25 mar 2007

Saint Joseph en Vigo.===>Sr. Blanco


Son as 10:30. Madrugo. Xa hai uns cantos venres que non esperto a esta hora. A eso das 11:00 xa estou listo. Encaro a rúa Coruña. Costa arriba, como non, esto é Vigo. Na miña dereita un bocadillo de pito(cara de estupor do camareiro cando mencionei este termo nun bocadillo, " es que aquí se le llama pollo"), na miña esquerda unha bolsa do gadis cun pack de estrella. Nas miñas costas a mítica maleta cun kit de supervivencia:O botellón, a sudadera(nunca se pode fiar un de pemán), unhas gafas de sol, por si lorenzo apreta e unha gorra fashion para non pasar inadvertido.

Espero ata a nova chegada do bus que sube ó Cuvi(cidade universitaria de Vigo) oindo as reprimendas dos compañeiros pola miña tardanza. Paso a tarxeta. Menudo timo o bus, 0.50€ e sendo universitario.Por diante case 25 minutos de traxecto. O bus a chapín. Sorte que me colei e poido ir sentado. Amablemente cedo un sorriso de jódete!!! á xente que me mira envidiosa. Para matar o tempo vou bebendo unhas estrellas. Ó chegar xa non queda ningunha. Nada máis baixar do bus atopome cun 20minutos. Leo unha noticia: "San Pepe congrega en el campus vigués, edición tras edición, a miles de devotos ansiosos de pasar un día divertido. Esta cita es mucho más que un botellón." Non consigo verlle ese algo máis. Que entenderán por día divertido? Xogar un parchís?. Así polo menos as nais quedan tranquilas.

A esplanada do centro comercial esta chea de xente. E eu que pensaba en ser dos primeiros....que deshonra. Ca miña camiseta do pub lacos's por bandeira busco un oco onde acomodarme para pasar ahí o resto da tarde. So penso moverme para ir mexar. Se non mexo por min claro. A medida que transcurre o día son máis fluídas as conversacións entre a xente. Viva a exaltación da amistade. Nin dios lle fai caso á música. Bueno exceptuando ós 4 jevirolos que non fan máis que empurrarse uns a outros. Intento reter na miña cabeza as miles de anecdotas que se suceden para así comentalas ó día seguinte. Non son capaz. O indio do cacique borra calquer tipo de recordo recente. Ó lonxe consigo escoitar unhas gaitas. Chego e pregunto se aceptan peticións de greites jits. Pido a laranxa foi a fonte, pensando no emocionado que se poría o Xogador de Chica de tela escoitado. O gaiteiro é de Chantada e xoga no equipo da súa aldea. Dice que en Cervo somos do monte. Intento rebater a súa teoría. Non estou en condicións.

Xa entrando a noitiña decido que é hora de retirarme. Sobretodo porque xa non me queda alcohol. Agólpome fronte dos poucos autobuses que me sacan desta ratoeira na que se convirtiu a festa. Xa é noite. Consigo asaltar un dos buses que me deixarán cerca da casa. A volta amenizase con numerosos canticos de hoy y de ayer, como "la hija del busero es un drac-queen", "miudiño", "a rianxeira" ou "español o que non bote".

Xa de retorno, e nun alarde de valentía do que despois me arrepentirei, decido que se faiga outra vez botellón despois de cear. Tras unha ducha rápida, na que estrañado atopo o meu cú asinado en múltiples zonas por rotulador permanente; e unha cea aínda máis fugaz, saio da casa. Cando me vexo no espello do portal sei que son un vampiro. Non voltarei ata o mencer.


P.D.:a ver si vos animades a vir a edicións futuras.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Falto un ano e xa mexamos nas tradicións ancestrais! Non fustes putear ás de Telepizza!!! ainda van pensar que nos pasou algo, ou e que xa non nos deixan entrar? En todo caso, caeume a lagrimiña por perderme a mellor festa universitaria de galicia, sobretodo ahora que me levantaron a prohibición de entrar no Modo, catro anos despois. Bueno, conta conmigo pa cando esteñas de examenes e eu acabe o ciclo, jeje.

Anónimo dijo...

No telepi estamos vetados, polos nosos comportamentos anteriores; en san teleco xa non deixaron entrar a miguez and company. Ad+ este ano creo q baixei solo no bus xq nun momento desapareceron todos, ou desaparecin eu, nn me lembro moi ben. Pero non faltou a mítica "la hija del busero" co consecuente cabreo e negación do chofer a seguir baixando. En semana santa baixat a ordenata e montamos un par de videos q teño moi vos.

Beluka dijo...

estou moi orgullosa de vosoutros. que non falten os de cervo no san pepe!!
non quero preguntar cómo acabaches a noite...
abraciños!

Anónimo dijo...

A verdade é que esa festa, na que nunca estiven, promete. A cantidade de alcohol e tempo que se lle dedica, asi como a túa crónica, realizada na súa maioría con verbos en presente, fan que decida non perderma para o próximo ano, prometido. Joder, é que con esa, as que me perdín, á que faltarei este xoves na miña facultade e outras carencias non se me quedará corpo de estudiante, en fin.

Anónimo dijo...

san pepito, !unha bosta ! e o fillo do busero non é drag.