9 may 2009

O LEO i ARREMECÁGHONA, RIGOROSA CRÍTICA DEL CONSIERTO (xaquín luque)

En apenas dúas horas que durou a presentación do "Todos Metidos nun Bote Tour 2009" no Malas Pécoras de Santiago, o cantautor punk Leo i Arremecághona cometeu os seguintes delitos:

1. Xuntou, cual se fose un Pessoa do rock galego, catro personaxes distintos (da familia, iso sí), co único nexo da ironía como vehículo de expresión.

2. Desgranou a política (e a persoa) de Corina Porro levándoa polo camiño da amargura e da ranchera ("Ponme la mano aquí, Macorina, ponme la mano aquí"). A cousa iba ben levada pero o home acabou por quentarse, e optou polo producto nacional para rematar a canción cun estribillo irresistible: "Como baila Corina, cómo se menea."

3. Posteriormente, violou "Te recuerdo Amanda" de Víctor Jara, que pasou de ser unha oda aos obreiros caídos do Chile dictatorial, a "Te recuerdo Borja", un axuste de contas con tódolos chulis que, sen dar palo al agua, levan a churri no M3 que lles regalou papá (los ricos también lloran).
4. Analizou a importante cuestión das infraestructuras galaicas, facendo fincapé na era Cacharro Pardo ("atrapado nunha rotonda estou, e só hai dirección Madrid").

5. Autoversionouse, pasando unha preciosa (por sucia) balada de amor polo filtro de El Sueño de Morfeo ("Y si fuera para toda la vida, y si fuera para toda la vida...").

6. Realizou unha perfecta canción pop sen dicir nada, como era a súa intención, para respectar a tradición do xénero. O estribillo, cómo non, a hostia de pegadizo peeeeero matizado: "lalalalala, lalalalalala, lalalalalala..."

7. Cantou un reaggetón (ño!).

8. E finalmente enarbolou, partindo da base dos Clash, a emotiva bandeira do bilingüismo armónico que tanto gustaba a Fraga e tanto gusta a Rosa Díez. Should I stay or should I go, séase, Meniña ti hasme de disir si quieres que te ande atrás del rabo. Viva Galicia cunilingüe, que dicía o outro!!!

Non sei se alguén dá máis...

Uns minutos antes do concerto lía eu que Pollella vai deixar o pabellón alto a Eurovisión... En fin, chavales, botando peito pa fóra (que non se diga que hai crisis): se queredes cultura, vídevos a Sargadelos.
Ai, que me olvidaba. Se queredes ver un bon par de cazolos, sempre vos quedará a Primeira.

No hay comentarios: