17 jul 2007

ÉRASE UNHA VEZ....>>Amarillo S.


Érase unha vez nun reino moi lonxano tres alegres elfos que no seu afán por viaxar e coñecer novos amigos víanse metidos nas máis raras e descoñecidas situacións que calquera elfo normal puidese soñar. De todos é sabido o amor que sinten os elfos polos placeres máis sinxelos da vida, tales coma o bebercio e o tomar algo, tras toda unha noite de dar renda solta a estas aficións, no lonxano reino de Trapalladonia, arranca a nosa historia nos albores dun novo día.
Marchaban os tres sen rumbo, dando eses, costume élfico tras unha noite satisfactoria, cando un doloroso llanto lles chamou a atención. Unha Princesa de inigualable beleza choraba desconsolada dende o máis alto dunha alta torre de tres escalóns. Intrigados e preocupados decidiron tentar consolar á Princesa, pero para chegar a ela deberían superar ó temible Dragón que custodiaba a torre. Os tres elfos contaban con unha intelixencia superior, ademáis de certa pedra máxica procedente dos reinos do sur con poderes hipnóticos, que aturdía con un profundo sono, amén dunha lixeira risa tonta. O codicioso Dragón non puido escapar á tentación e os elfos ascenderon con relativa facilidade os tres escalóns que os separaban das lágrimas da princesa.
O máis aposto dos elfos achegouse e facendo acopio de bravura preguntou:
-“Disculpe Milady que a moleste, mais non descansaría de non facelo, coa duda de se por un maravilloso casual, podería axudar a resolver o seu tormento”
-“Oh, aposto cabaleiro, de tan xenerosa alma como entreperna, o meu tormento non é de fácil solución e non quixera metelo en perigo, pois falar conmigo está penado.” Contestou ela.
-“Non quixera molestala, pero… a curiosidade impide as miñas pernas e a visión do seu escote afecta outras extremidades que imperan na razón. Que vil maldición é esa que a aparta do mundo e molla os máis fermosos ollos do reino?” Preguntou o elfo mentres se colocaba o paquete.
-“Arriscarías a túa vida por saber a miña historia?”
-“Morrería se marchase” O Elfo estaba crecido.
-“Un horrible Ogro tenme ameazada, é celoso a máis non poder e non permite que se me fale ou mire, agrede ós meus amigos cando non o fai conmigo mesma.”
O Elfo, sorprendido da sinceridade e do voluptuoso busto da princesa, respondeulle:
-“Non alcanzo comprender, a máis bela flor do reino ameazada polo maior fillo de puta, pero vos sodes bela e sabia, como permitistes que o máis necio entre os ineptos chegara a gobernar a vosa vida?”
Ante tan indiscutible razonamento a princesa mirou fixamente ós ollos do elfo e ardeu en desexos de bicalo mentres buscaba unha resposta que xamais atoparía.
Naquel intre apareceu o ogro conducindo un carro de aspecto infernal. A mirada que lle lanzou ó elfo desalentaría ó máis optimista, pero ainda gardaba unha peor para a pobre princesa. Non dixo unha soa palabra. A princesa, ca obedencia propia dun animal doméstico, subeu ó carro sen mirar atrais sabedora de que xa nunca volvería ser libre.

(Basado no viernes)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo relato elfo resultón, orixinal e bastante ilustrativo. Esta é unha historia que se repite continuamente, pero toda persoa debe ser sempre dona da súa vida.

Anónimo dijo...

¡Grandes leccións de vida en tres liñas de tópicos! Este faragullas estame quitando o pan da boca.

Anónimo dijo...

Anque vaia en clave de humor, a historia real é bastante seria, ata denunciable diría eu....e como me repatea!!