
Neste primeiro capítulo tentarei, dalgún xeito, de forma moi somera, aproximar aos lectores as bases ideolóxicas da corrente Neoconservadora americana ou, mellor dito, norteamericana. Certamente as dúas correntes que describo posiblemente non sexan as únicas pero si as máis esenciais e determinantes...se ben obvio a influencia do aspecto relixioso por ser máis aparente que trascendente...considerándoa unha "utilitarista" cortina de fume.
A "Escola de Chicago" funda unha corrente de pensamento, inicialmente económico que se orixina, como non podía ser doutro xeito, na Universidade de Chicago e que tivo, e ten, grande influencia na política económica mundial.
No campo económico a citada corrente asociase a un pensamento ortodoxo. O prantexamento máis coñecido é tal vez o de Milton Friedman: "reducción da intervención do Estado e, fundamentalmente, desregulación da actividade económica". É decir un Adam Smith en plan talibán, por decilo dalgún xeito, que funda coñecida Teoría Monetarista. A proposición fundamental era e é, eliminar toda intervención estatal na economía mundial e, para materializar esta idea, evitar toda lei ou regulación que tente ordenar o sistema financieiro tanto nacional como internacional.
Ben, esto que podería ser unha síntese un tanto reduccionista sobre o que supuxo e supón as teorías da Escola de Chicago no ámbito económico, voltan de novo a estar en primeira liña da realidade económica mundial, fundamentalmente no ámbito financieiro que onde máis inciden os seus plantexamentos.
Ao aveiro destas teorías, xurde un influínte politólogo, tamén estadounidense pero de orixe xaponés chamado Francis Fukuyama. Fukuyama é coñecido pola súa obra "O fin da Historia e o último home", no que defende que a Historia humana como loita entre ideoloxías rematou e que nestes intres, tras a caída do Comunismo, comezou un novo mundo basado na política e economía neoliberal (asociando a teoría anteriormente descrita). Inspirado en Hegel e nalgún dos seus esexetas da S. XX, como Alexandre Kojéve, afirma que o motor da historia, o "desexo de recoñecemento", paralizouse na actualidade polo fracaso do marxismo o que demostraría que a única opción viable é o liberalismo democráctico, que se constitúe así no chamado pensamento único: as ideoloxías xa non son necesarías porque xa foron substituídas pola Economía. Aínda que poida parecer paradóxico e tamén contradictorio, para este autor os Estados Unidos sería así a única realización posible do soño marxista dunha sociedade sen clases. Sen embargo, non está sostendo radicalmente que non vai suceder nada na Historia, senón que a historia virá determinda pola ciencia e esta aínda non atopou os seus límites. Na actualidade sería a época da bioloxía e os descubrimentos que se fagan actualmente nesta ciencia determinarán o futuro.
Outra base da súa ideoloxía e o seu pensamento moral que quedaría prantexado do seguinte xeito: forte crencia na cultura, na ciencia e na ilustración como base moral capaz de desplazar á relixión e que, a través dos dereitos humanos universais puidera chegar a uns deberes humanos igualmente universais. Certamente, neste ámbito, non ten unha doutrina moi desenrolada quedándose simplemente na superficie dun terreo moito máis profundo e que, de ningún xeito, calou nunha sociedade norteamericana de profundas conviccións cristianas, fundamentalmente protestantes.
O fracaso do seu pensamento veuse abocado pola realidade como dalgún xeito xa insinuei. Pese a ser o impulsor do chamado "Proxecto para o Novo Século Americano", exposto durante a presidencia de Clinton, e ser considerado como un dos núncleos do pensamento dos neoconservadores, especialmente en política exterior (pois foi un dos firmantes fundacionais xunto con Cheney, Wolfowitz, Rumsfeld, entre outros), hoxe, logo do fracaso da Guerra de Irak e os erros cometidos tras o 11-S coa impulsión dunha política unilateral, examina algunhas posibles fórmulas para que esta nova política neoliberal non sexa un fracaso. Sen embargo, ninguén pode esquecer que este tipo foi un dos firmantes dunha carta ao presidente demócrata Clinton a favor dunha segunda guerra en Irak no 1998...o que sucedeu despois, todos o coñecemos.
No próximo capítulo expoñerei a realidade práctica deste pensamento neocon, a súa significación no Mundo, enEuropa e en España.