5 mar 2007

XA NON HAI UN RESPEUTO!!!COÑO!!!!

Vamos a ver chavales!Si vai por vosoutros cachos de merda pinchada nun carabullo!Que carallo vos enseñaron vosos pais ou a vosa agricultura acerca do respeuto hacia os mallores.NADA!,certo!.Refirome a vos pequenos aprendices de Cervo.a GEREIXON X!
De nada vale xa as tipicas frases intimidatorias como:teño o cu pelao de salir de marxa","cando tu ainda mamabas da tetas da tua mai eu xa pillaba unhas borracheras de caer de cu","pipiolos,non vedes que vos levo vintemil cobalibres".Pois de nada xa,os chavalitos pasan por riba dos maiores,mecajo no mundo.
Ainda que,no que se refire a beber cobalibres, teñen que aprender moito,pois ainda non houbo maneira de que nos tumbara ningun destes avantaxados,pero se falamos de papar,os carallos van apretando e case se estan acercando os maiores.
Salen de marxa e algun xa dice:"tou quente!",ainda que lle leve toda a noite,fala con unha ou outra,pero o final vai papando.Outros van a un caladero,un "oasis"no medio dun mar cada vez mais esquilmao, e ali andan haber se engañan a algunha desas raparigas,todas desmelenadas e con pouca roupa,pero tamen cun polvaso cremenal!
Pero logo veñen os alumnos mais avetaxados,eses que lles un importa un collon que teñas unha prima ou irma,e velos andar coma boitres!E ou non e pa darlles tras das orellas!
Dicenme o domingo,a mediodia tomando o cafe:"xa hai tema para poñer no blo!",e logo que pasaria,preguntome,pois cun pipiolo papaou a coñecida "amiga" da secta.
Xa non hai un respeto,digome eu,o enemigo na miña familia,dirase outro,sangre de mi sangre,dira o mesmo elemento,eu que o levo de marxa a muimenta e despois andame no aren!,o mesmo fulano.Pero que vamos facer nos os maiores!Pois habra que entrarlles as cativas de vinte anos!
En fin,esperaremos que cando teñamos fillas non anden estes elemntos ainda por ahi buscando carnaza!

P.D:Pacsariños!!!!!!

O HIPER......

16 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Prezado Hiper, dende logo que hai que entrarlle a esa franxa de idade entre os 18 e 22 anos. Dígocho eu, que na miña facultade hai dignos exemplares desexosos de novas experiencias.
E é que non precisamos máis compromisos absurdos dos que xa temos...VIVA A SOLTEIRÍA E A QUENTURA!!!Neniñas, pasear de la mano de un/a churriño/a es una paksareada creminal se despois andades flirteando con todo rabo quente solitario que se precie nun pub. Xa sei, xa sei que vos gusta restregárllelo pola cara ás vosas "amigas" solteiras (ai, es que é quedado con Wildofredo a las siete y cuarto y me tengo que ir...cosas de tener novio, ya lo entendereis -cínico sorriso-). E é que un (e falo en nome da xeneración nacida na transición)xa está farto de tanta protomadura cercana aos trinta acomplexada pola súa solteiría cuxa reacción é ou, "atrapalo como puedas (aínda que non che me ghuste un carallo) que me pasa el sol pola porta" ou, mesmo, "soy una mujer liberal que gusta de carne joven e inexperta (sea, "curo as miñas ansiedades con polvos mal botados e logo arrepíntome").
Haber, compañeiras de xeración...QUE XA NON ESTAMOS PA'PAXAREADAS!!!A soteiría non é un pecado, nin un descrédito, nin un deshonor...para nós é a máis digna das condicións só revocable se hai razóns de peso suficiente (chamádelle factor X, mesmo XXX)...e non me refiro ao voso suposto exceso de grasa corporal en forma de celulitis que tanto vos preocupa. Polo tanto, nós tamén alavamos á carne fresca, aos novos aires das xeracións do '87 para diante...é máis, como diría manquiña, "son unas auténticas so machi gun", famentas de novas experiencias e sen complexos, nin estupideces da doble moral de "vou aparentar que non me gusta follar, ainda que me escorrega o potorro por ese home que dá gusto". Pode que non haxa con quen falar, en fin, mira que eu gusto da boa conversa, pero tanto dá, nós adoramos a esa nova camada de xóvenes hembras que se estremecen nada máis tocarlles e que non che impoñen condicións e cláusuas barateiras para desinhivirse.
Novas Xeracións de Machos Cervenses, enhoraboa, que carallo!!!Cada día hai máis solteira trintañera desesperada...e se non, a Suecia que segundo Sr. Blanco hai moita hembra de mente aberta (e o que non é mente)

Tresillo

Anónimo dijo...

Un observa o derroche de sabiduría que emanan os vosos comentarios e, de verdade, non sabe por onde comezar a corrovorar as taxantes definicións que sobre o mundo feminino facedes.
En catro anos, hiper e tresillo, contarei coa vosa idade, momento que agardo co cú inquieto na cadeira mentres escribo torpes palabras de pipiolo inculto e pouco vivido. Un punto álxido no que alcanzarei o cume da hombría que rezumades dende onde poderei observar o universo mentres movo beizos e cellas con xesto despectivo hacia quen aínda escala(as mulleres o único papel que fan aquí e carrexar as bebidas isotónicas).
Xa non me será necesario moverme o máis que poida, para ver canta xente interesante poido coñecer entre tant@ imbécil nos diferentes puntos de reunión social que o ambiente do lugar me propoña, non!, bastarame con buscar a huella do meu codo no bar habitual das miñas lorzas mentres bebo a cuarta 1906 a ritmo de Rechinga esperando que unha porca afortunada, futura papadora do meu falo, se confunda e entre pola porta.
Non me será necesario seguir fodendo as vértebras ó cargar cun espírito de superación que queda obsoleto na última evolución cervense, espírito que ata o do agora me permitía preguntarme qué é o que facía mal cando unha dama do meu agrado e coa que esperaba conxeniar porque unha mirada ou un peiteado revolto mo dixera se tornaba arisca e nada receptiva xa ós inicios do diálogo. Morra a educación e a galantaría, morra o enamoramento nada máis pasa por diante dos teus fuciños incrustándoche a fragancia na alma, os últimos tempos permítennos cagarnos na pouca lonxitude da súas saias e demasiada dos escotes e con iso, cubata en man e coidado de non manchar a camisa de cadros, califacalas de carne de Marosa e qué fas aínda aquí.
Fora a investigación, o escepticismo, a duda razoable. Cando vexa pasar alguén acompañado duns peitos en aparencia demasiado para él,dadas as pautas de emparellamento actuais que todos, ignorantes, deberíamos coñecer, dareime conta(¿cómo non o facería ata o de agora?) que... ela é boba!, un home vello que se fai cos favores e o corazón doutra moito máis nova sempre estará forrado e unha muller aparantemente normal que comeza algo cun pícaro é porque chegou a unha idade na que o seu metabolismo non rexe ou porque sufre algún dos síndromes cos que este entorno rápidoe impersoal se encargou de contaminar aqueles que se sitúen en determinada franxa de idade. As ganas de pixo explícao todo dunha forma barata e veloz, sen que teña que verme obligado a preguntarme porqué aquel cabrón asqueroso me pasou diante hai xa anos luz.
De todas formas, a pesar da miña evolución, xa en proceso, nunca me olvidarei, e digo isto sen tomar exemplo máis lonxano que os que considero os meus mellores colegas de andainas, digo pois, que os homes somos e parece que o seguiremos sendo durante bastante tempo, vendo o panorama, infinitamente moito máis cabróns, crueles, falsos, pillastres, mentirosos e coquetos que as mulleres, alomenos en xeral.
PD: para ti, a pesar de todo e espero, colega hiper: eu de buitre non teño un pelo, e o calificativo non merece máis explicacións. Con respecto ó outro, houbera pasado por encima do parantesco aínda que da túa filla se tratase, pois para min era importante preguntarlle de onde trouxera esa mirada, depois non puiden apartar a miña, pois xa sucumbira, e non ó revés.

Anónimo dijo...

Pues a mi si que me gusta follar¡¡¡¡¡¡¡¡y estoy más cerca de los 30 que de los 20...¡animaliños!iso, tamén da experiencia...y la experiencia...es un grado.

Anónimo dijo...

Hiper aquí hai moito resquemor, e sobre todo pola xogada do moro

que_me_importa_a_min dijo...

Hiper esto e un gran empuxon para tiralo desde aponte de vilacha, un día habemos de ter un disgusto con estas cousas senon o tempo.
Arroz con pito al escondite.

que_me_importa_a_min dijo...

Ben prezado metodista...manda carallo!!!E eu que pensaba que era o dono da "retórica" e do "estilo narrativo barroco" (o teu é casi rococo). Grandielocuente, brillante, sarcástica e caricaturesca intervención.
En fin, non vou a entrar a comentar o teu "magno ensaio" que esconde, de forma subverticia, un certo proselitismo dunha nova relixión panfeminam (poderías gañar moitos cartos cun culto tan universal). E mira ti que me dá que roer esa máxima (case lei) que expresaches tal que así: "os homes somos e parece que o seguiremos sendo [...]infinitamente moito máis cabróns, crueles, falsos, pillastres, mentirosos e coquetos que as mulleres, alomenos en xeral." Só che direi que, en termos xurídicos e dende o punto de vista dun gañán, misóxino, cargado de doble moral, hipócrita, prexuizoso (si, si, que son eu, e sigo) con escasa cultura e pobre cosmovisión, esa última alusión ("alomenos en xeral"), está ben situada, porque exclúe a eses grandes prohomes fermosos de espírito que ven a luz na alma pura da feminidade. A túa lei, que é túa, pero tamén é universal, por desgracia non se proxecta sobre moitos do noso "xénero", e incluome neste grupo para miña feliz miseria. Fíxate, eu creo que, a pesar de todo, dende perspectivas tan antagónicas temos un punto de coincidencia, a arrogancia. E non o tomes como algo despectivo, porque para min non é unha actitude soamente, e un instrumento tendencialmente útil (cada día máis) para entrabar os nosos pensamentos e escupirllos á cara (metaforicamente) ao/s noso/s interlocutores.
Espero, certamente, que sigas evitando o politicamente correcto neste foro. Un xa soporta, con desesperación, o peso do pensamento único cada vez que dá un paseo polo rueiro da cidade.

TRESILLO

que_me_importa_a_min dijo...

P.D. o politicamente correcto neste foro "debería ser" (e póñeme kantiano) o políticamente incorrecto na rúa (que non en rúa).

TRESILLO

que_me_importa_a_min dijo...

Efectivamente engañades bastante,sobre todo algun,con tanto cinismo,carcasmo e demais adxetivos.Pero eu vou o grano pois a min a retorica,o rococo e o politicamente correcto ou incorrecto,pois posomo polo forro.A verda que nestes tempos as mulleres deron un cambio radical,salen mais novas de marxa,beben mais e como non teñen a primeira relacion sendo mais novas.Con esto non quero decir que antes foran unhas frixidas,tontas do cu ou astupidas,senon que nos eramos os verdadieramente ambeciles.Non coñaciamos a arte da seduccion vos desarrollastedes prematuramente,pois saiamos pouco,e sempre cando tiñamos algun cumpleanos ou festas,e non todolos sabados.Os pipiolos con dazaseis anos xa paracia que tiñan os collons pelaos de sair,de arrimar a cebolleta.Co paso das noites,o voso instinto depredador foise agudizando,e neste momento esta no seu ponto mais desarrolado.Saides a caza e captura de presas,carne fresca ou xe madura.
E facedes ben,que carallo,aparentar outra cousa xa se facia anos ha.
A min,que xa teño canas na barba destas paxareadas,e era por escribir algo,o que faigades,pipiolos,pasoo polo forro,e papade,fodede todo canto se vos poña a tiro,que a epoca das vacas flaca xa chegara!!!!!
Ainda que algun ainda esta nesa epoca!!!!
CHUPARLA!!!!

O HIPER....

Anónimo dijo...

Pillastre, non por calificarme cun termo adquiro de inmediato as súas propiedades. Non intentes deixarme por enriba túa, pois principiante son ó lado teu. Borra esa falsa modestia, pois o médico pode calificarse de tal cando comprendeu as enfermidades humáns, e se ti es un ignorante, ¿en que chanzo me coloca iso a min, pobre albanel vido a máis?.
As situacións que vivimos día a día, a maneira de acumular experiencias e sensacións, o que nos doe e nos fai chorar, excitarnos ou meditar, coa particularidade de que non tódolos individuos o fan ó mesmo ritmo(arrogancia), é moi similar en todos nós, do que se deduce que as diferentes opinións non surxen doutra máis que dos diferentes enfoques que cada persoa lle queira dar. ¿Cál é máis sano?, difícil de decidir. Marco Aurelio dixo que a felicidade de cada un reside na calidade dos seus pensamentos, ala cada un cos seus, e particularmente, creo que eu a ti teño mui pouco que ensinarche.
Pero sí sei unha cousa, hai formas que favorecen o diálogo e a comprensión do outro, outras, máis propias da baixeza do home, da escapada fácil, do atrincheramento cego e féliz de saberse coa mellor arma, encérrannos nun bucle do que pouco se sacará en claro.
Sen necesidade do peloteo pero previo alago da túa ironía, nos meus miolos non imaxino estar a rebatirlle a un misóxino(menciónaste con frecuencia como tal), pero como eu tamén tamén leo e vexo, paréceme que na estrada da vida gustades de circular pola cuneta, onde avanzar vólvese máis esforzado e non por iso máis meritorio.
Non propoño que nos convirtamos os homes en adictos románticos a mirar para a lúa. O primeiro erro reside na diferenciación. Cando algo nos desagrade visualmente, propoñámonos coñer o porqué, e non sacar conclunsións precipitadas, poden resultar perigosas.
Hiper(tío, falas da noite como se fose unha carnicería), es un gran xeneralizador, non che basta con chamarlle matagatos ó que atropelou un nun día fatal, senón que os que monten no seu buga con frecuencia e alevosía, convírtelos en asasinos tamén. E o que é máis importante...¿qué facía o gato fóra da súa xaula?
PD:"non son as cousas o que trastornan ás persoas, senón os puntos de vista que estas adoptan respecto das cousas". EPICTETO.

Anónimo dijo...

¡JODER, pois mira que anda revolto o galiñeiro!
Por certo metodista, ¿que andabas a facer este finde por Santiago? Je,je,je.

Anónimo dijo...

Impresionante, inigualable!!!!
O combate dialéctico entre Metodista e Tresillo é pa caer deitado. Seguide así chavales!
Como membro dun xurado imaxinario, de momento victoria por puntos para Metodista, xa que non deixou algunhas frases antolóxicas, que se publicarán na súa obra: "Circular pola cuneta da estrada da vida y otros relatos de amor". Recoméndovolo! Realmente estiveche fino, si señor.

que_me_importa_a_min dijo...

Xa vexo, meu bo amigo Metodista, que tes gusto polos argumentos "magister dixit" ou, doutro xeito, polos argumentos de autoridade. Citas a un emperador estoico para ofrecer unha concepción da felicidade, e a continuación determinas unha falsa consecuencia moral dese concepto de felicidade proxectado sobre o pensamento... "A baixeza do home" dis...artrincherarse, cerrarse, circular pola cuneta? Eu vou utilizar outra falacia coma a túa, para iso citarei ao maestro Nietzsche:

"O individuo loitou sempre para non ser absorbido pola tribu. Si o intentas, a miúdo estarás só, e a veces asustado. Pero ningún precio é demasiado alto polo privilexio de ser un mesmo".

Que terrible medo a ser un mesmo, ao ego...Que obsesión polo entendemento, pola "diplomacia" e o encontro, cando o coñecemento (logo o pensamento), sendo un proceso dialéctico, implica, inevitablemente, confrontación. ¿Cres que respetar a todo mundo por igual dignifica ou faite mellor persona? Si existen ideoloxías mellores, filosofías máis universais, morais e éticas máis profundas, dereitos máis humanos, ciencias máis precisas,...hai logo, tamén, mellores personas, con máis altura e dignidade que outras. É ahí o erro de considerar a muller como "ser" inherentemente máis digno e de maior catadura ética e moral que o home. Porque se como ti dis, o primeiro erro é a diferenciación (máxima discutible), diferenciar entre home e muller (diferencia esencialmente biolóxica) a través da atribución de cualidades esenciais distintivas de carácter social e psicolóxico, ten como consecuencia a sistemática categorización moral e ética; cousa que só ten sentido nos réximes autoritarios ou nas sociedades tecnócratas (xeralmente para negarlles dereitos e capacidades). A ideoloxía da distinción dos xéneros só ten cabida no ámbeto da bioloxía, porque no ámbeto do político, xurídico, social, económico, etc. só cabe proxectar principios sobre as personas (sen engadidos). Esta cuestión é un dos cancros do noso tempo. Proclamamos como principio e dereito "a igualdade das personas"...para logo machacar na práctica (discriminación laboral, maltrato, doble moral, etc..) e idolatrar nun eido ideal.
Para min un deses principios é o da liberdade crítica (acertada, desacertada, cuestionable...)...polo tanto, calquera comportamento social, proveña de onde proveña, e digno de crítica...que pode chegar a determinar unha certeza pero nunca unha verdade. Logo, e baixando ao terreo do frívolo,...que me impide a min cuestionar a estupidez humana?que me impide a min rirme da miña propia estupidez?que me impide a min rirme do vulgar e do sofisticado?que me impide a min rirme, cuestionar o estúpido proselitismo desa nova ideoloxía panfeminam cargada de frivolidade e materialismo? Porque, meu, na maioría dos casos río por non chorar. Se esto me supón ser un puto inadaptado, un "ente" digno de sospeita...como dí o maestro, "ningún precio é demasiado alto para ser un mesmo".
¿Cres que aguantar a monótona estúpidez do políticamente correcto é unha resposta social coherente cunha conciencia crítica e democrática? Eu non, en absoluto,...alabar ou minorizar a imbecilidade ou a debilidade humana, a do home, a da muller, a do neno e a do vello, a miña e a túa, non vai construír unha sociedade mellor, nin vai estructurar unhas relacións máis pacíficas.

Esto seguirá...espero.

Tresillo

que_me_importa_a_min dijo...

Pero mira que sodes pedantes!Ebonito buscar en internet citas e frases de filosofos e demais para facerse o intelestual!QUE NOS COÑECEMOS TODOS FLIPADILLOS!
Co facil que todo e vos a darlle volta a tortilla!
Sabedes de que ia o articulo?

O HIPER.....hasta o cu de ler

que_me_importa_a_min dijo...

Hasta o cu hasta o cu, xa aburre esta nova ola de escritores cultos, o seguinte vai ser reunirse no de copa a facer tertulias tomando un café ou infusión e xogar o mus, habralle que buscar nome a esta nova xeración de intelectuais nn cres Hiper.
FONTE DO REI.

Anónimo dijo...

Rapaces, rapaces, non nos desviemos. Dádelle ó público o que quere ostia!!

PD: Arriba esas novas xeracións de intelectuais papadores! (Que pena non cumplir os requisitos mínimos).

Anónimo dijo...

Ante todo, disculparme, pois agardabas resposta e non cha din. Non dispuxen do tempo.
O seguinte expresarche a miña disconformidade con algunhas definicións que de min fas (¿tanto me coñeces?), case seguro fruto da miña torpeza á hora de escribir.
Ó gran, e en orde de aparición. Que mencione certa cita dun home escrita ou dita en determinado momento da súa vida non demostra a militancia para coa totalidade dos seus pensamentos por parte miña, senón tan só unha identificación coa sabiduría, sentimento ou razón indiscutible que dela emana. De todas formas o debate filosófico, que conmigo tes gañado de antemán, seguímolo cunha cervexa se che agrada, pois alternar citas paréceme unha forma un pouco estéril de toca-lo tema.
Dacordo co expresado no terceiro parágrafo, contas coa miña afirmación, e pregúntome cándo manifestei eu pertencer a un mundo irreal no que se respeta a todo o mundo por igual. Cada un é xuzgado día a día, constantemente, polos seus actos, pero neste mundo infame e cruel, moitas veces o veredicto gardará pouca similitude co merecido. Ti a ben seguro que o viviches, eu, o que se garda do frío cos cartóns na rúa e o que se quenta con gasóleo en sofá de pel. Por iso o meu respeto(que non vale nada), é para os que eu creo que o merecan, con indiferencia de raza, sexo, ás veces de ideoloxía e bla, bla...
En conxugancia con isto, e con pés de plomo, advírtoche, para sorpresa e alivio teu de saberte cun veciño menos aparvado do que te figurabas, que non considero á muller como "ser de maior catadura ética e moral". Tamén eu vexo os xornais, a tele, os medios, fervéndome o sangue cando comprobo ata qué punto de estupidez nos levan as últimas modas, resultando en aberracións do sentidiño tales como o goberno de paridade, que nos fai ser dirixidos por tantos estúpidos como estúpidas, "Zapa, búscate una rápido para vicepresidenta, que no llegamos", e non mediante un grupo de sabios que se ten que ser maioritariamente masculino pois a raña-los miolos, señoras, e a espabilar, que isto é algo serio, se é o revés benvido de igual maneira, non importa se o resultado garantiza o benestar, e os humáns máis peludos a cavar, repartir pizzas ou executar o que unha fémia deseñara, pois xa son abrumadora maioría nas universidades. Tamén lía, aterrado, como fai pouco unha muller reivindicaba probas "dacordo coa súa condición diferente" que se amoldaran a ela para acceder ó corpo de bombeiros dunha cidade. Claro, as probas serían máis livianas cás dos seus compañeiros con pene. Iso está ben, defende a igualdade, a integración e a construcción dunha sociedade mellor, máis xusta e feliz, donde por fin nos poderemos ir todos a tomar polo cú, cando (este só é un caso de moitos, e ti ben o sabes), fruto dunha xogada deste destino cabroncete, nos encontremos indefensos nalgunha traxedia e precisemos de axuda profesional para saír, xa que entón aparecerá unha xenial bombeiro, que, non poderá salvarte porque a súa condición biolóxica establécelle uns topes de carga moito máis baixos cós dun home, pero iso sí, mostrarache un xenial certificado co selo da consellería de turno e do Ministerio de Asuntos da Muller e gastemoloscartosencousasinnecesariasperoquegañanvotantesfieis(algunha idea vin para crear algo similar) para demostrarche que, oes, menuda desconsideración para ela morrer nesas condicións.
O Xogador de Chica fiou fino cando dixo aquilo de "á xente fódelle máis que lle chamen fea cá tonta", verdade impoluta, pois quédome cunha imaxe que se me creou non fai moito: eu máis unha rapaza coñecida miña na porta do centro comercial e un cartel anunciando non sei qué cambios neste.Un só idioma para o cartel, para qué gastar papel e recursos cando está escrito na lingua que falan 400 millóns de persoas, sentencio; sen embargo esta rapaza non sae dun asombro que a deixa indignada, pois o cartel non se escribíu na súa lingua paterna, a que usa ela e os seus, si oh, a que todos deberíamos falar, ó ritmo de gaita en calquer esquina. Paletos, inconscientes, asasinos dunha lingua de tradición, molla a palleta con toda clase de improperios dirixidos a eses centralistas da linguaxe. Pero, anque aínda non can vello, eu xa vía que algo fallaba, e ó outro lado do cartel encóntrase unha vella, quizais viúva dun falanxista, garda civil ou militante franquista, que intenta abri-la porta cargada de víveres, leva as mans ben ocupadas e co corpo tenta de abrir unha porta que consta dun muelle nas bisagras moi duro, cos ollos implora á miña compañeira, que cerra o percorrido da porta cunha falsa atención ó cartel; a anciá cansa e a miña colega non abre a porta, firme e decidida na súa condición de revolucionaria que detesta os abrigos caros nalguén maior, apártoa e ábrolle a porta á velliña, establecendo un cruce de miradas con tres vías: a da señora di que a xuventude vai mal, a da miña xefa que son un cagón vendido e a miña(hacia a segunda), que se non fora adorador dunha relixión panfeminam e ela non pesara 30 quilogramos menos a ben seguro que había recibi-lo seu.
Tresillo, só intenteba defender unha postura prudente para cos demáis, e sí, creo que eso pode repercutir nunha evolución positiva do meu "eu", en consencuencia volverme un pouquiño mellor do que son(que falla me fai). Tamén, por suposto, a túa esaxeración inxustificada nalgúns temas, eu véxoa así, pero non desesperes, a min resúltame cando menos entrañable e se repercute positivamente en ti, pois dalle.
PD:sabes que me dá moita vergoña, pero prometincho, mencionar en público a túa beleza, e a temor de volverme repetitivo, os teus faros, que sabes que me iluminan sempre nas noites que estou só.