29 dic 2006

VALE CHAVALEEEES!!!


por Xogador de Chica

Emocionante e grandioso partido entre as seleccións de Solteiros de Ecuador e Casados da Galiza! A selección ecuatoriana soubo sobreporse á terribel baixa de Edwin Tenorio, liderada por un inconmensurabel Marlon Ayoví, e adiantouse no marcador. Pero negociacións a tumba aberta de Anxo Quintana co representante da Federación Ecuatoriana propiciaron o empate. As verbas de Quin, complacido: “o empate era algo realmente importante para o país e nel puxen o empeño e os eleuros.” Así, a nosa seleçao prosigue a súa andaina invicta, logo de gañar o pasado ano ó combinado de Uruguai “C”. Como xogador máis destacado, o central ecuatoriano José Luís Perlasa, que a parte de ter un pelaso criminal, impartiu unha lección de tiki-staka en toda regla (dese que tanto nos gusta), repartindo caramelos para todo aquel heroe da nazón revoluconaria que ousase achegarse polos seus dominios.

Recomendamos o partido ineludíbel entre o S.D.R. San Román e S. D. Candelaria que se vai disputar no estadio monumental de A Granda, que será retransmitida por Radio Corzo. Porque as pinchadas poden ser marabillosas!

No hay comentarios: