23 sept 2008

NEOCONSERVADURISMO OU NEOLIBERALISMO, CAMIÑO SEN RETORNO? Capítulo I por Tresillo


Neste primeiro capítulo tentarei, dalgún xeito, de forma moi somera, aproximar aos lectores as bases ideolóxicas da corrente Neoconservadora americana ou, mellor dito, norteamericana. Certamente as dúas correntes que describo posiblemente non sexan as únicas pero si as máis esenciais e determinantes...se ben obvio a influencia do aspecto relixioso por ser máis aparente que trascendente...considerándoa unha "utilitarista" cortina de fume.


A "Escola de Chicago" funda unha corrente de pensamento, inicialmente económico que se orixina, como non podía ser doutro xeito, na Universidade de Chicago e que tivo, e ten, grande influencia na política económica mundial.

No campo económico a citada corrente asociase a un pensamento ortodoxo. O prantexamento máis coñecido é tal vez o de Milton Friedman: "reducción da intervención do Estado e, fundamentalmente, desregulación da actividade económica". É decir un Adam Smith en plan talibán, por decilo dalgún xeito, que funda coñecida Teoría Monetarista. A proposición fundamental era e é, eliminar toda intervención estatal na economía mundial e, para materializar esta idea, evitar toda lei ou regulación que tente ordenar o sistema financieiro tanto nacional como internacional.


Ben, esto que podería ser unha síntese un tanto reduccionista sobre o que supuxo e supón as teorías da Escola de Chicago no ámbito económico, voltan de novo a estar en primeira liña da realidade económica mundial, fundamentalmente no ámbito financieiro que onde máis inciden os seus plantexamentos.


Ao aveiro destas teorías, xurde un influínte politólogo, tamén estadounidense pero de orixe xaponés chamado Francis Fukuyama. Fukuyama é coñecido pola súa obra "O fin da Historia e o último home", no que defende que a Historia humana como loita entre ideoloxías rematou e que nestes intres, tras a caída do Comunismo, comezou un novo mundo basado na política e economía neoliberal (asociando a teoría anteriormente descrita). Inspirado en Hegel e nalgún dos seus esexetas da S. XX, como Alexandre Kojéve, afirma que o motor da historia, o "desexo de recoñecemento", paralizouse na actualidade polo fracaso do marxismo o que demostraría que a única opción viable é o liberalismo democráctico, que se constitúe así no chamado pensamento único: as ideoloxías xa non son necesarías porque xa foron substituídas pola Economía. Aínda que poida parecer paradóxico e tamén contradictorio, para este autor os Estados Unidos sería así a única realización posible do soño marxista dunha sociedade sen clases. Sen embargo, non está sostendo radicalmente que non vai suceder nada na Historia, senón que a historia virá determinda pola ciencia e esta aínda non atopou os seus límites. Na actualidade sería a época da bioloxía e os descubrimentos que se fagan actualmente nesta ciencia determinarán o futuro.


Outra base da súa ideoloxía e o seu pensamento moral que quedaría prantexado do seguinte xeito: forte crencia na cultura, na ciencia e na ilustración como base moral capaz de desplazar á relixión e que, a través dos dereitos humanos universais puidera chegar a uns deberes humanos igualmente universais. Certamente, neste ámbito, non ten unha doutrina moi desenrolada quedándose simplemente na superficie dun terreo moito máis profundo e que, de ningún xeito, calou nunha sociedade norteamericana de profundas conviccións cristianas, fundamentalmente protestantes.


O fracaso do seu pensamento veuse abocado pola realidade como dalgún xeito xa insinuei. Pese a ser o impulsor do chamado "Proxecto para o Novo Século Americano", exposto durante a presidencia de Clinton, e ser considerado como un dos núncleos do pensamento dos neoconservadores, especialmente en política exterior (pois foi un dos firmantes fundacionais xunto con Cheney, Wolfowitz, Rumsfeld, entre outros), hoxe, logo do fracaso da Guerra de Irak e os erros cometidos tras o 11-S coa impulsión dunha política unilateral, examina algunhas posibles fórmulas para que esta nova política neoliberal non sexa un fracaso. Sen embargo, ninguén pode esquecer que este tipo foi un dos firmantes dunha carta ao presidente demócrata Clinton a favor dunha segunda guerra en Irak no 1998...o que sucedeu despois, todos o coñecemos.




No próximo capítulo expoñerei a realidade práctica deste pensamento neocon, a súa significación no Mundo, enEuropa e en España.

23 comentarios:

Anónimo dijo...

España es el país, con diferencia, donde más daño está haciendo la tantas veces negada crisis económica.

Destrucción de empleo, inflacción, seguridad social cada vez con menos ingresos, empeoramiento de los servicios públicos, frenazo en las políticas sociales como es el caso de la ley de dependencia.

Y precisamente ocurre aquí. Con un Gobierno que no es ni neoconservador ni neoliberal. ¿Qué sentido tiene esto? No olvidemos que Solves, Ministro de Hacienda en las dos últimas crisis se convirtió en el rey del paro.

A mi entender lo que está fallando es el modelo de control económico y de negación de lo evidente que promueve el PSOE

Anónimo dijo...

Ben "amigo eliberal" teño curiosidade por saber os fundamentos do teu comentario. "Ao teu entender", ¿cal é o modelo de control económico deste goberno?. ´
É dicir, cales foron as iniciativas, proxectos e lexislacións que modificaron o sistema financieiro e o modelo productivo. Tamén tería interese en saber en que se diferencia do anterior modelo que tiña o goberno do Partido popular. E, se tes tempo, ¿poderiasme explicar cales son os fallos e como solucionalos?. Logo, para rematar, móstrame o evidente...ter o sangue "rojo" xenéranos unhas cataratas sobrevidas nos ollos.
Tresillo expón ideas con argumentos, ti soltas unha diatriba tendenciosa con supostas afirmacións que aos ollos do mundo son diáfanas coma o cristal máis puro.
De verdade, eu creo que o que deberías facer é unha simple síntese: VOTA PP, QUE VOLTE AZNAR QUE FOI O MELLOR DIRIXENTE DA HISTORIA DA NACIÓN ESPAÑOLA...NIN RECESVINTO, NIN FELIPE II A XESTIONOU MELLOR.

Anónimo dijo...

Vou empregar un exemplo desde un diario-basura do Goberno para subliñar o ben que o está a facer Zapa:

Diario Público
2 de outubro de 2008

El paro sube más en España que en el resto de Europa

La tasa de paro alcanza el 11%. Un año antes el 8,2% de los trabajadores españoles se encontraban en situación de desempleo

http://www.publico.es/dinero/146804/paro/sube/espana/resto/europa

Anónimo dijo...

El euríbor sube en septiembre y encarece la hipoteca media unos 60 euros al mes

EFE. 30.09.2008 - 11:57h

El indicador ha cerrado el mes en el 5,384%.

En lo que va de año sólo ha bajado en agosto.

Los hipotecados pagarán unos 700 euros al año más, unos 60 al mes

Anónimo dijo...

Moi ben anónimo, esta ben...un argumento estadístico...pero agora dime: ¿a que é debido? simplemente eso. Non me veñas con que por culpa de goberno...se é así dime porque...dime tamén quen determina os tipos de interese e tamén que coño é a inflacción, a deflacción, a recesión e toda esa merda de datos que nos ofrecen tales medios e dos que só somos capaces de entender que afectan ao mal chamado mercado do traballo.
Está ben que se lles esixa aos políticos...claro, aos políticos, aos sindicatos, ás asociacións de empresarios, ás empresas, ás ONG's, etc.
Mira, se queres que o Pp gañen as eleccións a min pareceme lexítimo que vendas esa parafernalia en mitins e conversas de taberna. Non che vou decir que aquí sobre a túa opinión,...fantástico lela...agora, cada un ponse á altura que ten.
O rigor non está reñido coas preferencias.

Anónimo dijo...

Anónimo, o teu é enfermizo chico.Vaite miraar que eres un ultra do pp.eso é o que eres!!nin máis nin menos!!un ultra que non sabe mirara máis aló..,que tristeza...

Anónimo dijo...

¿Cal é a razón pola que o paro -destrucción histórica de empregos- a inflacción, o déficit, a perda de poder adquisitivo, o deterioro das contas das administracións é máis acusada aquí que no resto dos paises de Europa? Por favor, non me digades que, nesto non ten nada que ver o Goberno.

Teñen razón eliberal e o anónimo. E dicir isto non é posicionarse políticamente Ou é que o voso discurso por ser favorable aos intereses dun ZP que o está a facer mal provén de ultras zapateriles.

Temos un Goberno que non está a facer os deberes. Non existe en materia económica. E mentres os traballadores os que máis estamos a sufrilo

Anónimo dijo...

E volta! Este argumento é moi pobre. España é o estado europeo que está a sufrir máis coa crise económica, bueno. Pero, ¿en que país europeo tivo maior peso a especulación inmobiliaria? ¿cal dos estados europeos depende en maior medida do petróleo?
O goberno ten a súa parte de responsabilidade, pero a situación de partida non era nada favorable, e chegados a este punto as solucións non son sinxelas. Se o que pretendemos é buscar culpables temos unha longa lista deles: tódolos gobernos (o actual e os anteriores),tódalas empresas do país, tódolos inversores....

Anónimo dijo...

Paro na construción. OK. Paro nas empresas do automobil OK. Paro no mundo do agro OK. Paro no sector turístico. OK Paro no resto do sector servicio incluso nos meses de verán OK... Esta descontrolado...

Pobre é manter que o Goberno que peor esta xestionado a crise en Europa, o de Zapatero, non ten responsabilidade na mala xestión económica actual

Anónimo dijo...

Por certo dicir que a situación de partida non era saudable, cun Goberno o de ZP que herdou a mellor situación económica que nunca tivo España e de rir. Ata ese punto chega a cegueira... Nunca antes tanta xente estaba traballando, cotizando á seguridade social, e nunca antes a economía tivo tanto superhavit... Circunstancias dilapidadas en cinco anos por ZP

Anónimo dijo...

Pobre Zapatero, que non esta a altura dos grandes paises , nin a altura de Gran Bretaña, nen de Francia, nen de Alemania, e xa non digamos dos EE,UU,
A este é que non lle quebra nin un puñetero banco, nen unha mísera caixa de aforros, Todos sabemos que é " culpa " do tandem Solbes-Zapatero e de que neste pais temos unha REGULACION extricta dende a anterior crisis bancaria e non coma os liberais que puñan incienso, mirra, e tamen ouro como ofrenda o deus mercado, ( onde as dan as toman).
e tan só unha pregunta +
¿canto invertia en I+D Aznar e canto ZP?
Teremos crise e pagaremola entre todos coma sempre, o único que cambiara será que os parados teran protección e non persecución, que non tera que haber folga xeral polo decretazo etc.etc.

Anónimo dijo...

Prezado Xurxo, coma case todos os pretendidos libereal-conservadores" que entran neste foro non propós ningún argumento para soster as teses que defendes. Falas de consecuencias, pero nin por un intre mostras un atisbo de fundamento dos feitos e omisións que levaron ao "mundo globalizado" a estar en crise. Utilizas ao goberno actual do "Reino de España" como parapeto das túas críticas a xeito de soflama tendenciosa cunha soa finalidade, que o Pp, algún día, recupere o poder que supoño que ti desexas que ostente. Paréceme lexítimas as túas aspiracións pero aquí, no quemeimportaamin buscamos algo máis. Se ti me chegas e me dis que gran parte do desastre económico e por culpa da falta de productividade dun país...direiche, tes razón. Se me dis, que a productividade deste país e deficitaria porque a inversión en I+D+I foi escasa, direiche que tes razón...que derivado desto, o sistema educativo e manifestamente mellorable e que non responde ás necesidades reais dunha sociedade, tamén cho discutirei. Se me sostés que a presión fiscal sobre as PEMES é insoportable, direiche non tes razón pero cando menos e discutible. Se me dis que a destrucción do emprego se produce porque este sustentouse nunha economía productiva pouco diversificada e que tendencialmente se está deslocalizando a países menos desenrolados, direiche que tamén tes razón.
Se me dis que desde a perspectiva financieira a falta de productividade ou a productividade deslocalizade dos Estados Superdensenrolados implica que se estivo negociando con valores ou activos ficticios e que agora eso implica a volta á realidade dunha Teoría Monetarista fracasada...direiche, canta razón. E se me dis que a función do mercado de valores (que non é outra que a busca de financiación das empresas reais que tentan mellorar a súa productividade mellorando a tecnoloxía ou os métodos de producción a cambio dun dividendo ao inversor) se perdeu en favor dun mercado puramente especulativo cheo de espectros que xeran unha riqueza ficticia que só beneficiou a moi poucos e hoxe sume en problemas aos de sempre, logo a nós...direiche, canta razón.
Ti non dis nada disto, seguramente porque non tes nin puta idea nin che interesa. Non sabes ir máis alá do teu sectarismo cal hincha culé, merengue ou turko. Este é o gran problema do país...que a cidadanía é moi pouco esixente para cos seus gobernantes, que determinan o voto en función de anégdotas ou tendencias e tamén en virtude dunha pretendida ideoloxía que ten máis de marca que de pensamento político. Eu non lle poido esixir coñecementos a todo o mundo por igual e non me meto coas decisión libres e democráticas de cada quen. Agora ben, síntome na obriga de dicir que as análises da realidade non son todas iguais...moito menos cando a finalidade se esconde tras un sobre metido nunha furna. Tamén me sinto na obriga de dicir que non todas as solucións son iguais e que , cada quen debe elixir a solución que máis lle convén egoistamente...pero nesa lóxica dificilmente un partido neoliberal gañaría algunha vez. Menos mal que aínda nos quedan vellos conceptos como o de soberanía e nación, patria e "collóns"...para que un mileurista pense que o culpable de todo son os 19 millóns de asaliariados que tratán de oprimir ao pobre empresario con contratos de traballo demasiado ríxidos.

Anónimo dijo...

El euríbor sube en septiembre y encarece la hipoteca media unos 60 euros al mes

EFE. 30.09.2008 - 11:57h

El indicador ha cerrado el mes en el 5,384%.

En lo que va de año sólo ha bajado en agosto.

Entón Chelinho pagará unos 700 euros al año más, unos 60 al mes

Anónimo dijo...

Hay que reconcer a Zapatero un record. Ha sido el Presidente del Gobierno de España que más rápido se ha cargado la economía de su país y deteriorado como nadie la situación económica de muchas familias.

No vivo en EEUU (aunque algún intolerante seguro que estaría encantado de deportarnos) Vivo aquí en el país donde ZP prometía pleno empleo y deja casi tantos parados como la última vez que Solves gestionó su Ministerio (con Felipe) donde la tasa de paro llegó al 23%. Vivo aquí donde los bancos ya no dan créditos y afixian con comisiones a quienes están comprando una vivienda. No sé en qué país vivireis vosotros pero, defender lo indefendible, como que Zapatero lo está haciendo bien es reirse a la cara de todos aquellos que no lo están pasando bien.

Ahí cada uno con su discurso

Anónimo dijo...

Para explicarse un pouco mellor o que está pasando hai que levantar a vista e mirar máis lonxe dos nosos fuciños, deixar de culpar só ó goberno español de unha crise que se lle escapa das mans.
O que pasa é que os bancos norteamericanos comezaron a dar hipotecas sobrevaloradas de alto risco a xente que difilmente podía pagalas esperando que o auxe inmobiliario do seu país continuara, pero cando o mercado inmobiliario petou víronse sen liquidez e cargados de hipotecas "subprime" (que é algo así como de alto risco, é dicir basura) e comezaron a vendelas en paquetes mezclándoas coas seguras para disfrazalas. Estes paquetes compráronos bancos de todo o mundo e de España tamén, que non se daban conta da merda que realmente estaban comprando (riscos da globalización). Estas hipotecas estan aseguradas por aseguradoras inmobiliarias e grupos inversores de riesgo que como sabedes están a caer un a un. Entón o que pasa e que os bancos vense ante imposibilidade de cobrar esas hipotecas e teñen que pedir cartos a outros bancos no mercado interbancario, pero como naide sabe ben a merda que ten an casa non se fían unhos doutros e suben os intereses dese mercado interbancario, eso chámase Euribor e os prezos das nosas hipotecas van determinados por eses intereses. Resultado súbenos a hipoteca unha animalada, non nos dan créditos, comezamos a comprar menos, hai menos ventas, sube o paro. A que está armando ZP!!!

Anónimo dijo...

Tenemos un Gobierno desbordado por la crisis. Incapaz de controlar la destrucción del empleo, el desplome de la capacidad de compra de la gente, la pérdida de renta, la estabilidad del sistema financiero. Nuestros bancos son los mejores del mundo porque aquí no hay hipotecas basura pero ZP es por ahora el único Presidente europeo en regalar dinero a los bancos para que sigan dando créditos... Una vez más algo nos oculta ZP. Una vez más los socialistas nos engañan

Anónimo dijo...

¡Que cansino meu! É evidente o obxectivo desa medida... pero é moi difícil explicarlle as cousas a quen non quere entender. Cando empreguedes algún argumento sólido e razonado continuamos coa descusión. De tanto "¡Que miedo! ¡Que viene el lobo!" xa estou saturado.

Anónimo dijo...

Chelinho pagará unos 700 euros al año más,pero de momento non hai problema ten 600€ cada mes cortesia do pp de Cervo e o triste e que lle pagan por non facer NADA

Anónimo dijo...

Toca insultar. Fantástico!

Anónimo dijo...

¿Por donde atopas o insulto estimado anónimo??
É a fodida realidade que existe no Concello...e se tes morro desminteo...Aí cobra todo Dios e punto!!

Anónimo dijo...

estou probando para ver se vale a pena irvos á chepa, nenos.

Anónimo dijo...

Aclarate "pepita"...non che entedemos nada do teu código cifrado ameazante.

Se ben cada quen pon o que lle sae dos mesmos, pregamosvos que vos ciñades ao asunto do artigo e non aproveitedes a ocasións para soltar as vosas soflamas ad personam que nada teñen que ver co citado artigo.

Un saúdo

Nada máis, un saúdiño

Anónimo dijo...

zzzz zzzz zzpp zp zp zp zp zp