13 jun 2007

HORÓSCOPO SEUTARIO. xogador de chica


Inicio aquí co permiso de Amarillo S. e esperando a súa colaboración, OS HORÓSCOPOS DO QUE ME IMPORTA A MIN, sección que o flaquito e máis eu, astrólogos de excepción, ambicionábamos desde xa hai tempo. Colguemos a primeira a ver que pasa.

ARIES: Chegou o momento de deixarse levar pola pasión, dirache o horóscopo da competencia. Así, faralo e alégrate, vas triunfar; pero non coa morena de curvas prominentes que te puxo coma un burro o sábado pasado, ligaraste a un camión de 3 x 4 que, aínda por riba, entre polvo e polvo vaiche cargar a caixa con que Mozart era masón ou con que, pese a todo, non se pode dicir que o comunismo fracasou porque ningún dos reximes así chamados na historia respondeu xustamente ó que Marx propuña. Candiós, por que non lle tocaría a Tresillo, preguntaraste. ¿Que a culpa non foi túa? ¿Que ías borracho coma unha cuba? Xa, xa. La culpa fue del cha cha cha.

TAURO: ¿Para que carallo estudias se vas suspender? Xa sabes que levas dándolle á fotosíntesis desde terceiro da ESO e nada, non hai Cristo que a entenda, non a das asimilao. ¿Que podían preguntar a lista de bares da Rúa do Franco con sus respectivos pinchos? Ai, amigo. Os templos do coñecemento e do debate filosófico non teñen espacio nos planos de estudio. Así vai EspaÑa.

XÉMINIS: Economía boyante donde las haya, fundamentalmente por dúas razóns. 1- Hai exames e non saes. 2- tes á xente tan ben amaestrada que non fará falta o xa lexendario abuela, arrea eses billetes que logo dis que coa reúma pésache a carteira. Fai falta dicir que eres un mísero especulador, ladrón pesetero atracador?

CÁNCER: Mentres estudias na biblio, ela aparecerá, tan cañona coma sempre. Achegarase e pedirache os apuntes de Dereito Romano. Sairás todo fostiao para a casa buscalos, olvidando que non rexistrache aquel libro que pillaches no estante. Isto fará soar as alarmas e que se abalancen sobre ti o bibliotecario, os munipas, a hertzantza e máis a Guardia Civil. Co susto caerás polas escaleiras. Non te preocupes, nada grave agás rotura de tibia e peroné e un derrame cerebral na rodilla. Iso sí, ela non te irá a ver ó hospital. E os apuntes pedirallos a Christopher, que por desgracia non é tan sumamente feo coma ti.

LEO: Vida social e sexual lamentable. Igual na economía. Pero alégrate, por unha vez atoparaslle gracia a un chiste dos Tonechos e iso farache pensar: "joder, hai outro mundo ahí afóra." Tirarás do fío e descubrirás as conexións entre a cinta dos Chunguitos da fragoneta e os atentados do 11-m, e que ese Fede Jiménez é un visionario. Que grande o tipo e que cabróns os sociatas kaleborrokistas. Tratarás de contarlle o segredo ós colegas, pero son muy do PSOE de nuestro señor e acabarán por repudiarte. Refuxiaraste nos libros de autoaxuda, que che farán comprender que o importante non é gañar, senón intentalo.

VIRGO: Xa o dice a palabra, tontito. ¿Ou que esperabas? Multiplicación das calosidades das túas extremidades superiores, pero, fundamentalmente, no lado dereito. ¿Sorpresa?

LIBRA: Vida sexual cun 2% T.A.E. de interese. É dicir, que nin sequera engancharás a peli do plus esta semana, tendo que conformarte co erotismo de Localia. Pero non te aflixas; xa sabes que no fondo, o acento sudaca e as declaracións de amor pasteleras póñente cachondo.

ESCORPIO: Sobran comentarios. Non es naide.

SAXITARIO: Verás unha chorbita a hostia de guapa. Imaxinarala contigo, falando das rebaixas de Bershka no marco incomparábel dun café... apartando da cola ós cativos a puñetazos para subir xuntos á noria... comendo os spaguettis a medias, ata acabar nun chucho superromántico rebosante de salsa boloñesa... Pero entón aparecerá o malote. Sí, amigo. Puido ser un amor do montón, pero todo o montón era teu.

CAPRICORNIO: Irás á tutoría para reclamar por ese catro e medio en Pensamento Moderno. Se non é para tanto, só confundin a Descartes con Lutero, pero que carallo; os dous crían en Dios, non???. Terás a sorte de poder escoitar en rigorosa exclusiva a "Charla de Tres Horas Sobre la Decadencia del Alumnado En España y sus Exámenes Lamentables" do profesor Castellanos. O 4,5 non se move. Pa que volvas.

ACUARIO: Como bo mozo, acompañarás á churri a ese concerto ó que tanto lle apetece ir, ese do excelente tenor Federico Granados, acompañado por Ekaterina Dochenko ó piano e Gabriella Dalla Conte ó oboe, quenes nin sequera están boas. O suplicio durará cinco horas, polo que chegarás á casa ás 2 AM. ¿Pensabas foder?

PISCIS: Cagáchela tío, tas namorao; antes de botar o carro de molime tratarás de negala tres veces, pero os seus seos asomarán na túa imaxinación cual visión do paraíso, asomando o lagrimón que e recordándoche esa letra de pasión: I LOVE YOU MI VIDA, I E O. Pero non hai nada que facer; ela sigue enconadísima do pelopincho do León con subwoofer.

7 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Xogador es moi grande tio!!!!
creo que tes que sair a Bure co ordenata e falarlle á moura por medio de artículos, e parar de dar notso cada vez que vas como unha cuba.Estou seguro de que non ía poder resisitir ante tales mostras de bó humor.
by Doríforo comlao chungo.

que_me_importa_a_min dijo...

Xogador gracias por joderme o tempo que dure este pronostico do horoscopo, espero q acabe a finais de mes xa que son Leo.
P.D: Vemonos o sabado 23 no Orzán ou para quemar la coru neno.

Arroz con pito al escondite

Anónimo dijo...

Non puideche estar máis acertado en xéminis xa que onte arreoume miña abuela 50 eurazos.

Anónimo dijo...

Eres grande Xogador de Chica, agora so tes que poñer as gafas do reves, vestirte ó estilo mesa camilla e engordar un pouco (bueno esto último non fai falta moito máis,jejeje, é coña odre, que eres un odre) e xa temos ó novo Rappel. Véxase tamén o atuendo de "primavera-verano", tanga de leopardo.

Sigue así que me escarallo de risa

Anónimo dijo...

Tío, deberías deixar definitivamente os estudios e dedicarte a isto profesionalmente porque eres un fenómeno. Calquera día poñemos bote pa contratarte como humorista oficial. Aora, ías pasar máis fame que un tonto.

Anónimo dijo...

Eu tamén quero que me encules de forma dulce e pausada Xogador. En serio, e como diría outro grande: "tú,.., tuuuú, eres bueno tío, eres bueno".
Pregúntome(a fin de imitala na miña ciénaga) qué clase de áurea crearás no teu cubil para parir ocurrencias de tal calibre. Melena desaliñada, mirada ó chan, gesticulacións excesivas, arte de autor nas estanterías, estancia prolongada nunha cidade bohemia, predilección pola pana e os tonos marróns,..., ¿xa tes gatos, ou tan só alcanzaches a fase un(varias mantas de cadros sen doblar)?

Anónimo dijo...

Ja, ja, ja. Xusto así. Lástima que falte a neohippie cañona e revoluconaria da ventá de en frente, esa que recolle a roupa do tendal en top less e que ten amor para repartir a todos los hermanos que lo necesiten.