19 sept 2008

Análise da realidade socio-económica e política do mundo II

Atopámonos posiblemente nun momento crucial para o futuro do actual sistema económico, e desde logo, iso aféctanos a todos (teñamos máis ou menos tempo libre).

Casualmente, vin as noticias de cuatro do xoves noite, nas que Gabilondo facía outra serie de reflexións que enlazan perfectamente co artigo publicado por Tresillo. Reflexións de novo moi atinadas desde o meu punto de vista. Por se vos interesa, aquí vos deixo un link no que podedes ver un fragmento dese informativo:
www.cuatro.com/videos/?xref=20080917ctoultnot_6.Ves&view=ver

Esa mesma maña o goberno estadounidense tivera que saír ó rescate de AIG, a aseguradora contratada polas maiores empresas dese país. Deste xeito, AIG xogaba o papel de rede de seguridade ante o desplome de ditas empresas, sendo polo tanto unha peza clave. Así, o derrubamento da propia aseguradora é un síntoma claro da gravidade da situación. Na nación paradigma do liberalismo económico o sistema non funciona, nin tan sequera coa revitalización da economía perseguida coa guerra de Irak. E como dicía Gabilondo, o afundimento deses xigantes empresariais ambiciosos e ineptos estanos arrastrando a todos, gobernos e cidadáns de todo o mundo.

Pero, loxicamente, ¿como vai funcionar un sistema baseado no crecemento ilimitado? ¿Como vai ser posible dito crecemento ilimitado, se dependemos absolutamente de recursos limitados (non renovables e escasos)? Debe ser unha cuestión de fe. A estas alturas, seguir confiando no crecemento económico ilimitado parece absurdo, moito máis cando é preciso compatibilizalo co constante crecemento da poboación mundial. A clave a medio prazo estará nas fontes de enerxía, xa que as actuais se están quedando completamente obsoletas, pero ese sería outro debate.

Como ben dicía algún dos analistas, privatízanse as ganancias das empresas, pero socialízanse as débedas. Resulta evidente que a situación actual é insostible. Tanto que algúns expertos e defensores do liberalismo económico declararon que era preciso facer un paréntese na economía de libre mercado.

A min o tema paréceme interesantísimo, así que me gustaría coñecer a vosa opinión ó respecto. ¿Que repercusións vai ter a actual crise económica? ¿Imos presenciar nos vindeiros anos ou décadas unha profunda transformación ou mesmo a decadencia do sistema económico liberalista?

Por Faragullas.

PD: Inicialmente ía facer simplemente un comentario ó artigo de Tresillo, pero púxenme a escribir e....

12 comentarios:

Anónimo dijo...

A primeira gran empresa española, símbolo do monopolio, nacida baixo o amparo dos libros de texto do franquismo, PRISA, a organización para a que traballa Gabi, tamén está de capa caída... ¿Falabas disto cando dicías "xigantes empresariais ambiciosos e ineptos estanos arrastrando a todos"? Ai claro, as corporacións progres non contan

Anónimo dijo...

kapitalismo=crisis económicas cíclicas,haberá que amolarse unha temporada e adaptarse ás novas situacións aprendendo cousas que permitan seguir funcionando ó sistema, deso se trata. Todo mellor que o comunismo xdd!!.

Anónimo dijo...

Querido sofá...non me veñas coas túas soflamas jimenezlosanteras que me aburres!!! Por suposto que PRISA é un "Grupo" de Intereses e presión...pero a primeira gran empresa (no sentido literal da verba) é a distinguida, digna, solidaria e compasiva "Igrexa Católica"...bens inmobles? inimaxinables...bens mobles? obras de arte subvencionadas por papá estado...control da educación? centos de colexios concertados, tamén subvencionados por papá estado para evitar invertir neso tan perigoso e maleable como é a educación en virtude dun tal principio de "liberdade"...títulos valor, accións, futuros, etc.? buffff, ata en AFINSA tiña a tropa esta...grupo de poder e presión? que va home, si eles falan de liberdade desde o Concilio Vaticano II (Las Palmas 0)!!! e vesme ti coa PRISA de Gabi?...falando de monopolios, quedachete cortiño e co que che interesou...eu entre Gabi e D. Federico, que ques que che diga?
Ao anónimo decirlle que el, coma min, falá do comunismo de oídas, nin o viviche nin o sufriche...que mo diga un cubano ou un kazajo, ben...ti fálame do fascismo, de liberalismo, repúblicas e constitucións fallidas, de dictaduras, de absolutismos, da teórica "democrácia orgánica", da tecnocracia e do autarquismo...que deso temos máis de dous séculos de historia e podemos discutir. Non penses que por ler o manifesto comunista e por facer un comentario de texto de Marx xa sabes en que consiste e que implica ese concepto manido polos neocon chamado comunismo.

Anónimo dijo...

Querido tresillo,ti es amplo, das cabida a moita xente,(cando menos tres), das razons e conta delas, eu pasaria de outros mobiliarios desfasados que tan só teñen orellas ( o manido SOFA DE ORELLAS), ou de cadeiras Isabelinas,mesmo de tronos Fernandinos( VII) que traen no baldaquino grabado a lume aquelo de " VIVAN LAS CADENAS".
unha aperta apresurada que abren nos mercados en N.Y. e o diñeiro público engrasa a maquinaria... unha vez máis

Anónimo dijo...

Vos credes que vivimos no kapitalismo voraz, mirade o exemplo USA, O MESMO BUSH XDDD!! DIÑEIRO PÚBLICO, INTERVENCIONISMO ECONÓMICO, isto que é? esta claro só funcionan os sistemas que FUNCIONAN, o kapital usa o público en sistemas kpitalistas e viceversa, O MUNDO EVOLUCIONA AMIGOS E Ó FINAL UN SISTEMA INXUSTO ACABA POR CAER PERO NON ME NEGAREDES QUE A EVOLUCIÓN NATURAL DOS SISTEMAS É MÁIS SABIA. NAIDE NOS PON 1.000 ANOS A PISTOLA Á CABEZA PARA MANTER UN SISTEMA. O comunismo é utopico, non se sostén por sí solo. Unha mezcla, un xogo entre ambolos dous sistemas, un equilibrio na corda froxa ou non froxa. Os absolutismos nunca van a triunfar nin dun lado nin doutro. Queixarse do mal que anda o mundo por isto ou iso é o que nos queda

Anónimo dijo...

Querido anónimo, lerte a ti e ler a nada...non porque non entenda o que dís, senón porque o que dís é nada...nihil..."Evolución natural dos sistemas"...vamos, nin Francis Fukuyama inventou un título tan rimbonbante para un dos seus libros...joder, un Darwin da Ciencia Política e Económica...nunca tal vin!!! Teño oído falar da "natureza dos homes", do "ius naturalismo", etc. pero o teu...prantexáchete escribir un libro? Mira que igual tes un lugar privilexiado e ben pagado na FAES.
Por outra parte, "O COMUNISMO É UTÓPICO"...que aguililla machiño!!! Xa o decía tamén un tal Carlinhos Marx, un avogado xudío metido a librepensador e que para ben ou para mal revolucionou (nunca mellor dito) o mundo ao igual que Montesquieu, Voltaire, Adam Smith, Kant, Hegel e un largo etcétera. Pero que pensas que é o liberalismo? Claro, agora deberiache preguntar...que liberalismo? o económico ou o moral? o político ou o ético?...pero penso que é moi complexo para ti, dada a túa tendencia reduccionista. E mira, enténdote ben...porque pensar por un mesmo é máis sinxelo se rexeitamos toda vagaxe cultural deses mil anos que ti falas (eu sumaría algún máis, pero deixemolo aí)...vou escibir en maiúsculas coma ti, non sei ben para que, pero mola...ERES UN AUTÉNTICO LIBREPENSADOR..."no son merecedor de que entres na miña casa, pero unha palabra túa bastará para salvarme".
De verdade, só felicitarte por ser tan feliz de pensar que atopache a chave do mundo e da razón...eu, humildemente, sigoa a buscar, pois desde a miña humilde xuventude non atopei razóns para cerrar unha "cosmovisión" tal que a túa. Claro, que tamén, senon che importa, permíteme non quedarme na simple anégdota coma ti de escoitar as noticias, ver, escoitar ou oír catro tertulias mañaneras e ler tres ou catro opinións nos xornais, revistas semanais e demais prensa. Aínda que a ningún nos sobra o tempo, a min tampouco, sempre queda un recuncho para ilustrarse e darlle algo de luz a esta escuridade que nos tapa os ollos.
En calquera caso,...sen feliz porque mereces selo...como todo fillo de bon veciño.

Un saúdo...

Anónimo dijo...

Gracias Tresillo, desde logo todos debemos buscar a felicidade personal e a dos nosos seres queridos que para mín é máis importante que "cocerme" co mal que funcionan as cousas, por outra banda A MÍN SÚDAMA inventar novos termos "Evolución natural dos sistemas", etc... nin Marx, nin Keynes, nin outro pensador ten máis dereito que mín. Que sí que ADMITO QUE POIDO SER MÁIS IGNORANTE CA TÍ NESTE CAMPO pero ás veces é necesario SABER MOITO para DECIR POUCO, pero no momento en que ti me dís "...só felicitarte por ser tan feliz de pensar que atopache a chave do mundo e da razón...eu, humildemente, sigoa a buscar, pois desde a miña humilde xuventude non atopei razóns para cerrar unha "cosmovisión" tal que a túa..." permiteme aconsexarche que non deixes de ser feliz por non atopar esa chave, non por saber máis seras máis feliz amigo. Gústame iso de; "...ERES UN AUTÉNTICO LIBREPENSADOR..." porque en pensar temos que ser libres e non suxetarnos ó que nos fagan pensar os demáis, ou iso de "...un Darwin da Ciencia Política e Económica..." (con dous collóns oe) a maiores direiche que os panfletos noticieiros da Tve ou a3 ou t5 ou a que sexa ou mesmo a prensa "súdanma", seguro que a túa vagaxe cultural é moi grande, os teus comentarios así o deixan ver, noraboa, pareces bó nisto, eu non pretendo estar á túa altura eu creo ter algo de vagaxe aunque non tanta pero non me preocupa mantela prefiro ocupar o tempo noutros aspectos, para mín o máis importante é a intelixencia emocional e non tanto a cultural pois como xa é sabido; por moita cultura que teñas non tes porque ser mellor rapaz anque é determinante para o desenrrolo da sociedade.
ALAGAME QUE ME DIGAS QUE TEÑO HUEVOS DE SALTARME A ESES PENSADORES POLO FORRO COS MEUS COMENTARIOS E QUE SON LIBREPENSADOR, MESMO SE ME CHAMAS IGNORANTE ME SINTO ALAGADO,o que non me gusta e que me INSINUES QUE SON UNHA OVELLA Ó SERVICIO DO SISTEMA POIS CONSIDEROME MÁIS INTELIXENTE CA ISO.
Noraboa polos teus coñecementos, realmente sabes moito machiño.
Pd1: Non será que tí atopaste un pouco preso e polos coñecementos que adquiriche sen atreverte a opinar por tí sen saír das referencias e límites impostos por eles (que non digo que non sexan útiles de cara a analises pasados e futuros)
Pd2: En calquera caso,...sen feliz porque mereces selo...como todo fillo de bon veciño.
Pd3: ¿Liche a Noam Chomsky? ("Ilusiones Necesarias" mola colega)
Saudos meu...

Anónimo dijo...

Prezado anónimo...

En primeiro lugar, respostando a túa última pregunta...coñezo a Chomsky de forma moi superficial. Non leín a obra que me citas...agradézoche a recomendación...leín algún ensaio pequeno como "A forza e a opinión" e tamén "O control dos medios de comunicación"...en fin, aprecio que valores un socialista libertario, con reminiscencias anarcosindicalistas, crítico co Comunismo e, en certo sentido creo que tamén ao materialismo, e contrario ás políticas norteamericanas para co exterior.
Segundo. Eu non me atopo preso por nada e, o que é máis importante, por ninguén. Non son escravo de ningún pensamento...son, coma ti, "herdeiro" (entrecomillado para sinalar a hipérbole) de todo o pensamento que conforma a nosa sociedade e cultura occidental (recorda que o herdeiro pode rexeitar, aceptar ou aceptar, a beneficio de inventario, a herdanza). Decía un profesor de filosofía que tiven (por certo, discípulo do hoxe nada sospeitoso para a Dereita española D. Gustavo Bueno) que era demasiado gratuíto, inxenuo e pretencioso decir "...na miña opinión..." ou "...na miña persoal opinión" (neso peco polo automatismo que ás veces xenera a escrita ou a oratoria). Admito que no meu pensamento pouco hai de orixinal ou de innovador e aliméntase das fontes máis variadas. Tamén admito que é máis fácil destacar os posibles erros dun pensamento determinado que construír respostas a través dunha crítica analítica...o que non quita que eu teña as miñas propias consideracións (aínda que ás veces un tamén debe ser conscente que ata das negacións é herdeiro) e me prantexe algunha que outra posible resposta ou solución (ao fin e ao cabo teño que vivir coma ti, comer coma ti...e só aquel que atopa respostas pode ser considerado intelixente). En todo caso, coma xa che indiquei, non abarco todo o coñecemento do mundo nin o pretendo, igual son tanto ou máis ignorante que ti e igual ou peor persoa que ti. Agora ben, sempre considerei que a ignorancia cega a virtude porque sempre xenera dúbida e temor (igual por eso é que defendo unha Educación Pública...non sei)...por iso, nin gusto das sentencias lapidarias que se sustentan neso que moitos veneran, é dicir, a común opinión ou o mal sentido común e a solitaria apreciación persoal.
Pero dito esto...repítoche, eu non me caso con ninguén nin tampouco ando soltando discursos epidícticos todo o día. Sei diferenciar entre observación, reflexión e acción, e doulle importancia a todas estas fases do comportamento humano (o da reacción deixoi para outros)...non sei ti.
Mira, sen ánimo de ir de cultureta e aceptando que me etiquetes con tal adxectivo, prantéxoche unha cita de Séneca dun libriño que fala deso que pareces botarme na cara, da felicidade (Sobre a felicidade...recoméndoche que o leas, eso si, con sentido crítico): "Cando digo á nosa [refirese á opinión) non me apego a ningún dos maestros estoicos: tamén eu teño dereito a opinar. Polo tanto, seguirei algún, pedirei a outro que divida a súa tese, tal vez despois de citalos a todos, non rexeitarei nada do que decidiron os anteriores [refírese á opinión dos demais], e direi:
-Esto opino tamén-".
Para rematar que xa me extendín un montón e supoño que estarás esgotado, certo que saber máis non implica loxicamente ser máis feliz, agora ben, coma unhas boas lentes, o coñecemento permíteche ampliar a perspectiva das cousas: a asumir a perda ou a derrota e a atenuar a importancia da ganancia ou da victoria. Desgraciadamente eu aínda me deixo levar polas paixóns (non teño carisma de monxe budista) e quédame moito camiño por andar. Por certo...para referirme ao comentario teu da intelixencia emocional...coño!!! (e perdón polo machista, sexista e politicamente incorrecto exabrupto) eu teño máis vida que os libros...non son un exemplo de estudiante modelo...sei falar e relacionome coa xente...que deso tamén se aprende (nesto igual ata tamos dacordo)...agora ben, eu non teño unha xerarquía entre intelixencia emocional e coñecemento (aínda que é moi discutible esta dicotomía).

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Éle aquí donde se ve a cultura e o coñecemento, como tí ben dís;

"o coñecemento permíteche ampliar a perspectiva das cousas: a asumir a perda ou a derrota e a atenuar a importancia da ganancia ou da victoria."

o coñecemento e a cultura en definitiva, salvo tendencias psicóticas, teñen a particularidade de axudarnos a poñernos no lugar dos demáis pois danos unha arma que nos permite estudiar a realidade discernindo a parte obxetiva claramente da subxetiva, as pasións (fanatismo de maior ou menor grado) e os feitos (a realidade que nos ocupa). Esto é unha claro principio se queremos crear unha sociedade xusta e civilizada, digamos que a ignorancia provoca a maioría dos males (e non falemos do binomio ignorancia-poder).

CO TEU COMENTARIO (QUE DENDE LOGO NON ME ESGOTOU LEER), VEXO QUE A CULTURA E COÑECEMENTO BEN TRASMITIDO E RECIBIDO (IMAXINO CON UN IMPORTANTE QUEIME DE CELLAS) É A ANTÍTESE DO FANATÍSMO E É A CHAVE DO ENTENDEMENTO ENTRE TÓDALAS IDEAS E TÓDOLOS POBOS. QUÉDAME CLARO DENDE A MIÑA PERSPECTIVA QUE ERREI SE ALGUNHA VEZ TE CRIN FANÁTICO DE IDEAS; CORRIXO; "APASIONADO DE IDEAS" PORQUE COMO TÍ FAS SABER O COÑECEMENTO NON QUITA DE TER CORAZÓN. Lástima que hoxe en día sobren fanáticos adoctrinados de tódolos cores e razas e falte xente apasionada receptora de coñecemento; moitas mortes se aforrarían.

Suscribo o teu comentario o 100%.
Saúdos logo.

Anónimo dijo...

Este multimillonario ao servizo do Goberno que algúns pelotean como borregos está a facer un dos seus maiores esforzos en convencernos de que Zapatero non ten culpa algunha da crise actual. A culpa é da dereita, ainda que en España o país de Europa que peor leva a crisis, o PSOE se esforce en dilapidar a boa herdanza económica recibida e en facer pasalo canutas aos traballadores

Anónimo dijo...

Si, España é un país superchungo...nada que obxectar. Pero Irlanda, o paraíso adorado dos Bloqueiros e outros españolitos de a pé, está en recesión e xa tivo que rescatar un banco. Alemaña, Bélxica e Francia...idem de lienzo...claro, Spain is Diferent...e o noso problema non é o sistema financieiro, o noso chámase "Mercado Inmobiliario", ese orixinal sector do que moitos se empodreceron de cartos e sen embargo toda a merda caeu sobre os máis, hipotecados ata as cexas e sen solución do problema da vivenda. Pero non me queda claro quen foi o primeiro goberno que viviu das vantaxes fantasmas deste sector productivo e quen tentou liberalizar o chan para xerar máis especulación...sería zapatitos?...ui!!!olvidémonos do pasado...hai que miralo futuro...

Anónimo dijo...

Chelinho pagará unos 700 euros al año más,pero de momento non hai problema ten 600€ cada mes cortesia do pp de Cervo e o triste e que lle pagan por non facer NADA