12 jun 2007

PARECIDOS RAZONABEIS, VOL. 2.



Aquí estamos con outra nova entrega dos PARECIDOS RAZONABEIS (por certo, seutarios, non vos cortedes á hora de propoñer ou subir parecidos).

Non, non, non é que lle dera ó Rey de Copas pola guitarra; é que simplemente é chantao a Slash, ex de Guns N Roses. Fíxense; pintas de malote, cigarrito e barriguita reveladora dunha dieta rica en proteínas, birras e torresmos... Claro está que non hai color; quen vería ó pimpín este, propagandista dunha vida de excesos, achicar nos cubalibres ó toque co noso heroe... Duraría dez minutiños, nin puta idea.

Seguimos con homes de peso e envergadura... Ahí tedes ao alter ego de Rafa Plas, o grandioso actor John Goodman. Con esos mofletes rubos polas corenta cervexas (logo de seis litros de auga) que bebeu sen conceder nin unha mexada, un imaxínao dándolle as súas sabias indicacións futbolísticas a Chegouohome; cómelle os collóns, agárrao polos huevos, castiñeiro... Monumental.

Por suposto, non poderiamos continuar con esta sección sen recalcar o enorme parecido de Amarillo S. con Juan Tamariz, máis alá do seu maravilloso don (e oficio) da baralla; ese pelasssso, ese narigón, esa sonrisita entre infantil e canalla... Igualiño.

E para rematar, ahí temos ó entrañable monigote de J. L. Moreno Macario, que ten un parecido incuestionable co home das cerveciñas frías...

HALA CHAVALES, ATA A PROXIMA SEMANA.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Grandioso, case mellor que o primeiro. Cerveciñafría, o home das mil caras, tanto é macario como fai de Golum na terra media de sargadelos. Criminal

Anónimo dijo...

Bueniiiiiiiiiiiisimo, es moito ou!!!