9 mar 2007

TÚ ME ACOSTUMBRASTE... A LOS BOLEROS. polo xogador de chica



Non podemos nin queremos deixar no olvido, nesta nosa sección rulinstoniana, a un grande entre os grandes: o cantante mexicano Luís Miguel. Chegados a este punto, e agardando unha nova perla musical coa que nos obsequie (seguramente un novo salto sen rede que impulse unha xa de por sí arriscada e variada traxectoria), non viría mal dar un repaso á carreira deste auténtico mestre da “canción copular” (é dicir, cancións para foder; pero para foder el, non ti, pringadete). Tratarei de recoller o fundamental da súa aportación ó mundo da música, que, como todos sabedes, é moita de nuestro señor.
LuisMi comezou a destacar consagrando a súa portentosa voz a éxitos de pop rotundos como “Oro de ley” ou “No culpes a la noche, no culpes a la playa, no culpes a la lluvia, será que no me amas,” sendo esta unha revoluconaria versión dos Jackson Five. O seu “Ya no sé, ya no sé, ya no sé qué voy a hacer”, antolóxico, ben puido ser a causa do palidecemento repentino de Michael, absolutamente desarmado ante a xenialidade desta relectura. Nesta etapa popera, LuisMi demostrou que, ademáis de ter un amplo rexistro vocal, sabía, ós 30, peinarse e bailar como un home en plena crise dos 40; adiantou ese xesto de soltar e recoller o micro ó instante, que tan descaradamente copiaría Tzenoa; anticipou que se podía cantar un tema superfuerteintimistaydolorido cunha sudada criminal, sorríndolle á cañona da primeira fila, e susurrando, cual papador impenitente, “pido champagne a la trescientos cuatro?”
Feito xa todo no ámbito da canción lixeira, a Lewis Michael deulle entón polos boleros. Empezou a nova andaina poñendo smokin e engalanándose todiño de flores para sustituír a súa anterior vestimenta “espantallo fashion”. E así inaugurou unha nova etapa na que nos descubriu, coa mestría habitual, excelentes pezas que ninguén coñecía, tales como “Reloj”, “Perfidia”, “El día que me quieras” ou “Sabor a mí.” Pero un peldaño por riba está a soberbia “Voy a apagar la luz para pensar en ti”, terríbel canto ó onanismo que o artista adaptou para o disfrute do gran público, creando un marabilloso “efecto Disney”: corenta e cinco violíns, trinta e catro oboes e setenta e tres suspiros “aaaahahaahahahaaaha” marca de la casa, deses que agarran polos huevos ata ó macho máis mesógheno, ata que polo ollo asoma o lagrimón. A canción resultou tan azucarada que, logo da audición, algún oínte tivo problemas coa diabetes; en fin, xente bruta hai en todos lados.
Disco tras disco, o xenio sorprendíanos e emocionábanos. Probablemente, e co corazón na man, hai que dicir que non houbo outra secuencia artística de tal calidade, coa excepción da triloxía fílmica de “El Padrino”: “Mis boleros favoritos”, “Mis boleros predilectos”, “Boleros de ayer, hoy y siempre”, “Boleros para toda la familia”, “Boleros para divorciados”, “Boleros que no me gustan”, “Boleros en clave funk-trash-metal”... Unha producción inigualable. Ademáis, sempre co afán de mellorar e nun alarde de perfeccionismo (canta humildade e que pouco ánimo de lucro), incluía disco tras disco as mesmas cancións xa interpretadas, introducindo cambios que buscasen exprimir o mellor de cada tema, cambios que eran pouco perceptibles para oídos insensíbeis; non ten culpa LuisMi de que a xente non teña nin puta idea...
Logo dos boleros, viñeron as rancheras. E o crooner latino acabou con esa tendencia ó berro e a facer o paripé da tola de Chavela Vargas, adaptando este rico legado mexicano para as quinceañeras máis cool do D. F. E pensar que hai xente que aínda prefire escoitar á vella esa, que anda por ahí poñéndose de tequila ata as cellas co maricón de Almodóvar... País!!!
Por último, o noso guapito de cara preferido grabou un esplendoroso disco de villancicos. Como non podía ser doutro xeito, o disco foi todo un éxito (dos orejas y comedura de rabo). Escoitar a súa versión de “Santa Clos –ministro de industria- llegó a la ciudad” é sentir toda a nostalxia posible dese tempo especial no que os polvoróns, os mazapáns e o espírito navideño sálenche ata polas orellas. Monumental.

Tanto talento fixo que non soubese decidirme por único vídeo. Á vosa elección deixo estas catro xoias.

1- Se che vai a vena máis pop, aquí tes a Luís Miguel dándolle á cacha impepinablemente, pegando unha especie de chimpos de canguro supermolóns, no tema “Será que no me amas.” O vídeo é tan inmenso que, o día que o vin, eran xa 700 espectadores do “YouTube” os que quedaron sen comentarios. O yeaaaaha do 0:54 é impagable, así como o xesto, segundos despois, co que obsequia ó segurata, como dicindo: “vale pelassssso...” A coreografía medra pouco a pouco, como espuma de cervexa, dende o 3:39, ata que un minuto despois LuisMi comeza a dirixir o cotarro y esto ya es demasiado para el cuerpo; o guitarrista rapea, o noso guapito de cara fai escalada, canta en spanglish, dase uns azoutes supersexys... Non se veu tal histeria femenina desde os bailes do Bosteira no poleiro do Arsenal, na década dos 90! criminal!!!! Aviso para navegantes: vas ter o “noche... lluvia... playa... amas!!!” sete semanas zumbándoche nas orellas. Irresistible.

http://www.youtube.com/watch?v=_6KU2WX7-Gw


2- Se queres velo a cantar “Amor, amor, amor” partíndose a camisa como Camarón, pero con sonrisa de papador e mirada castigadora, mentres escoitas dezasete suspiros, cliquea aquí.

http://www.youtube.com/watch?v=4Zd8qovmHfE


3- Se queres ver a Filarmónica de Berlín acompañar ó artista mentres nos canta a súa canción de “amor propio”, “Voy a apagar la luz para pensar en ti”, dalle aquí. (Por certo, á metade da canción tamén nos relata a súa primeira vez, “Contigo aprendí”. Para que logo digan que non se desnuda sentimentalmente...)

http://www.youtube.com/watch?v=5ZL0HQr-uh4


4- Por último, temos a Lewis Michael a cantarlle a Santa Clos con un swing que nin a virguen. Este vídeo non ten moita chicha, pero a canción é tremenda e a pronunciación, de manual.

http://www.youtube.com/watch?v=V8HhOjDwLMs


En fin, nada máis; disfrutade!!! E disculpade a extensión pero creo que a causa merecíao. Abur!

4 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Tresillo aprende do xogador de chica o que é ser breve.

que_me_importa_a_min dijo...

Haber para cando unha analise tan miticulosa dos cantos de Yañea,O Pardito,Vizcalla e demais tropa,cando se poñen coa cadena a todo gas no bar!Eso merece un disco de platino!

HIPER

que_me_importa_a_min dijo...

Pero vamos haber ksurro de la pradera que linda entre las new houses y la colina, hill o outeiro...porque tanta acritude con tan magno artista? Recórdoche que é un auténtico ORO DE LEY, entendessss? (ver en: http://www.youtube.com/watch?v=qYU02Op8Yqo ).
Ti non sabes recoñecer o arte...a expresión do poema feito bolero e o bolero feito corpo e alma...logo, Lewis Michel...Mira chorbo, yo soy un "incondicional" de Lois Mighel ( http://www.youtube.com/watch?v=XEstW1lPDF8 )...porque él tiene palabra de honor (http://www.youtube.com/watch?v=KDwe1vte1-o ) e ti es un cacho de merda que lle gusta un tal calamauer que nin soul, nin neghros...nin pollas. Ti sueña ( http://www.youtube.com/watch?v=CZvQBN36Ddk ) con chegar a poder guiñar o ollo ás chorbas e que che tiren as bragas...calamauer é un amargado da live, un mediocre chingador que sacou un disco en plan vinganza por non clavarlla ben á muller. A súa altura quedou xa marcada nas estrelas cando cantou a dúo con Frank Sinastra (http://www.youtube.com/watch?v=IIa4Mlpd2qw)...en fin, xa non cabe dicir máis.

Tresillo

Anónimo dijo...

BENQUERIDO TRESILLO:

Como dubidas da miña admiración por Luismi? eu atreveríame a dicir (aínda que pode que me exceda) que sinto tanto "Voy a apagar la luz para pensar en ti", como a sinte vuestra merced en sus propias carnes!

Por outro lado, como podes facer unha comparación tan de mal gusto? LuisMi e os Calamaros en su tinta xogan en dúas ligas diferentes. Está claro que o pibito nunca poderá chegar a rezumar tanta sensualidade nos suspiros nin nos azoutiños no culete, nin chegará a ter tanto éxito vendendo tantos discos iguales con distinto título. Non hai cor... Así que tranqui, tronqui, que no te amargue la vida un (ex) yonki! LuisMi xa ten un sitio no Olimpo (Hall of Fame) da canción copular, xunto a Platón, David Hasselhoff ou El Fary. Iso non llo quita ninguén, e punto.

P.D. Lluvia... playa... amas!!!
P.D. 2. yeeeeaaahahaha.

A Chupar!