29 mar 2007

ALWAYS CARBALLEIRA


Impresionante resaca a colleitada logo do prodixioso evento celebrado na Carballeira de Lugo, que, pese á chuvia traicioneira, conseguiu xuntar a centos de alcohólicos e alcohólicas irredutíbeis, dispostos, en palabras do Bosteira, “a estroselarse no medio da lamoada.” Este incombustíbel e xa lexendario bebedor cumpriu, inxerindo cantidades industriais de sangría e cervexa, o seu entorchado número 100 na Carballeira coa selecóm sectaria, nesta edición formada tamén pola Futura Muller Con Tricornio, MoitoMan, Pelusilla, O Home das Faragullas, o abaixo firmante e o imprevisible “atacante” Demis Nikolaidis, que deu unha vez máis mostras da súa arte. (Por certo, Arroz con Pito, eres un caguiñas). Dende esta páxina damos gracias ó Altísimo por ternos permitido acabar vivos logo de tanta bebienda sen cear (as plegarias do Bosteira e do Xogador de Chica non foron atendidas con pinchos polas camareiras de medio Lugo ás doce da noite)... E particularmente, dou gracias por haber conseguido atravesar, nun estado tan lamentábel que me daba asco y verjuensa a mi mismo, a "Avenida de McCoy" e chegar á casa de Faragullix, despois de que perdese ós meus benqueridos compañeiros de chea e acabase, persuadido pola traseira inolvidábel dunha fumeta, nese congreso naconal de farlopeiros que chaman Egipto. Amén.

P.D. As de Cordi non estaban. Perdéronse unha.
P.D. 2. Faragullix: os cubalibres sábenme e así pois teño apañado unhas cantas resacas, agora, todo ten un límite. Espertar cunha dor de cabeza criminal escoitando ó teu compañeiro de piso cantar na ducha a canción de Christina Aguilera que soa a todo meter, "Jaren trai evrygüer i lov iu sou mach minority riport", ése é un castigo demasiado grande; lo dejo, Carmiña, esto es muy estresante.


XOGADOR DE CHICA.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai que entendelo, o chaval ese día estaba de noite. Para soportar un horario tan agotador el reacciona someténdose previamente a doses extremas de música infame, desa que che taladra o cerebro, e che retumba na cabeza durante 8 días e 7 noites obrigándote a repetir os mesmos sonidos vacíos de significado unha e outra vez. Trátase dunha música tan asombrosamente mala que nin sequera ten un lado cómico que nos permitiría incluíla na nosa sección "Rulinston". Logo desta terapia o cerebro humano non é capaz de procesar ningún estímulo externo polo que te convertes nunha especie de zombi que nin sinte nin padece. Conta a lenda que o único xeito de saír deste estado de shock e someterte a unha boa ración da telebasura mencionada polo Rei de Copas.

Falando doutro tema hai que destacar o gran papel desempeñado nesta edición polo Xogador de chica. O representante cervense, axudado por litros de sangría e cañas, despregou todo o seu talento e entusiasmo piador.

Outro episodio digno de relatar foi a compra realizada, na que seguindo as indicacións do Bostas mercamos 4 litros de refrescos, 6 kg de fruta e un palé de cartóns de viño Carrefour, porque “10 litros por cabeza ben se beben ou”!! Vaia collóns.

Anónimo dijo...

FALTABA EU
A CARBA SIN MIN NON É O MESMO, SABÉDELO DE SOBRA

Anónimo dijo...

Estou de acordo, estimado Hotman. Sobre todo cando tes unhas ganas enfermizas de "ducharte".