25 may 2009

SI...QUERO. Hotman

Como moitos de vós saberedes ,este sábado día 30 de maio, hai boda. E dende este blogue, queremos darlle a noraboa ó noso amigo Iago Casas.....si si.....ese rapaz espigado, prematuro home de negocios, que de pequeno era o "Screetch" da pandilla. O primeiro da nosa xeración do 83 en pasar polo altar.
Á verdade é que cando me enterei da nova, pois quedeime totalmente abraiado, pero ó mesmo tempo dixen......bah é Iago, deste home podemos esperar calquera cousa. Pero esto non é todo, xa que tamén vai ser papá. Incrible, pero certo. E ahí si que me quedei pasmado. Noraboa amigo!!
Un rapaz que un día calquera saiu pola ventá da súa casa a voar cuns paxariños, un rapaz que era o campeón do mundo en faltas de ortografía, un rapaz que ós seus 8 anos de vida xa tiña un proxecto de negocios na súa mente, un rapaz capaz de ligar nos armarios da biblioteca do Colexio, capaz de marcarlle un gol ó todopoderoso Viveiro C.F. e na xogada seguinte facer unha cafrada tipo Spasic, capaz de vender un talonario enteiro de rifas para excursión de fin de curso en 2 horas, capaz de romper o fémur a unha altura de 60 cm do chan co seu grito de guerra...GERÓNIMOOOOO!!!!. Un rapaz que foi tomar unha hamburegesa ó McDonalds de París (que romántico filliño)..... e que cando nós estabamos botando as pachangas na praia do torno, el estaba servindo cafés e cervezas no Almacén. Cando nós nos estabamos pimplando en calquera festa universitaria, el abría un negocio, co cal aínda segue actualmente (especialista en paté de cabracho....aínda que eu non o como).
En fin noso amigo.......parabéns, e que che vaia todo ben coa tua prometida e tamén con ese penalti que marcache por toda a escadra. Unha aperta e vémonos o sábado no altar!!
PD: NOn te esquezas de dicir.......Si Quero

2 comentarios:

xogador de chica dijo...

Gol ó Viveiro non, golazo.
Viva o Galleto cogones!!!

Alí taremos pa acompañarte!

Metodista dijo...

Felicidades pecoso.
Barra libre...mmmm