18 mar 2007

ANUNCIOS POR PALABRAS



MEMBRO DA SECTA PROPÓN ir de vacacións a Brasil. Porque hai unha oferta de 2 x 1 de billetes de avión e sálenos a 150 euros cada un. A mín dixéronmo uns amigos que foron aló, e que estiveron 5 meses sen saír, para aforrar, e ir pa aló. O que non se pode é esperar a última hora, oiches?. Hai que encargar todo con dous meses de antelación. E non facer coma facemos sempre nesta puta secta, e deixar as cousas pa unha semana antes.

Que si, joder. Que mo dixeron uns amigos. 2 x 1 en billetes; 160 e pico euros por cabeza. Encargando con 5 meses de antelación. O que non se pode é deixar todo pa o último día, joder. Como facemos sempre. E regálanche entradas para ir ver a final da Champions League, oiches? viaxe pago.

Vamos a ver, ho. A min dixéronmo uns amigos, que estiveron sen saír unha pila de tempo, e aforraron cartos, e foron pa aló. E alquilaron un chalet con piscina, e saleulles por 750 euros, oiches? e eran 8, así que regalao. E 5 e pico euros o billete; encargándoo con 150 meses de antelación. Non como facemos nós sempre. E fanche 2 x 1 en entradas pa Champions League.

Mecagondió. Que mo dixeron uns amigos. Que foron á final da Champions League a Brasil, con cinco meses de antelación. E foron ó bar e había 2 x 1. E pediron 150 cubalibres. E regaláronlles un chalet con piscina pa 8 e 750 euros por cabeza. E aforraron de carallo e viñeron pa acó. O que pasa é que non deixaron todo para o último día. Non coma facemos sempre nesta puta secta. Oiches?


REI DE COPAS... ERES UN JODIDO DIOS, TIO. UN JODIDO DIOS. Xogador de Chica.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Joder, a min paréceme carísimo, eu teño dous colegas que foron á Regueira por 3,50 € e dábanlles unhos chicles po viaxe, estuberon seis meses sin salir pa aforrar 1,75 cada un, pero pasárono de puta madre.

Anónimo dijo...

A culpa é nosa por non ter antelación.
Que bon foi o momento no de copa onde parte dos integrantes da secta nos empaquetamos ó rei de copas para que lle contara a historia de brasil a outro.
O da final da champions foi o culmen.

Anónimo dijo...

Pois eu estou con chegouohome, e cóntovos. Personaxe que gasta dúas porras, unha de 50 cm e outra... de máis aínda.Non traballa, e cando o fai e chega cando lle peta, contesta: "¿qué me contas, amigo?se eu empezo as doce, pásame a o periódico". Viste ben e agora estamos a tomar cervexa de importación nun bar decorado en madeira mentras vemos o mar embrabecido polo temporal a través da xanela cagándonos nos que están enfrente reparando algo da estrada;esbozo un sorriso, pois chegouohome sentencia, filosófico el, "¡se chove hai que abrigarse hostia!". O Audi A3 está fora, a relentín(¿qué merda é iso do cambio climático?), pois cerca abriron un local novo, o Isis, e chegouohome xa está impaciente.
Nós no só vamos ir a Brasil cando nós pete, senón que o faremos gratis e a chegouohome despedirano no aeropuerto con cochinillo asado, coroas de flores e numerosos números de teléfono cuios donos serán morenas despampanantes e zumbonas.

Anónimo dijo...

E verda, pero so o primeiro parrafo, oiche!!!

Anónimo dijo...

Aquí cada un é máis fenómeno que o anterior. Realmente Chegouohome e o Rei de Copas son xa dous personaxes emblemáticos do noso pobo, xunto co bosteira e algún escollido máis. Enormes en tódolos sentidos, só hai que ver a resposta do protagonista do artigo, oiches?!