11 jul 2007

CAMISETAS>>Webmasters

Atendede todos, quen queira unha camiseta do bló, que se apunte no de Copa ou que mande un correo a esta dirección quemeimportaamin@gmail.com antes do domingo, o precio rondará os 5 avalorios, o diseño será o que nos salga do pixo e indicade a talla, e punto.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

E un punto unha merda, aquí se non se fai como di a maioría eu apúntome a que roden unhas cabezas, así que o debuxo paréceme xenial que sexa a gusto de quen o currou e se preocupa por organizalo, o color xa é outra cousa, e como vexo que ó final vánnola xogar uns cantos ó resto, vótase e andando, por exemplo, o xoves ou venres á noite, que estamos todos, non supón esforzo, elimina dúbidas e é democrático.

que_me_importa_a_min dijo...

Haber monton!Cantas veces dixemos de xuntarse para falar das camisetas e nin dios propuxo nada namais que falar de ande salir e emborracharse,que tamen vale,pero non viña o caso.E como xa tiñamos o pixo xheo de esperar,para que non pase coma sempre e nos pille o toro,pois decidimos uns cantos por todos.E O QUE NON LLE GUSTA QUE NON A COMPRE!E PUNTO.


O HIPER

Anónimo dijo...

Hostias, así que o diseño vale que o elixamos pero a cor non... Xa me explicarás a diferencia. Maioría de quen? Sen despreciar a ninguén, cremos que esta é unha camiseta do blog e non do grupo de colegas, polo que non é xusto que valga o mesmo o voto dalguén que frecuenta o blog e se preocupa de meter algunha entrada (ou o dunha persoa que se matou a facer posibles diseños) ca o dun tipo que entra na páxina unha vez ó mes. Despois, dase a opción de que se apunte a quen queira, a lista está aberta a todo aquel/a que lle apeteza mercala, sectario ou non. A camiseta está lista, gustou a todos aqueles que a viron e o luns temos que entregar a lista, así que quen a queira, que se apunte en canto poda. E acabouse o debate.

que_me_importa_a_min dijo...

stou co Hiper totalmente, non todas as camisetas teñen pq levar o debuxo da botella de J.W. ou dalgunha bebida alcoholica, non fai falta insinuarllo a xente senon que xa o ven todo-los fines de semana, respecto o do traballo do diseño penso que falo en nome de todos damosche as grazas a webmasters polo seu tempo empregado e que é un coco para estas cousas e ten moita imaxinación, sobre o comentario do metodista respetalo pero o meu ver non é como o plantexa.

Anónimo dijo...

A ver xogador, espabilado, vaiamos punto por punto; porque ou eu moito me equivoco, ou a pesares de non ser un dos creadores do blog considero a miña opinión tan valida coma a deste colectivo, ¿por qué?, polo seguinte: tódolos anos os membros da pandilla gustamos de facer camisetas para as ocasións especiais do verán, as últimas, conxuntamente coa pandilla dos "grandes", diseños das cales decidiamos máis ou menos entre todos. Este ano creouse o blog, e con isto e gracias ós que o fixestes e metedes entradas a cotío porque tampouco tedes outra cousa que facer (¿haiche que da-las gracias?gracias), un símbolo de unión entre os que ben sabido pertencemos á secta e os que non. A camiseta ben podería ser exclusiva do blog, se non fose porque o tema toca terreo común, vai ser a vestimenta de moitas festas, ergo sustituirá na súa labor á que se ben facendo tódolos anos. O sentimento incluso, o detalle diferenciador de cada un dos membros, residirá nela.
Non é oportunismo, nin acople, dende que a idea surxeu maquinouse así, porque recórdoche, primeiro falouse da camiseta de tódolos anos, e despois de incluírlle motivos pertencentes ó blog, nese orde foi, si señor.
E o da cor-diseño dígoche nun plis-plas: o diseño é algo que se curra, leva tempo e esforzo(non fai falla matarse de todas formas), preocupación,...a cor leva tres segundos, exactamente o que se tarda en pronunciarlle negro ou blanco ó vendedor, non supón nada. Por iso non lle tocarei os huevos a quen creou o deseño, encima de non dedicarlle tempo eu, pois sería carecer de vergoña, pero a cor, a cor sí podemos decidila sen que ninguén sinta que lle botan o curre por terra ou non o toman en serio.
Así que xa ves, cando foi a camiseta do pub bostas, o único que saíu desta boquiña foi unha súplica para que me concederan unha, discreto e humilde, pois era consciente de que non me tocaba a min dar voto, na do ano pasado(verano que currei coma un cabrón) non puiden dar nin as gracias, a cor foi unha merda e o deseño outra(non me queixei, tampouco me "matara" a facela), así que este ano só procuro, alomenos, tocar un pouco a moral, aínda que o final, pode, acabe predominando a máxima de separatistas coma ti. Ala.
PD:Na misma orde de razoamentos, este ano cando se monte o chiringo, como son eu o que tódolos anos carrexa o material,pon tempo e gasóleo, ferramenta e curra coma ó sol mentres outros beben cervexas, resérvome o dereito, coa madeira de todos, a montar a farsa onde me salla do duodeno, por exemplo a copa dun arbol, ou o baño de mouronte, e ti, que es o que a garda no inverno, pben poderías facer fogo con ela e quentarte en xaneiro, pois que máis da que sexa, en definitiva, de todos, qué máis da que o dulce resida nisto, que cada un vaia levando o seu camiño pero gardando algo en común, pense nunu pau, nun chiringo, nunha hora fixa para baixar ó souto ou unha camiseta.

Anónimo dijo...

E veña a confundir touciño e velocidade por enésima vez. A ver, meu rei: en primeiro lugar, aquí ninguén fala de recoñecemento nin de dar as gracias por facer comentarios; fágoos porque me dá a gana e punto, se gustan bien, senón tamén. Lamento que ti teñas unha vida plena e marabillosa que che impida colaborar; isto dígoo como lector do blog, como amigo douche a miña máis sincera noraboa. En segundo lugar, matización: a idea de facer unha camiseta do blog é bastante vella (da prehistoria do blog, case) e independiente da de facer a camiseta dos colegas de sempre, a cal probablemente se ía facer de tódolos xeitos. Despois pensouse que "había estar ben que a levaramos todos para o Sargadelos ou a Queimada", ó que non me opoño en absoluto, máis ben ó contrario: de puta madre. Iso sí, se esta vai ser unha camiseta do Quemeimportaamin, leve quen a leve (quen mais, mellor), creo eu que deberá ceñirse algo ós contidos da páxina, ser un pouquiño fiel ó que escribimos aquí. O que pasa cando damos cancha á democraciasuper que demandas é que chega un e protesta, non lle mola "quedar mal": "jo, na cami nada de machadas, me niego"... Quen fala así, lambeuse de algo? sabe de que vai este blog, que se fixo para RAJAR, RAJAR Y RAJAR de todo aquelo que nos jode (aínda que despois se engadisen seccións)? Se apetece meter unha machada, pois métese e punto, e xa está!!! Por que hai que ter en conta unha opinión coma esa? Os mandamentos á vista están. Quizáis neste caso deberiamos ser un pouquiño máis estrictos e "censitarios" para que non vaia a ser o demo e evitar que, se a camiseta é realmente do blog, acabe sendo (como resultado da democracia) un polito fuksia que leve como inscripción "viva la vida y viva el amor" con motivos en dorado (cousa que, aínda que non compartises, seguro que aprobaría alguén tan democrático coma ti). O políticamente correcto es lo que tiene, menos mal que ó final non nos jodeu todo. En resumen, se a miña opinión cabrea a alguén, pois que me importa a min... HONESTIDAD BRUTAL!!! Se a camiseta é simplemente do grupo de colegas, ahí cabe todo e non me opoño a nada. Fíxate que, nese caso, un stalinista separatista e feo coma mín pode acabar cedendo(aínda que ó final sempre decide quen se mata a facela, cousa que me parece xusta). Pero se a camiseta fai referencia ó blog é completamente distinto, hai certas cousas que se deben respectar. Polo demáis, bufffff, do discurso sobre o Sargadelos vou pasar, creo te perdiches un pouco nese "camiño de profundización da orde dos pensamentos." Algún día entenderei que carallo ten que ver unha cousa coa outra.

que_me_importa_a_min dijo...

Eu despois do que acabo de leer e estar aboiando un bon anaco, renuncio a pillar a camiseta. Seguirei contribuindo o blog con novas entradas e comentarios e a quen lle guste ben e a quen non tamen asi que ajo y agua, a joderse y aguantarse e punto.
Arroz con pito al escondite

Anónimo dijo...

Sen seguir este xogo morboso, ese no que esaxeras e distorsionas o que outro dixo para convertilo en cómico e ridículo e que asi perda seriedade, neste meu último comentario sobre o tema, tratarei de acadar o consenso(xa sabes, democrasiasuper) achegándome á túa verdade, que parece absoluta.
"Vida plana e maravillosa", "democrasiasuper", "confunfir por enésima vez": ó marxe de agradecerche que me leves de conta as veces que meto o zoco, advertirte que o de democrasiasuper tómoi coma un insulto. Quizais aínda non falamos da nosa forma de pensar suficientes veces como para que non teña que oir esa mamonada, sei, que primeiro o xuízo, logo o voto, iso é o lóxico, proclamamos. Con isto, as miñas propostas para a camiseta, que poden ser populares ou non, creo, non pecaron de extremistas ou ridículas, como sería unha cor fucsia, algúns detalles en dorado, ou a total aniquilación dos motivos bloguenses, senón que se limitaron a advertir sobre a importancia de votar a cor ou asentir, feliz e dacordo, cando quedou claro que a prenda levaría a dirección web e os mandamentos. Sen embargo, mostreime disconforme, que non radicalmente en contra, de poñer gilipolleces en contra do sexo feminino, ¿por qué?, non porque me doia na miña alma "profeminam", nin porque me avergoñe(xa sabes que teño dous), só que me parece unha parida infantil. Isto, un tío de BRUTAL HONESTIDADE coma vostede, un camicace galego, un cruzado de la laif nado en Cervo, debería entendelo, pois, postos a RAJAR, RAJAR e RAJAR do que nos jode, tú, parece que abogas por escenificar o mal trago que as mulleres nesta vida che fan pasar, pero a min podería quitarme o sono(condicional por suposto, as mulleres, qué putas) a fame no tercer mundo, a outro a mala colleita de nabos en Valdeorras e ó de máis aló a emigración, por exemplo, do cangrexo bermello ós mares do sur.
En definitiva, mallo nos meus quince de que os creadores estades en pleno dereito, faltaría máis, de facer unha camiseta exclusiva para o blog cando e cómo vos salle do huevamen, agora ben, a deste ano, non foi organizada, comentada e proposta para que resultara ser tal mítico trapo. Primeiro foi a camiseta, para todos, logo relacionámola co blog.
Recordo a todo o mundo no de Copa, discernindo sobre as cores e diseño, que evolucionou dende as botellas de Jhonny Walker asta a dirección web desta páxina, pasando por variopintas opcións.
Por penúltimo, o que me comentas da p.d. que deixei (era só un exemplo), no camiño non me perdin meu, este zorro sabe do que fala, que para eso leva no mesmo grupo igual tempo cá ti. Se non o entendes, non é a miña labor educarte, facercho ver sería máis fácil, quizais un día cun cubata na man, pois a pesares da tensión, no cabe decir que isto queda aquí.
E por último e porque non me poido resistir ante Che-arooz con p. al e.-Guevara, contestarlle, felicitándoo, pola súa postura, valente, arriesgada, coherente. A quen lle importa. Vai de camisa logo.

Anónimo dijo...

Jajaja, hostia, criminal!!! Non entendía moi ben cal era o xogo morboso ese de distorsión e esaxeración (dicheme as gracias por escribir, dixenche que non facia falta; comparache o desta camiseta co Sargadelos, respondin que o exemplo non tiña nada que ver...). Pero agora xa o sei: debe ser eso de considerar democrasiasuper un insulto. Meu deus!!! Por outro lado, realmente encántame "escenificar o mal trago que as mulleres me fan pasar", máis se cabe nunha camiseta. Fíxate, aínda que mo fan pasar a hostia de mal como ti dis, e perdo o apetito, as ganas de saír, e choro con profunda desesperación, e preguntolle ás estrelas "por que a min???", en realidade, tampouco eu propuxen poñer bestadas misóghenas (nin me molaba a idea). Pero sí creo que falando dun blog coma este non hai que descartar certos lemas "políticamente incorrectos" que sí resultaban molestos para algunha xente (non es o único que protestou por este tipo de cousas, e de feito non me refería a ti, pero que carallo máis da...). E ahí, se hai algunha opción que guste de verdade, non son moi partidario de ceder, porque este blog se fixo para o motivo que todos coñecemos. Non vou seguir co xogo de se foi antes o ovo e a galiña. A camiseta da páxina é unha idea que ven de largo, antes de que ti entraras por vez primeira, incluso se falara de facer negocio e vendelas... Aínda así, éme igual, non ten importancia ningunha. Oxalá que a leve todo dios. Pero cando falas de que votemos das a entender que todo aquel que a poña ten dereito a elixir. Para mín non é xusto que quen non entrou no blog na puta vida boicotee unha opción que poda gustar ós asiduos (entre os que te inclúo, e a Arroz C.P.); ou que propoña unha opción que nada ten que ver co que pasa aquí. Por ahí non paso, sexa quen sexa o que proteste, coma se é o máis vello da secta. Tamén cabe recordar que esa cor pola que tanto te molestaches xa foi posta a elección nalgunha entrada anterior, e o negro tivo moitos votos (a maioría); sí houbo algunha opinión distinta, pero sobre todo quenes dixeron que non as querían mouras negáronse por medo a cocerse no Sargadelos, problema que xa non imos ter. E para rematar xa dunha puta vez, a decisión non foi exclusivamente dos webmasters; ante o paso do tempo e a nula ansia por reunirse, decidiuse facer esa con vistas a polo menos poder poñela na Maruxaina (e gracias); e o deseño escollido foi non só o que gustaba ós webmasters, senón que foi consensuado con outra xente como Hiper, Doríforo, Hotman, etc. De feito, nós non eramos partidarios de poñer os mandamentos e acabaron na camisola. Xa non canso máis. Hala.

P.D. A A.C.P., jódeme que non poñas a camiseta, máis co que tes dado xogo no blog, pero sabe dios de onde quitaches que ha de fastidiar a alguén que sigas facendo entradas. A que carallo ven eso? Coma se eu cho prohibise.

Anónimo dijo...

Sin intención de meterme na discusión entre xogador de chica e metodista, gustariame dar a miña opinión sobre o tema.
Eu creo que o deseño da camiseta debe ser elexido por os creadores do blog, xa que gracias a eles disfrutamos o resto de risas e interesantes discusións, así que quen queira comprala que a compre e quen non que mire pos mais como a levan.
En canto o de poñer certas cousas na camiseta, estou dacordo con que teñan relación co blog, que señan bestadas ou todo o que vos queirades, pero se son pa poñer mulleres tamen que non nos ofendan como o da porta no baixo da camiseta cunha muller dentro, nese caso nos queremos un home....
Espero que a leve moita xente, e gracias os que fan posible todo isto.