7 jul 2007

DA NADA Á PRESIDENZA DO GOBERNO


Hotman

É incribel, no día de onte saiu no diario El Retroceso, unha espeluznante noticia, o nomeamento do novo Secretario Xeral Provincial do PP. Con todos vós......¡ O señor Balseiroooo!!!!. Impresionante. Este magnífico xornal retrata a noticia como un novo impulso político para un notabel “batallador”. É dicir un sachador e bregador da política. Non estamos a falar dunha persoa calquera, senón do inigualabel, carismático, e valedor señor Balseiro. O cal ostenta os seguintes cargos: 1er Tenente Alcalde do EXCMO. Concello de Cervo, coordinador comarcal do PP na Mariña Occidental, Parlamentario Autonómico, onde exerce como “portavoz” da Comisión de Pesca, e finalmente, nomeado Secretario Provincial do PP de Lugo. Para que digan que o poder non é un vicio. Como dicia Amarillo S, vaea chaketa que nos está facendo o Balseiro.

Parece ser que isto de non ter ningún tipo de previa praparación política está de moda. E parece ser que o que o que hai que facer, é botarlle dous pares de collós e pista. Se cola colou, e parece que foi así. Xa que de ser un corriente camareiro a codearse cos altos cargos do PP, creo que lle hai que botar máis de dous pares e punto. E sendo anos atrais militante do PSOE. Hai que joderse. Pero bueno, isto é o que hai.

Outro aspecto que me me impactou bastante foi que unha vez nomeado con dito cargo, todos os compañeiros de partido, incluíndo a super Nuñez Feijoo, dixeron unhas verbas de apoio e agradezemento ó señor Balseiro. E éste tan cordial coma sempre e coa “facilidade de palabara que el posee”, non tivo a consideración de argumentar ningún tipo de declaración ó respeto. Eu en parte o comprendo. Xa me imaxino a toda a cámara copular totalmente “parapléghica”. En fin, isto da política é un choeo

PD: despois de tantos cargos ó seu lombo, eu pregunto...¿Canto se levantará o señor Balseiro mensualmente? (incluíno dietas e kilometraxe).PD. ¿Presentarase ás próximas eleccións da Xunta? ¿e do Goberno? (será moito)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Envidiosillo...
Tiemblan aquellos que observan como se reorganiza el PP