26 jun 2007

HORÓSCOPO SEUTARIO. xogador de chica

Boas seutarios!!! Aquí vai o Horóscopo semanal.

ARIES: A calidade de vida vai tamén nos hábitos do día a día. Come sano; relativicemos a teoría revoluconaria do Rey de Copas segundo a cal “os que comen lechuga son os primeiros en ir ó pichoco.” Fai deporte. E lávate algo, pelexo. Cochomouro.

TAURO: Situación económica parecida á do Nepotivo (é dicir, “delicada pero asumible”). Bo momento para recordar que lle debes cincuenta euros ó Xogador de Chica. En amores ben; o Plus, sen problemas.

XÉMINIS: Con vitalidade e optimismo conseguirás levar a cabo os teus proxectos e máis altas ambicións. Por tanto, acabarás dunha puta vez o Imperium II –logo de sete anos de ardua investigación-, pasando por fin esa fase na que os fenicios, tendo a metade de víveres, tropas e armamento, dábanche nas cachiñas unha e outra vez.

CÁNCER: Pasarás co teu equipo a eliminatoria da gloriosa Copa Diputación Cacharro Pardo, logo dun resultado de seis a catro (dos dez goles, oito serán en propia meta). Faranche dez caños, catorce sombreiros e nove autopases, pero marcarás un gol de rebote á saída dun córner. Aparecerás no once ideal do “Retroceso”, cos argumentos de “defensivamente mal, ofensivamente bien”. A final será ante o lexendario Catro Roldas. As espádegas están no alto; come carbohidratos.

LEO: Perderaste, por culpa do exame de Historia Medieval de España, as enormes e multitudinarias festas da Venta; París de Noia, Panorama e unha magnífica “sardiñada amenizada por UNA ORQUESTA.” Candiós, hai festas que deberían ter o título de patrimonio da UNESCO. Por certo, no exame caerán o “Fecho del Imperio” de Alfonso X, o “Privilegio General” e a “Paz de Alcaçovas”. Pero, como es un inútil, a pesar de terte avisado sacarás o mesmo 4,5 de sempre. Septiembre.

VIRGO: Achégase Ortigueira, única posibilidade anual que tes de foder algo, porque alí, debido ó marabilloso cheiro mariguanero que flotará no ambiente, ninguén xuzgará as túas entradas, teu narigón ou os teus dedos dos pés que pelexan pola hexemonía podolóxica. Ahí tes opcións coas revoluconarias, podes moverte como peixe na auga; recorda para que todo saia ben que, pase o que pase, eres do Bloque e estudiaches os títulos dos discos de Nirvana. Pero, en fin, non vou ser cruel contigo e darche falsas esperanzas, meu ratiño cativo... ¿Pensabas que, por unha vez, non ías ser un odre co “Velero Añejo Superior, 5 años-5 elorios”, dando a la postre asco y verjuensa? ¿Pensabas que a noite ía dar para algo máis ca unha cojonuda borrachera cos colegas? Xa, xa, finxe alegrarte. Molimeiro...

LIBRA: Para ti vale o mesmo dito para os inútiles virgueses, exceptuando que a túa falta de éxito chingador no Mundo Celta non será provocada polos teus problemas co whiske, senón pola túa falta de pericia; si, era hora de un cambio de look... Pero optar para o festival por un chalequito de rombos como o de Barrilete e uns pantacas estilo “monton de oxido’s” coma os do Bosteira, acompañados das zapatillas de cuadritos do abuelo que leva o Home do Método... Quizáis é unha vestimenta moi atrevida. Iso sí, farás un montón de amigos que che sacarán fotos e todo.

ESCORPIO: Si, amigo. Eu tamén boto de menos PotatoLand. Os cobalibres garrafeiros, a clase de DJ R10 na mesa de mezclas... Pero home, tampouco é como para que che entre a angustia existencial e te quedes na casa vendo a Gayoso presentar a Geal Rivers (que cantará o seu temazo “I will turn around.”). Vale, é unha gran razón para quedarse; pero hai outras moitas para ir a Foz. Non, as tías non son unha razón, segues a ser unha burra atada a un pesegueiro. Sexamos realistas. Pero haberá Cacique, e non me negues que morres por bailar o novo single de Georgie Dann, “Mecagüen el chiringuito...” Criminal!!!!!!

SAXITARIO: Insolación criminal no primeiro día de plaia. Chegarás á casa coma un cangrexo. ¿Pero que clase de comedia é esta se botei crema factor 60? (e en tanta abundancia que os cativos confundíante co muñeco de Michelin, algo no que tamén influíu a dieta rica en chourizo que seguiches nos últimos meses). Sabe dios, colega, eres un auténtico enigma para la ciencia. Debiches facer máis caso ao que propuñan os amigos, que te coñecen e saben do teu problema; gabardina, joder, gabardina.

CAPRICORNIO: O balance do San Xoán foi desolador. Quenturas de terceiro grado, dor do lado escuro... Lamentábel. En fin, sempre quedará a partidiña de mus. Entrarás no Caseto con outra cara; daránche a benvida a voz aterciopelada de Cerveciñafría berrándolle ós marcianos da máquina ("Morre fillo de putaaaaaaaaa")... Que marabilla estar na casa!!! De parella, tocaráche co Home Cansado, quen, despois da victoria do capellismo na Liga, virá con forzas renovadas para sinalarche a estratexia sen que te vaias un palmo do planeado. Hala, pelassso, a figurar!!!

ACUARIO: Ai, palé de patín, carro de esterco, monte de purín... Mellor calo, ho, mellor calo.

PISCIS: A vida sempre da segundas oportunidades... pero tarde. Aquela chorbita do insti que te puña coma un animal vaiche anunciar este venres, borracha perdida, que, como intuíches sempre (pero nunca te decidiches), estaba loquísima por ti. Joder, intiéndeme, de aquella tenías pelo y eras callado, nunca abrías la boca para dicir tontunadas como los demás y parecías un macarrón intiligente. Calla, ho; si escuchaba a los Guns ´n ´Roses y pensaba en ti... Agora está máis cañona aínda, parece que lle sentaron ben os milloncejos do cuarentón co que está arrimada. O tipo entrará na conversa invitándote a un Havana 7, que cabrón; nese intre mirarás a túa camiseta do Rei Zentolo chea de cubalibre e pensarás "non é o momento de ir de can". Mañá será outro día; pero joder, mira un pouco de non cagala...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Vexo que segues en forma Xogadorcillo. Digo literariamente. No outro aspecto só quero lembrarche que ven aí a praia. Tampouco te preocupes, total non podes saca-la camiseta.

Anónimo dijo...

seras todo o bon que queiras facendo oroscocos deses pero bouche ganar o muuuuuusssssssssssssssssss e sabelo, monton