16 sept 2008

SARAH BARRACUDA====> Dr. en Alaska




Ese era o nome polo que coñeciamos a Sarah Pallin no instituto, ainda que co tempo mellorou no seu aspecto e case que consige ser miss Alaska (quedou segunda), non por eso deixou de ser "barracuda". Agora ten 44 anos e vai de ticket con McCain despois de ter conseguido ser gobernadora do estado e antes alcaldesa de Wasilia city.
Moito antes de saltar a prensa internacional xa deu que falar, por presionar o comisario da seguranza pública a expulsar o ex-cuñado da Pallin xa que se divorciara da súa irman, Membro da Asociación Nacional do Rifle, anti-abortista.. ou seña o que se dice un pouco "facha.
Casou cun esquimó que ten por afición as carreiras de trineos con cáns as que son moi afeccionados os de aqui,con el tivo 5 fillos e tan só no derradeiro colleu tres dias de baixa maternal dado que o picaro tiña a sindrome de Down. Ela é unha muller capaz de todo ... agas de dar o peito e coidar os fillos, pois asemella non ter tempo para eles ( os negocios agardan e as mucamas coidan deles) .
Todos estan empalmados con ela,e un pode entendelo, pero esta muller-barracuda é un perigo, miráde a foto na que é recibida por unha das fillas no aeroporto, esas gafas que non lle permiten achegarse a filla sen o perigo de saltarlle un ollo co canto aguzado, esa mirada de Sarah que menos a pícara ve todo , a actitude da nena ,que non agarra a nai se non que lle sosten a embestida (desenfreada como vai estes dias de tanto mitin); e o peiteado,ese moño que pode agachar ata un mísil.
"Non vai ser desta sariña", deciamoslle cando o das misses, e agora, coido que tampouco, e mais nos valerá que por ela ampliaba o eixo do mal ate o vaticano ciega como vai.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Prezado Doutor en Alaska...non tería eu tanta seguridade a hora de afirmar que esta persoaxe e o títere de McCaín non chegan á, nestes derradeiros oito anos, "Black House" ou "Blood House", como queira, "petróleo e sangue". Os neo-cons están febles pero para nada vencidos.
O Fukuyama segue sendo o autor de cabeceira destes tipos. A súa obra "O fin da historia e o derradeiro home", a lectura obrigatoria do americano de clase alta.
Paul Wolfowich un ídolo executor da loucura neo-con segue a ter os tentáculos moi longos.
Deséxolle a Obama moita sorte, convicción e vontade para afrontar estes meses tan decisivos.

Anónimo dijo...

Hai que rectificar,Sariña dalle o peito os picaros,cousa loablee que a miña mala información levoume a dicir o contrario . Eso si, a exhibición que fixo do fillo na convención republi-can segueme a parecer un "uso ilexítimo de fillo"

Anónimo dijo...

Muller+de dereitas= críticas permitidas. Os "neocons" uuuuiii que malos que son. Vamos a xogar a poñer verde á rapaza-