9 mar 2007

DO BORREGUISMO E DOS "ESPAÑOLES DE BIEN" por Tresillo


Absorto me quedei ao ler no xornal de hoxe (viernes día 9 de marzo de 2006) que estaba convocada unha concentración en Burela contra a decisión do goberno de situar a de Juana Chaos en prisión atenuada (ergo, contra a política interior do Goberno actual). Absorto porque quen a promove e o PP de Cervo (xa digo, segundo o xornal). E é que non me vou centrar nos demagogos argumentos do PP estatal para convocar esta "manifa" porque, en todo caso, manifestarse e reunirse son dereitos fundamentais proclamados na Constitución Española de 1978, os cales non só respeto profundamente, senón comparto plenamente, sendo o seu exercicio unha mostra clara da esencia democrática. Digo que non me vou centrar, non porque non me interese o tema, senón porque non estou eu pola labor de dárlle cobertura (aínda que de forma mediata) a un "Goberno" que non ten as "agallas" de dicir os verdadeiros motivos da toma da decisión, que son, en calquer caso, perfectamente adecuados á legalidade vixente (tal é como determina a lei e os tribunais). Digo que non, que non abrirei ese debate, porque ante dialécticas fundamentadas no "y tu más", un prefire deixar estes temas para o ámbeto académico e para a tertulia matutina que se ve acompañada dun bo café e dun bo interlocutor.
Pero si vou expresar a miña incredulidade e, porque non dicilo, a vergonza allea que me provoca que unha parte da nósa clase política local ande promovendo estos fregados que aos veciños da Mariña nos importa dun xeito, cando menos que, residual. Xa sei que toda a militancia do PP local ou comarcal me chamará "mal español" ou mesmo "pro etarra"...descoñecedores, por suposto, das miñas conviccións, principios e valores. Xa sei tamén que toda esta militancia tentará acudir a este "tan trascendente acontecemento para a nósa comarca", pero fíxense, a motivación respostará, na miña humilde opinión, a unha dualidade de intereses que nada ou pouco teñen que ver co asunto (por moito cartel de ZP Traidor ou ZP Anticristo que se porte): o primeiro deles será, o poder de convocatoria que ten o "PASTOR" sobre os "BORREGOS", que sempre acudirán en masa aínda que o "protomesías" teña unha "caiada" na man para atizarlles (unhas lostregadas nas cachas e veña a aplaudir); o segundo motivo será deixarse ver, para que se sepa que se está co partido, para que, se podo, nun despiste, pedirlle ao candidato a alcalde que me asfalte o galiñeiro ou a "aira" e para que, amigo mío, me enchufes ao "nené" en tal ou cual posto.
Debo recoñecer que esta derradeira práctica descrita non é exclusiva do PP, nin moito menos, parece unha actitude política exponencialmente crecente en todos e cada un dos partidos, sobre todo, no espectro galego. Pero teño que dicir que me "fode"...si, si, que me "fode ben fodido", que andemos con estas paxareadas e non teñamos esa acción (máis alá de calquera sectarismo ideolóxico) para concentrarnos, manifestarnos e ata "cagarnos na nai que pariu" aos gobernos central e autonómic polas eternas políticas proxectadas na Mariña por todos e cada un dos executivos concorrentes. Porque A Mariña, prezados políticos, borregos e demais "españoles de bien", segue a ser unha das comarcas con peores infrestucturas e servizos de Galiza e, sen embargo, a súa acción política municipal e comarcal segue a xirar en tono aos destructivos tres ángulos da política local: o localismo, o personalismo e a sectaria demagoxia da disciplina do partido.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Tresillo realmente creo que non conseguiches captar as gravidade dos feitos acaecidos con Iñaki para con esta terra nosa.
Penso que xa postos a buscar os tres pes o gato poderíamos decir que o seu traslado ata donosti provocou un efecto mediatico sobre a capital Guipuzcuana. Paradoxicamente este tren de alta velocidade q pasa por diante da casa soamentes chega ata Bilbo; como carrexar a todas estas ordas de "democratas" que teñe a ben berrar diante da ventá de Iñaki?
Aquí é onde entra en xogo a política local. Con esta nova situación deberíase potenciar e mellorar as infrastructuras, tales como Feve, o cal pasa por diante nosa e nos afecta directamente: Eu propoño ir máis alá e crear unha liña de alta velocidade entre Cervo e Donosti, para que o máis granado da política local se deixe ver nos informativos de antena3.

Máis alá da ironía, comparto totalmente o sentimento de vergoña, en fin, está difícil que as cousas cambien, e sinceramente a política local carece moito de sentido común e bon facer; parece que sempre se ten que quitar rédito electoral a todo. Ata que non se aplique esa máxima tan galega de "amiguiños sí, pero a vaca polo que vale" a política deste concello en particular e a d moitos en xeral seguirá sen funcionar.

Bon artigo, a ver cando comentas la razón ou el mundo.

Anónimo dijo...

¿Alta velocidad? Sei que non estades o tanto da gran obra de inxenería que propoñía o finde pasado un gran sabio de Cervo mentres arreglaban unha fuga da atraida os do axuntamento (e non estaba entre eles tapafuradix):"Estan metendo o metro en Cervo, sae de Casa de Crego, envala costa abaixo ata o souto, donde terá parada e despois a empuxar, non hai presuposto de momento, para chegar a última parada na casa de Piñón no paraño e viceversa. Es que Cervo es lo más". Isto de andar toda a vida escapao polo mundo eche moito.
Un saúdo sectario.

P.D.: ¿É que foi do sr. amarillo co dos abrazos pola Coru, que non se comentou nada? ¿Ou é que non deu saído da Estrella donde se lle atragantaron os tercios?

Anónimo dijo...

Tes toda a razon Tresillo, somos imha VERGUENZA mira que non temos cousas que reibindicar pa mariña pa que se metan os gaivotos nestes fregaos. Temos o que merecemos.

P.D. Gustariame saber canta xente foi e si alomenos o 20% tiña claro de que ia o tema da marcha, cousa que dudo.

ICEMAN

Anónimo dijo...

Moi bo artigo Tresillo. Coincido plenamente contigo.
Gustaríame realmente que alguén fixera unha nova entrada comentando e valorando a decisión do goberno con respecto ao morto de fame vasco este, e a reacción da borreguioposición. Por suposto tamén se podería escribir un libro coas maxistrais intervencións dos líderes políticos dun e doutro partido nos recentes debates, empregando constantemente como ti ben dis grandes argumentos do tipo "y tu más" (daba ganas de chorar ó ver tal panda de inútiles!). En fin, animádevos.