29 ago 2007

ATA SEMPRE PUERTA


By HOTMAN

Tanto a nivel persoal, como todo o blog; esta entrada vai adicada a Antonio Puerta;ex xogador so Sevilla C.F e da selecón española de fútbol. Creo que todo mundo do fútbol e o deporte en xeral está consternado por esta tráxica noticia. Un rapaz de 22 anos, deportista profesional e con gran proxección no mundo do fútbol, levouno o peor enimigo que ser humano pode ter; a morte. E Aínda a ter razón Rey de Copas..-“¡ Nada nada, aqueles que fan deporte, se cuidan e comen verduras son os primeiros en ir pó pichoco!”, e desgraciadamente neste caso tivo razón, espero que non a teña nunca máis.

E creo que todos compartiredes a miña proposta, que este blog tan diverso de ideas e de opinións, rendimos unha humilde homenaxe a este ex-profesional do fútbol. Esperemos que non ocorra NUNCA MÁIS e poidamos practicar calquera deporte sen pensar no peor.

Un abrazo dende Quemeimportaamin.

PD: Non lle faigades caso a Rey de Copa, cuidádevos, aínda que un par de cubalibres non fan mal.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade que unha gran pena,o rapaz con unha gran proxección e con toda a vida por vivir,estaba esperando un fillo.Pero bueno,o seu corazón non puido resistir mais.Foise unha gran persoa e un gran futblista.D.E.P.

Anónimo dijo...

Pa que logo queirades ir xogar pachangas, o mellor é o sofaball.
Pareceme ben que se lle recorde pero pareceme excesivo, a sua vida non é máis importante que un rapaz que morre de fame en calquer punto do planeta so por saír nos medios de comunicación. Penso que se pasan con todo este circo. Pero se che fai ilusion poñer a entrada, mellor para ti

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo

que_me_importa_a_min dijo...

Estou dacordo cos dous:
Por un lado, é unha pena que morra un rapaz tan xoven e con tanto futuro por diante, está claro; pero pola outra, non se pode frivolizar coa morte de ninguén, nin darlle tanto bombo, porque ó fin e o cabo, aínda que a alguén lle poida sonar duro, non é máis que iso: unha morte.

PR

Anónimo dijo...

PR, SE SÓ É UNHA MORTE.....calo.

Estou dacordo co Sr. Blanco, pero non é que me faga ilusión poñer a entrada, o que pasa é que en parte síntome identificado coa causa, e punto como deportista aficionado que son. É certo que morren nenos e xente que non o mereze en abosuluto, pero desgraciadamente é o que lles queda, non hai remedio. Cousa totalmente diferente ó que lle ocorreu a este xogador. É máis impactante a morte repentina, que a morte esperada.

Anónimo dijo...

Non se trata só de que sexa máis impactante a morte repentina que a morte esperada... Senón daríase a mesma cobertura de información con respecto da xente que morre na carretera, ou en accidentes laborais... Ti cres que se nos dese un infarto xogando contra o Iberia (queira Dios que non pase) habería a mesma parafernalia? O que está claro é que os medios de comunicación só pretenden facer diñeiro, e se por iso é necesario diferenciar entre persoas de primeira e de segunda, ou alimentar o morbo (e a morte dá morbo), non teñen ningún tipo de escrúpulo... A credibilidade que podan ter (educativa, informativa, de entretemento) está baixo cero. Hai xente que di que ante a morte somos todos iguais, pero cando palma un dirixente de Teléfonica, ten dez esquelas no xornal, por unha dun mariñeiro. Independientemente disto, o maior dos meus respectos para o rapaz.

Anónimo dijo...

Estou dacordo co Sr. Blanco e Xogador, menos mal que hai quen pos os puntos sobre as ies.
Por outra, "desgraciadamente é o que lles queda, non hai remedio. Cousa totalmente diferente ó que lle ocorreu a este xogador. É máis impactante a morte repentina, que a morte esperada", ¿pero cómo se che ocorre soltar semellante mamonada anque a penses? Vale que ti e máis eu debemos ser igual de solidarios cos desfavorecidos de aquí e acolá, pero decir que todo o mundo espera a morte dun pícaro, por fame en Sierra Leona, pola guerra en Irak ou por navalladas no Bronx, simplemente porque esa é a liña que levaron os que poden evitalo xa e quen pode facer algo (ti, eu e demáis inconscientes), ten tela. A morte deste rapaz é moi repentina, inesperada, pero tamen o son as outras para quen teña conciencia, e sobre o de impactantes, mira algún documental e cóntame qué é o que che impacta máis, as moscas devorando o cadaver dun rapaz en Ruanda ou a morte polo mal funcionamento do sistema circulatorio(creo) dun pobre rapaz futbolista e adiñeirado coa vida por diante.

Anónimo dijo...

Dende logo, estar vendo un partido e....... unha persoa teoricamente cunha saúde fenomenal, moi nova, e que ademais deben pasar 1 recoñecemento médico cada pouco; que caia de repente no campo sen motivo aparente. A verdade é que se che queda moi mal corpo. E que tendo moi bos médicos e unha atención case instantánea, que non podan facer nada…….. Inevitablemente eu pensei que o mesmo podería pasar calquera día na Bidueira ou no campo da Cha. E se fas ou fixeche deporte algunha vez, velo como algo cercano. En realidade tamén se me pasou pola cabeza que nunca escoitara falar dun caso destes no deporte a nivel afeccionado, e pola contra si se coñecen bastantes casos no fútbol profesional, no que o estado físico e o control da saúde dos deportistas debería ser infinitamente mellor. Dígoo porque a min, que igual son moi mal pensado, por un momento ocorréuseme que o factor doping podía ter algunha relación con eses inesperados fallos cardíacos. Pero seguramente existen outras explicacións posibles.

Con respecto ó que falabades aquí, a morte dunha persoa publicamente coñecida en circunstancias moi pouco habituais explica a gran importancia que tivo a noticia en tódolos medios de comunicación, o que me parece normal. O que non é normal son as tonterías habituais, como puxo o Xirolo, de ¡qué pena,”foise unha gran persoa”!. Foise unha persoa nova, con toda a vida por diante, e cun fillo en camiño, o cal é unha verdadeira pena. Eu laméntoo de verdade, pero ningún de nós o coñecía, polo que falar da súa valía como persoa está fora de lugar.

Anónimo dijo...

Respeto todas as vosas opinións, pero como é habitual no blog, desviámonos totalmente do tema. Simplemente fixen unha entrada coma outra calquera. Adicada a un deportista como si fora adicada ó Papa (como di o Increíble Xu)

Anónimo dijo...

Rectifico,que polo visto aqui caen paus que dan gusto,a min o chaval este,de ver o que botaban na tele dabame boas sensacions.Tamen teño que decir que se lle deu demasiado bombo,cando morren moitas persoas nese mesmo momento.Pero non sei,a min impactoume porque era un rapaz que morreu xogando o fútbol,algo que fan millons de persoas no mundo.


Xirolo