11 sept 2008

UN GRAN DEMÓCRATA, LIBERAL E CRISTIANO (esto si que é sentido do humor) por Tresillo





9 comentarios:

Anónimo dijo...

Federico no séu papel de comunicador presentando todo un manifesto politico, o do xenocida, lamentable que haxa xente con esas ideas "democraticas" pero mais lamentable e que estea na nómina da COPE,que pertencendo a CONFERENCIA EPISCOPAL mama da " graciosa teta do estado"...

Anónimo dijo...

Botemos man da nosa imaxinación. Se o dictador a finiquitar fora Franco algún morrería de esforzo dando interminables aplausos ¿non é certo? Pero claro cando toca censurar, con fina ironía mal entendida, a falta de liberdades en Cuba ou en Venezuela... o malo é quen o critica.

¿A que xogan algúns?

Anónimo dijo...

A ironía deste cabaleiro, ao igual que a súa, é unha deliberada simpleza, típica de xente "inxenua" e adicada aos libros que quere dar a impresión de ser dura e perspicaz, mundana e cínica, xente que, no fondo, está poseída por un anhelo avasallador de atopar unha certidume á cal aferrarse e desde a cal explicar a inmensa diversidade do mundo. A "enerxía destructiva", "a irritante alegría" e "o traballo en profundidade" deste home pretende a ruptura da democracia, levano a unha itución escura e nada orixinal, a postular a presunta decadencia de todo o pensamento occidental que non sexa o seu, mediante relámpagos ocasionais dunha "verdade dionisíaca, un descriframento do universo.
Este home presume de criticar unha cultura e un pensamento onde todo é relativo e aleatorio onde toda a esquerda e mesmo algúns da dereita son meros instrumentos xustificadores do poder, dun poder absoluto. Pero o "peridista libre" é autoritario, categórico e enuncia só as verdades profundas, eso si, as propias, que son as boas e non teñen fisuras.
Os criterios da súa razón, non dispoñen de ningunha lexitimidade que poda ser investigada nin cuestionada, vease o duelo con Gallardón. As súas diatrivas argumentativas disque se basan en principios reconocibles, pero realmente baseanse na cicularidade autorreferencial, é dicir, xiros ao redor do seu embigo. Este egocentrimo agudo esta cheo dedogmatismo e dunha tendencia absoluta a autodestrucción do sistema que di defender, logo, a democracia entendida pola dereita deste país, o soño da autocraciaaznariana superadora do soño dogmático de Don Francisco Franco.

Anónimo dijo...

Non tiña nin puta idea de que a falta de liberdades na Venezuela do populista Chávez (totalmente censurable) poidese compararse á que se viviu en España baixo o mandato do dictador que máis sentencias de morte firmou na historia da humanidade...
Pero que cojones de comparación é esa?!!! Pero como se pode ter tantos huevos!!! As liberdades individuais costaron demasiado esforzo e vidas como para que relativizalas resulte tan simple...

Iso mesmo me pregunto eu... ¿a xogan algúns?

Anónimo dijo...

a que xogan algúns, perdón

Anónimo dijo...

A min opinións coma estas prodúcenme absoluto terror. Estas cruzadas pola "liberdade e a democracia" a base de ataques militares póñenme os pelos de punta. Eso de querer ir limpar a merda á casa dos demais... Esa irritante forma de erixirse en xuíz do ben e do mal e de crerse en posesión da verdade absoluta, unido á idea de que o fin sempre xustifica os medios.... paréceme perigosísimo.
Pensar que xente así poda chegar a ter algún poder é para porse a tremer. E a estes dous especímenes alguén igual que eles lles deu o poder que concede un micrófono; o poder de transmitir o seu rencor e violencia a moita outra xente.
¿Como se pode chegar a ter tanto veleno dentro? En calquera caso, sería un acto de responsabilidade evitar que "contaxien" ós demais.

Anónimo dijo...

¿ A que xogan alguns ?, o que quera piar que se presente as eleccións e todos veremos a resposta que teñen,fodenme alguns que "rajan" mais que dios na cadea da conferencia episcopal,que lle queren facer o guion a marianito en tandem con algunha prensa.Que dian un paso a fronte e "clarifiquen" o panorama con Aguirre y la colera de dios...

Anónimo dijo...

Supoño que a realidade depende do cristal do que se mire. Cando as dictaduras son de esquerda todo é máis doado. Non se pode falar mal desta xente. Viva o réxime de Cuba e de Venezuela... Lástima que algún non sexa capaz de ver os "francos" do presente na imaxe destes dictadores bananeros

Anónimo dijo...

Sobre o imbécil este demócrata, liberal e cristián, non vou escribir, que va, algún xa me acusa de pesado cando falo del... Disculpen as molestias, pero é que me poño de mala hostia, mal de verdade... Para o anónimo... A saber onde fixen eu eses vítores a Fidel ou a Chávez... Outra cousa é que puxera os puntos sobre as íes porque hai cousas que, definitivamente, non son discutibles mírense dende o cristal que sexa. Non digo nada máis sobre Franco... ¿para que, se todo o vai relativizar vostede, a liberdade, a dor, o odio, incluso os mortos? Agora que esa estrela da Superpop que é o xuíz Garzón decidiu poñerse outra medalla e de paso remover conciencias, confío en que a algún se lle atragante o postre ou o café matutino... Así que mellor calo e paso, que non hai debate; faltan interlocutores, que carallo.