracias tresillo por abrirnos os ollos.Gracias por iluminarnos coa tua sabiduria e facilidade para xuntar letras. Despois de ler a tua critica vou de cabeza a estanteria de grandes auntores do corte ingles facer cola para comprar a tua ultima novela..que afortunados somos de contar entre nos cun ser de intelixencia superior que nos guie entre tanta caca literaria. Vou propoñer crear un club de fans para rendirche culto eterno, pois neste cervo querido antes de chegar ti pensabamos que todo o que tiña papel era para encender a cociña de leña arrimandolle un tarozo e duas carocas..a ver cando me firmas unha camiseta que os libros tireinos todos avergonzado do tempo que levo perdido mirando para eles..si fora pelar eucalitros canto mellor me fora...

A todo esto, coa ultima que me fun deitar creo que tiña unha merda desas cheas de paxinas forrando unha pata da cama....E a min que me importa!!