12 sept 2008

Cindy MacCain & Laura Bush==>Dr. en Alaska

Primeira colaboración no chamamento que este foro aberto e respetuoso fixo a compartir as vosas impresións. Gracias e dende a páxina animamos a que sigades a facelo.




Foto tomada no Xcel Center da cidade de Saint Paul- Minnesota o primeiro de setembro dentro dos actos da Convención Republicana.


A primeira impresión cando en directo e na FOX, apareceu da cálida man de Laura, era que a muller do aspirante a presidencia dos EE.UU. pasaría o nadal con nos dentro do anúncio das " burbullas de Freixenet ". Todo brillo e oropel, reflectindo cantas luzes habia ¡ que eran moitas de dios!,

Cindy Lou Hensley, que asi e como se chama, deitouse na noite do 31 de agosto ca firme decision de EPATAR que se di agora,e marcar tendencia entre as filas dos neo-cons, e a bo fe que o consegiu. Calidamente Laura tomaa polo cobado permitindolle locir o seu reloxo Channel ceramica de 3.000 elorios,ainda que o seu tamaño desmedido e co puño-volto ,como para non apreciarse o peluco. O vestido de Oscar, Oscar de La Renta para os pouco iniciados, segundo Vanity Fair custou 2.000€ , tan so 2.000€ por unha preciosidade que lle quedaba feten ,realzaballe a figura e co toque do colo ao estilo "MORTICIA ADDAMS " e mandaba un adianto do que nos agarda para a proxima tempada outono-inverno do outro lado... De perlas quedaballe o colar de 1, 2, 3, 4, 5 ? voltas valoradas en 16.000€ . E ainda que puxenlle o turbo ao macro non cheguei a ver mais que un puto punto que ao parecer eran unhas alfaias de 186.000€ .Total maismenos 200.000€, sen contar perruqueria, manicura, pedicura, sauna, masaxe, complementos..agggg
Cindy de 54 anos paseou afablemente con Todd , que ven sendo o home comparsa da tal Sarah PALIN, moi feliz de compartir escenario con el xa que "Estou encantada porque non terei que preocuparme polo tipo de roupa que vai levar Todd, e mais non temos que comentar que vestidos imos elexir con antelacion". Ela e asi, filla de un artillero que xerou fortuna ca cervexa, e que ten ate un MASTER , pero o que mellor a retrata son dous datos: 1º cando traballaba nunha ONG sustraia aquelas pastis que tanto lle sabian, ummm dos lotes para diversos damnificados, e 2º a sua fortuna estimada e de 70 millons de dólares.

Se non fora que , sabemos quenes son e ao que andaban, non me diredes que, cun fondo menos neutro, non podería ser imaxe dalgun boudoire, O grande boudoire planetario.


No hay comentarios: