18 may 2009

Si...porque Mario Benedetti...por Tresillo




¿QUE LES QUEDA A LOS JÓVENES?

¿Qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de paciencia y asco?
¿sólo grafitti? ¿rock? ¿escepticismo?
también les queda no decir amén
no dejar que les maten el amor
recuperar el habla y la utopía
ser jóvenes sin prisa y con memoria
situarse en una historia que es la suya
no convertirse en viejos prematuros

¿qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de rutina y ruina?
¿cocaína? ¿cerveza? ¿barras bravas?
les queda respirar / abrir los ojos
descubrir las raíces del horror
inventar paz así sea a ponchazos
entenderse con la naturaleza
y con la lluvia y los relámpagos
y con el sentimiento y con la muerte
esa loca de atar y desatar

¿qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de consumo y humo?
¿vértigo? ¿asaltos? ¿discotecas?
también les queda discutir con dios
tanto si existe como si no existe
tender manos que ayudan / abrir puertas
entre el corazón propio y el ajeno /
sobre todo les queda hacer futuro
a pesar de los ruines de pasado
y los sabios granujas del presente.


Recordo unha fraternal cea entre amigos. Unha noite afable entre conversas cheas de ironía, fina e grosa, viño e mellores viandas. Entre tanto cruce dialéctico de repente xurdíu un monólogo de alguén que posue a extraordinaria capacidade de mimetizar todas e cada unha das peculiaridades da personalidade dos propios e dos extraños. As súas víctimas neste caso foron o que lles está a escribir e o prezado Xogador de Chica. E é que aos dous entre eructos, oprobios, lascivas miradas ás caderas contoneantes da "Muller en la Ventana" de Dalí feita carne e os correspondentes bramidos dunhas bestas pardas en celo, de vez en cando tamén nos dá por falar de o Pacto Social de Rousseau, o Turandot ou a Tosca de Puccini, o soul de Calamaro ou, mesmo os Poemas del Alma de Benedetti. Non é de extrañar que o noso amigo se burlara das nosas aparentes ou non tan aparentes pedantes discusións, cada quen ten o seu (uns co fútbol, outros co tunning ou os bugas en xeral e outros coas rubias de pelo en peito). Sen dúbida foi un exercicio (por certo desternillante) deses que che permiten verte nese valleinclanesco espello para mellor coñocemento dun.
A cuestión foi que, ao marxe dos xestos, a frase que máis repitíu era (imitando ao menda): "
Si...porque Mario Benedetti...". Creo que o chaval non tiña nin puta idea de quen era o tal Benedetti pero quedáralle o nome do mesmo na súa inmensa memoria como reflexo do noso gusto por un concreto autor que nomeabamos bastantes veces.
Pouco despois, no meu blogue persoal, peguei uns poemazos do autor e mostreillos ao mesmo que con entusiasmo se mofaba sanamente das nosas "tertulias literarias". O certo é que penso que quedou impactado pola súa beleza feita simplicidade e por esa linguaxe sútil dunha vida feita de experiencia e pel. Aínda hoxe penso que tén ese poema ou parte titulado "Viceversa" na súa cabeceira do Messenger (algo, neste postmoderno mundo, que trata de sintetizar o teu pensamento ou sentimento ou, por outra parte, se utiliza de cebo para chingar) que dí así
: "Tengo miedo de verte//necesidad de verte//esperanza de verte//desazones de verte.//Tengo ganas de hallarte//preocupación de hallarte//certidumbre de hallarte pobres dudas de hallarte.//Tengo urgencia de oírte//alegría de oírte//buena suerte de oírte//y temores de oírte.//o sea, resumiendo//estoy jodido//y radiante//quizá más lo primero//que lo segundo//y también//viceversa." . Grande este poema como xa dixen, que vale para identificarte con tan fermosa trascripción de emocións contradictorias ou, tamén, para quedar como tipo sensíbel que quere penetrar "emocionalmente" a interlocutora internáutica.

Morreu Benedetti, pero aquí deixa o seu nome para a posteridade, o seu inmenso patrimonio literario feito herdanza universal. Con el van as súas grandes historias de amor e exilio e con el tamén van estas pequenas historias dos seus humildes seguidores que se adhiren á súa obra coa forza irrefrenable das súas brillantes verbas.
Nos hai moito que homenaxeamos a Benedetti sen querer...creo que ningún dos contertulios se esquecerá nunca desta historia e moito menos do autor citado. Hoxe Benedetti xa forma parte dese panteón de grandes escritores universais e a nosa pequena historia forma parte da nosa memoria e da nosa vida como xóvenes que seguramente nos identificamos tanto co poema que dá pé a este artigo.
En fin, von voyage
Benedetti...


CURRÍCULUM



El cuento es muy sencillo
usted nace
contempla atribulado
el rojo azul del cielo
el pájaro que emigra
el torpe escarabajo
que su zapato aplastará
valiente

usted sufre
reclama por comida
y por costumbre
por obligación
llora limpio de culpas
extenuado
hasta que el sueño lo descalifica

usted ama
se transfigura y ama
por una eternidad tan provisoria
que hasta el orgullo se le vuelve tierno
y el corazón profético
se convierte en escombros

usted aprende
y usa lo aprendido
para volverse lentamente sabio
para saber que al fin el mundo es esto
en su mejor momento una nostalgia
en su peor momento un desamparo
y siempre siempre
un lío

entonces
usted muere.





2 comentarios:

xogador de chica dijo...

Ja, ja... Que recordos desa noite... Gran artigo, Tresillo, e grande por suposto don Mario... Se antes comentaba que Antonio Vega (entre outros) me levou a adora-la música, posiblemente foi Benedetti o escritor que me levou a deixar de ver a poesía como algo difícil e lonxano...

A ver para cando facemos outra cea coma esa.

Sr. Blanco dijo...

Benedetti cruzouse na miña vida xa hai un tempo, pero non foi ata esa gran "mofa", cando a curiosidade chegou a min. Acerqueime a el amodiño, pola súa prosa sinxela pero escrita dende as súas cicatrices; ata que o final descubrin a súa poesía repousada e tranquila, que escribía dende o acougo que da unha vida plena, tanto de amarguras como de felicidades, e esa pausa sudamericana.
El marchou, pero quedou o seu papel, ata logo Mario