5 jun 2007

o conxuro


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas.

Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das mencinheiras.

Pobres canhotas furadas,
fogar dos vermes e alimanhas.

Lume das Santas Companhas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte,
foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada
cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella ao do inferno,
e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas,
indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide!
os ruxidos que dan as que non poden
deixar de queimarse no agoardente,
quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que a humana xente,
eiqui e agora,
facede cos espritos dos amigos que estan fora,
participen con nos desta queimada.


Ou como diria Mon:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Orcos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas meigas.

paxaros, pintigas e cangrexos,
feitizos das pereiras.

Pobres canhotas furadas,
fogar dos vermes e arañas.

Lume das Santas Companhas,
mal do ollo, meigos negros,
cheiro dos mortos, tronos nos faios.
Ladrido do can, perdon da morte,
foucinho doooo…..sapo e pe do coello.
Pecadora cona da mala muller empreñada
vaixo un pesegeiro.
Averno de Satan e Belcebu,
lume dos cadavres ardentes,
corpos desfeitos dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar picada.
Barriga inutil da muller virxe,
piar dos gatos que andan a xeada,
guedella porra da cabra mal nacida.
Con este lume levantarei as chamas
deste fol que asemella ao do inferno,
e fuxiran os elfos acabalo das suas escobas,
indose bañar na praia de rueta.
¡Oide, oide!
os berros que dan as que non poden
deixar de queimarse no agoardente,
quedando asi purificadas.
E cando este liquido baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa alma
e de todo meigallo.
Forzas do mar, terra, vento e luma,
a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que os humanos,
aqui e aora,
facede cos espritos dos amigos que morreron,
participen con nos desta queimada.



REY DE COPAS

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ta gracioso meu, pero puideche abreviar...

Anónimo dijo...

Sí, non está a cachola para tanta rima estas semanas. ¿E logo esa fixación con Mon?

Anónimo dijo...

porque o ourto dia fixo queimada no penta e foi algo parecido.
E sin comentar que a deixou sin grao de alcohol e di: "non ta no seu punto o detalle e que ten moito azucar"