9 ago 2007

MARUKSAINAAAAAA... xogador de chica


Xa tá ahí a Maruxa e xa tarda que empece a tradicional camiñata alcohólica cara Pixitistán. Como tódolos anos hai que pagar un peaxe, logo de atracar ó Rey de Copas o ano pasado co Oiches de rigor, este ano poderiamos facer unha embarcada máis orixinal (e difícil). Propostas:

OBRIGATORIO FALAR EN CASTELÁN (EXCEPTUANDO EXCEPCIÓNS): Grande utilidade, vas quentando motores para piarlle ás piksinas. As frases poden ser memorables: parece que vas a las truchas, te va a dar una ambolia al pecho, y tú sabes a cuánto está el repollo en la feria... Outro dos atractivos é escoitar os castelanfalantes parlare galegho, como Funkymen cos seus inolvidables ksa, ksa, ou polo pikso!!!"
OBRIGATORIO FALAR EN INGLÉS: Walking by the straight of the Great Sun, painting the clown...
OBRIGATORIO FALAR COMO RAFA PLAS: Cómelle os collóns, hostiaaaa...
PROHIBIDO FALAR EN BOSTEIRÁN: Coas consabidas expresións bosta, cola cao, tupes?, estroselouse na lamoada, tullido, depósito de xurro, montón de esterco, piñón!!! ai non, que era un gato, quemeimpotaminonepotivo, que carallo te vou botar de menos se aínda non apañei un carro de molime, pícanme os collós así que veñen tres días bos, hoxe chea e mañá matar oito conexos... (Falando de ouros pó bote, opción moi efectiva).

E algunha outra opción que se vos ocorra.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

o de falar castelan pareceme de luxo, coa condicion de que os que falen castelan abitualmente teñen que falar galego e punto

que_me_importa_a_min dijo...

Moito criticar ós pixins...pero sodes primos irmáns...así que...practicamente somos iguais...XD

PR