20 ago 2007

TERCEIRO SÁBADO DE AGOSTO.


E,por fin chegou o terceiro sábado de agosto. Alí estabamos todos a media mañá na Praza do Souto, dispostos a pasar un ano máis un día de risa,bailoteo e estrovada. Uns atopabamonos vestidos para a ocasión de roupa tradicional. Paraugas,chalecos e demáis utensilios. Incluso algún fodido deixou un bigote para subliñar a seu perfeuto nariz.

Doríforo, un ano máis, encargouse do bote a petición popular. E a verdade é que non defraudou en absoluto. Comeron e beberon coma nunca por un módico precio de 20 euros, e incluso algún racaneou a escondidas algún que outro cubalibre á noite acompañado dunha jamburguer.(sublime este chaval á hora de levar as contas comentabase por alí....) O Mercado transcurreu sen consecuencias. Risas,vaciles,preguntas indescretas (chingache á do outro día Faragullas? ou se o kente caera na tentation de papar a algún tonel dos seus nas festas...), en fin, o pan de cada día da tribu cervense.

Coa barriga a punto de estoupar, dirixímonos á casa da Guventud. A nosa sorpresa é que alí se atopaba todo menos xuventude. Señores cunhas estrovadas bárbaras recordaban os tempos pasados a base de berros e chanqueiros.Mirámonos e vímonos reflexados ó momento. Máis risas. Pronto apareceron a quen andabamos a buscar. Azufaifas and friends. Conversamos e un vello interrompe. OES NENA,VAS BAIXAR POLA NOITE A FERREIRA?? O melenudo alopécico e un servidor mirámonos atónitos. Máis risas. A rapaza estupefacta miraba po señor incapaz de articular a resposta. O señor ríase. Estrovada criminal. Máis risas.

Alí seguimos un anaco máis, xogando ó pim-pom, intentando gañar terreo sesual con esta nova xeración de mulleres e descubrindo que entra a guventude xa non se leva o de poñer 100 pesetas ir ó de Charo, comprar chucherías e facer unha merendola. Agora óptase pola artesanía e as manualidades. Muy respetable.

Chegou a tarde. Máis cubalibres. Steven Tresillo preparaba o escenario a base de tilas, tónicas paquetes de cigarrilos e amagos de ambolias ó peito.

Por fin a noite. O ceo ameazaba choiva. Levouse a cabo con mestría a interpretación das ideas elaboradas por Steven. Xa podía respirar. Comezamos a servir a poción da Galia Mariñana. A xente queixabase á quinta ou sexta taza de que estaba pouco queimada. Volvían repetir. Resultado; todos estrovados. Máis risa.

Por fin a verbena. O ceo descargou. Daba igual. A naide lle importaba. Eramos irreductibles. Imparables nas ansias de disfrutar. Moi superiores a esa choiva. A auga ardente xa cumplira o seu obxectivo. A orquesta xa empezara e aquelo xa era irreversible... Algún cubalibre e o bailoteo en marcha. Comezaban os movementos.

O melenas alopécico buscaba coa mirada a posible presenza da moura e demáis arén. O papamostrencos utilizaba ó CHAVAL co ánimo de acercarse a algunha churri. Doríforo bailaba coa intención de que pronto aparecera a pequena retadora pa probar sorte. Outros coma o Señor Blanco andaban por ali mirando o reloxo,co desexo de que pasaran rápido os minutos pa facerlle unha visita ós baños da piscina. Cada quen, disfrutaba ó seu xeito da noite. Incluso La Novia Cadáver, respetaba con estoicidade as bestadas que da súa boca soltaban o Xogador de Chica e Faragullix. Máis risa.

Salido da nada empezou Chegouohome a facer gala da súa lenda.Por aquí,por alá e zaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaassssss. Papada e punto. É moi superior. Doríforo non tiña nada que facer. Él é un pasador, un asistente. Nada podía facer contra un auténtico killer. Un matador. Un finalizador. Un auténtico pistolero. Mirounos e díxonos que así se facían estas cousas. O seu peito crecía a medida que recibía as felicitacións da prole. El actuaba cual familia dos Mariña. Non era para tanto, el só facía ben o seu traballo, comentaba con seriedade. Máis risa.

Todo continuou ata as sete da madrugada,momento no que a orquesta comandada por unha voz mezcla de Busta, Bisbi e Joselito e cunha vestimenta propia dun torero (pantalos petaos e collos pa un lado tos esmagaos) dixo que ata aquí chegaban, que maña tiña que coller os bártulos e tocar en Ponferrada.


P.D.;Como di Manolo García o cantante;"nada espero,nada sé,nada tengo sólo fé".
Eu tamén fé de repetir este terceiro sabado de agosto con vos e seguir chorando de risa, porque....papar non paparemos pero rir, rímonos largo.


Doríforo sen ser Doríforo.

46 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo Burt Reynolds!!!
En primeiro lugar, hai que ensalzar o espiritu de traballo das novas xeneracións cervecenses e o seu empeño á hora de aromatizar o local.
Con respecto ó de Chegouohome... É unha besta brava, un pura sangre, un animal sesoal ó que so contadisimas "chiniñas" se poden resistir... que dicir do seu poder de seducción... incluso ten a intelixencia necesaria para aprender doutros xenios deste arte, e incorporar ó seu repertorio papador o baile da pixa de Cerveciñafría. Criminal!!!
Polo demáis, crecido tras demostrar ser superiores aos elementos, entono as emocionantes verbas de Cup: "NINGUÉN PODE COA QUEIMADA DE CERVO!!!!"

ENTENDES???????

Anónimo dijo...

Sintome orgulloso de que Cervo sexa un pobo de Castrós por excelencia...a eso se debe o éxito da Queimada!!! En fin, eu, coma Dori ex perfect body, declarome asesuarrrr!!!Non caben neste mundo absurdos exercicios dialécticos...sease, piar...basta pois con coller unha boa chuza, darlles unhos meneos para acentuar a súa crecente borrachera e...bimbaaa!!!xa está...
Metrosesual?Ubersesual?...non, a nova categoría e CHEGOUOHOME...
En calquera caso...a pesares de que por razóns coñecidas, non disfrute tanto da esencia da festa como é debido...é para min un pracer saber que aínda que caiga un mundo de auga...a nosa gran festa é irreductíbel...sempre teremos algo que contar desta data...por moita parranda que viviramos antes...

Anónimo dijo...

O prometido é deuda. É de xustiza ademais facer unha homenaxe a Doríforo e ós seus enormes collóns (eses que saca a relucir sempre que ten ocasión). Un home impredecible e misterioso, ¿quen ía decir que sería o máis cheo da festa cos seus 2 nesteas? Pois si amigos, el non ten límite. Xa nos ten acostumados a impartir leccións de elegancia, clase e última moda das que Hotman non perde detalle, empapándose neste inmenso lago de sabedoría. Este sábado decidiu levar un pouco máis alá as súas arriscadas propostas, demostrando que o seu físico escultural non se ve eclipsado por ningún tipo de indumentaria. No seu afán de superación optou por un look tipo camiseta abanderado mercada no de Delia e un impoñente mostacho. Eu mesmo podería igualar o da camiseta, pero co mostacho demostrou estar a un nivel moi superior. Este home é un artista, un provocador e un innovador (porque ese estilo de bigote non estaba aínda inventado). Pero a pesar do dito, gracias á súa hábil lingua e ó seu codiciado torso, sobrepúxose á adversidade, realizando un papel moi digno, ó mesmo tempo que esquivaba a “dor de lado”. Só se viu superado polo killer de Figueirido, que continúa nun gran estado de forma.

Amigo, todos te admiramos. Eres un valiente!!!

Anónimo dijo...

Queimada´s is diferent. Rabeei por non poder estar presente durante gran parte da xornada nese mercado tradicional tan receptor para toda a xente. Pero en canto entrei nas OLD Schools, xa me imaxinei do que puido dar de si. Doríforo. joder tio....parecías Macario, Ch. Bronson, Ernesto Sevilla. Eres moito tio.e estiveche todo o santo dia coa mesma roupa, ¡¡Ole tus eggs!!!. Pero a ese body quédalle ben calquera cousa. Un chucho meu amigo.

que_me_importa_a_min dijo...

Nom o entendo...!Andades a idolatrar a chegouohome que papou a unha paisana que tiña un pedo criminal!Enton preguntome eu:que ten de dificil?
Pasando a outra cousa,xa que esa non me parece tan trascendente,a Queimada sera sempre un dia importante nas nosas vidas,xa que ainda que teñamos sargadelos,o de facer a feira no noso irreductibel pobo,eso non ten prezo.
Ainda que este ano foi un pouco suave,esas chuzas na terraza do almacene,debido a ausencia de protagonistas.
E pola noite,mas de lo mismo,ainda que choveu de lo lindo,a xente aguantou o chaparron,e bailou,bebeu e algun ata fod....seguro.
Po ano iceman,eu e algun outro daremos unhas sorpresa,non vola perades!


hiper...

Anónimo dijo...

Pois eu estou co hiper, porque xa peca chegouohome de austero coma para encima...
Resulta que o noso Faragullas, despois de arduas horas de negociación, mantendo unha pose digna e unha sonrisa hiócrita pero constante, triúnfa sobre unha alternativilla, con un nivel de dificultade 7 sobre 10(baixo o meu ver), triúnfa digo, e aquí ninguén di nada, merecendo o tipo as máis elaboradas reverencias por aguantar(a ben seguro) un tostón sobre arte modernillo, maltrato das mascotas e "eu non me deixo levar pola moda".
E chega o rumano este, que despois de pechar a porta do seu carro de importación, pasea o body ata o de Copa con andares "a lo Clint Eastwood" para meterse uns cantos zumes dos seus(eses que lle permitiron gardar aguante para tumbar ó pique a outro sectario) e con acumular valentía para soltar todo o seu ritual de seducción, que consiste en: meneo setentero arrimando cebolleta, sorriso, qué tal estás, sorriso, baile simplón, giro, máis sorriso, man detrais da nuca e pista. En todo o proceso non se observan máis de cinco minutos de conversación, de itercambio de ideas. Chegouohome triúnfa, á vista está, agora ben, nun sector de mulleres, e cunha técnica que de meritorio, máis ben ten pouco.

Anónimo dijo...

Que queres que che diga, Metodista... Non sei se é máis meritorio o meneo sesoal do Gallego ou os suxerimentos para cambiar o mundo do Faragullix (que, dito sea de paso, ta feito un campeón). Eu véxome menos capaz de triunfar aplicando o estilo Kallon, con eses andares de kiko de pelea, esas miradas penetrantes, eses sorrisos de follador impenitente, e ese modo de bailar os pasodobles coma se fosen timbalada africana...

Anónimo dijo...

Pero eu aboio chavales!!!! ¿De verdade que estamos discutindo eso?
Onde vai a ironía característica deste blog, e que creo que creo que resulta evidente nos primeiros comentarios.
De todas formas (e aínda que non tedes nin puta idea), eu tamén voto por Chegouohome, sen lugar a dúbidas. Lo bueno, si fácil, 2 veces bueno!

que_me_importa_a_min dijo...

Noraboa...Doríforo...toda unha eminencia na arte das letras...pero eso non é ningunha novedade, xa é por todos sabido...

Unha pekena anotación: creo que acerca do lío creado entorno ó lío de Chegouohome...dicir que, aínda que pode ser que haxa xente que o ve como unha victoria, eu véxoo como unha derrota: qué falta de estilo...que vulgar...

Menos mal que aínda quedan homes con principios, verdadeiros "yentelman" coma ti...que distinguen entre "conquistar a unha dama", e "pillar carne pa unha noite"...

Esperando controlar o alcohol para non facer cousas das que poder arrepentirse...

Atentamente...

PR

Anónimo dijo...

A ver... non creo que aquí se consideren as aventuras "sesoales" de Chegouohome coma unha victoria (tampouco creo que sexan unha derrota, como ti dis). Simplemente fannos gracia os seus métodos de seducción e ironizamos sobre eles, porque (polo menos a min) parécenme máis axeitados para que se rían de ti mes e medio que para conseguir "os favores dunha dama"... O caso é que a el funciónanlle. E poden gustar máis ou menos, vale, pero non vou ser eu o chorbito que o xuzgue e o censure, nin o que lle impoña un "decálogo do bo gusto".

Por outro lado, vouno defender de tanto ataque; nin obriga a ninguén nin vai sempre pola máis chuzas da festa. E penso que dicir que son vulgares as súas maniobras para entrarlle ás tías, significa que vulgares son tamén quenes acceden ante "tan toscos y molimeros métodos." Ah! E iso de "é que ía coma unha cuba, moito me arrepinto..." Xa, xa, la culpa fue del cha cha cha. Alguén do teu bagaxe debe ter, como ti dis, máis estilo.

P.D. Non vexo o malo de "pillar carne para unha noite", sempre que os dous queiran, claro.
P.D. 2. Na Queimada demostramos, señorita, ser moi superiores a vd. alcohólica e filosóficamente, je, je. Veremos en seguintes edicións. Un chucho.

que_me_importa_a_min dijo...

Respeto o teu pensar pero:
1.-Eu non me estou quitando a culpa de nada, claro está que dous non se lían si un non kere.
2.-Se queres sentirte superior, paréceme genial, pero sen pisar ó resto. Non todos somos tan perfectos/as coma ti. Pobre do día que te equivoques.
3.-Reitero que todavía hai clases, a pesar de que (según dis ti) eu non a teña.
4.-Dos errores aprendemos.
5.-Non sei que pasa en Cervo, que 4 muerdos, dan pa falar un mes...

PR

Anónimo dijo...

Gustaríame saber quen é PR, que deduzco(espero acertar), pola forma de expresarse, que se trata da víctima de Chegouohome.
Do outro, e para Xogador, decirlle que o secundo na maioría das máximas que soltou, entre elas as referentes á conformidade das dúas partes para que se produza un rollete, a necesidade natural do home e a muller a "pillar carnaza dunha noite", e tamén por suposto(isto xa é colleita propia) o dereito a namorarse ou solta-la presa por outra. Tamén a equivocación que se comete ó miralo coma un triúnfo ou unha derrota, pois para unnha das partes sei de boa tinta que se asimilou coma un logro, da outra, a saber.
Agora ben, se ti non queres ser o chorbito que o xuzgue, o censure e lle impoña un decálogo do bo gusto, pois sereino, por exemplo, eu, que por riba teño suficiente confianza; con isto, e para non repertirme, recordar o que dixen na primeira intervención: válidos, sí, xustos, sí, e fructíferos, por suposto. Pero faltos de clase, traballo, xeneralidade e impacto. Creo.

Anónimo dijo...

Ja, ja, ja, non sei que pasa en Cervo que catro muerdos dan pa falar un mes... moi bo!!! O certo é que falamos de algo máis que dos "catro muerdos"; de Chegouohome como seductor, contigo y sin ti. Por outro lado, non sei que esperabas de xente tan abstemia sexualmente (e por suposto, non porque queiramos)... Que dicir... o de sempre; non fagas moito caso, somos unos castrones sin remedio.

Evidentemente que hai clases e formas de facer as cousas... e precisamente por iso sigo dicindo que liarse cun tio e logo chamarlle vulgar... demostra bastante falta de estilo; case máis é botarse pedras contra o propio tellado. Por certo, non nego que teñas clase; o que digo é que quizáis (e sen o quizáis tamén) iso sobraba.

Por último, o de considerarme perfecto e todo iso (cousa que non recordo ter escrito)... en fin, cala, q me vai mal. Fixate o interiorizada que temos aquí a nosa perfección que ata facemos unha enquisa para ver quen é máis feo... e felices!!! E tampouco recordo ter "pisado" a ninguén, nin negar as miñas moitas equivocacións...

P.D. Agora ben, no que supón aguantarlle o tipo á gran PR, muller de vaciles implacables (diske ia colonizar Cervo ou algo asi), si me considero (nos consideramos) CLARAMENTE SUPERIORES.
P.D. 2. Máis sentido do humor e menos indignación.

Anónimo dijo...

P.D. A MethodMan; non deberías criticar tanto a Chegouohome, el non é un seductor intelectual con ética, estética e "formación académica", coma ti (je, je); o seu baséase no puro instinto.

Anónimo dijo...

Ja,ja, xa o sei Xogador, frustrados afeminados coma min precisan de equivocarse e formarse para ir tirando, as bestas bravas vidas de Rumanía en preciosos corceis, relinchan naturais facéndose donos do val, puro instinto.
E despois están os verdadeiros e inigualables "gentleman", ´que según PR, teñen a súa máxima expresión e evolución en Doríforo, ata o punto de que ser un gentleman deses con "y grega", juas, juas.

Anónimo dijo...

Haber, haber...!!!Falta o meu gran comentario sobre esta discusión de besugos...Que as tías non teñen nin puta idea? Ejem,ejem!!! Pois non o creo...aínda se pode atopar algunha que ten certo sentido do humor, en pura lóxica, intelixentes e con certa clase...só hai un problema, non coñecemos a ningunha...si, si, vai tamén por vos, asiduas lectoras ao blogue!!!
Porque, máis alá dos vosos doces e impetuosos corazóns, e máis fácil conquistarvos cunha típica tópica mirada, sorriso, comentario pícaro de orixinalidade cuestionable, que mantendo cunha conversa nada pedante sobre o discurrir histórico da xunta da trocola...ah!!!outra moi boa para seducirvos e falarvos dos subvoofersss e os chips de potenza e sobre o sensible que nos poñemos ao escoitar a Don Omar...creo, sinceramente, que calquera de vós entra nestas dúas categorías: amor y mentiras; ou malo malote palo palote...e o resto? Está a opción accesoria de: estoi despechada, me cojo una chuza y me follo a cualquiera que no quiera.
Por desgraza, nos, os do clube sectario non pertencemos a categoría algunha e, aínda encima, somos como pepito grillo, cantamos as verdades do abuelo (porque esta historia e cíclica)...en fin, esperamos, impacientes, que vos emborrachedes, que non nos teñades o máis mínimo aprecio e que nos botedes un polvo, se pode ser por despetio cara outro para que aceleredes o ritmo e non pasen de cinco minutiños, que temos que repartir o tempo coa barra e os cubalibres e presumir do casquete que acabamos de botar...je,je!!!

P.D...Tresillo vuelve con ganas de "GUERRA"...

Anónimo dijo...

Diooooooooooooooooo!!!!!!!!!!! Pero veñen as nasas a rebentar!!!!!!!!!!!

Sobre a gran discusión acerca das tácticas papatorias de Chegouohome.................. xa o dixo todo o noso Xogador de Chica.

PD: Vese que levabamos tempo esperando a que saltara a lebre eh!!!!!

que_me_importa_a_min dijo...

Pois venme a memoria unha noite de sargadelos na que eu,na tienda de campaña.....jejejejeje!Enon estaba chuzas!Eu claro,a outra....pois tampouco!jejeje.

O HIPER...

que_me_importa_a_min dijo...

Sobre as tácticas papadoras só comentarei unha cousa.Seguramente me aproxime máis á do charloteo,risas e demáis que á de baile,rodilla e fregueton.Pero non critico.Cada un co que sabe facer ou considere oportuno...Non vexo eu a Faragullas bailando regueton pa papar,nin ó Rumano mantendo un charla inelectual...así que cada un ó seu xeito.Non hai máis voltas chavales...

Con respecto ó que comenta o meu amigo Tresillo, eu si coñezo a algunha que ten moitos dos rasgos que tu comentas.Desgraciadamente,ou teñen mozo ou me rexeitaron.Que dura es la life chico...(hai esperanza)

Por último methodman,desde logo que non son un gentelman nin moito menos,eso por descontado...pero tampoco me afano en conseguir os bártulos necesarios para selo.Non me importa.Respétote,xa o sabes, pero quizabeis deberías mirar un pouco o ombligo á hora de falar dos estilos dos demáis...

Doríforo.

que_me_importa_a_min dijo...

P.D.;Desde logo que o táctica do rumano é rudimentaria e todo o que queiramos...pero,ó meu parecer o criticable é aquela dama que cae ante a mesma e non ante dunha boa conversa...

Doríforo.

Anónimo dijo...

Quieto parado Doríforo, entende que estaba a falar con ironía, ergo a burla sobre o termo "gentleman" non ía contigo, nin polo feito de que o sexas ou non. Estaba a burlarme do xeito calificando da susodita e, máis xeralmente, das súas opinións, cargadas de paixón e sentimento.
A Tresillo, xa o deixo por imposible, espero que se trate dunha broma pesada ou que algún día esperte, bañado en suor, e o meu carón me encontre a un Tresillo diferente, co pelo corto e teñido, pantalóns de cadros e un exemplar de "País de las Tentaciones" na man, tomando un descafeinado con leite desnatado e comenzando a chillar horrorizado ó ver no primer telexornal un último caso de violencia doméstica mentres clama ó ceo a liberación da muller dunha vez, definitiva.
En canto ó da seducción dunha hembra calquera, direivos (anque as palabras non son miñas) algo básico e certo: seducir non é expoñer ideas mutuamente como se fose unha reunión de empresa, non o confundamos cunha charla de bar ó carón dunha amiga, aquí entra en xogo o erotismo, creando un xogo consistente en prepara-lo terreo para conocerse (que defire do anterior), botándolle toda a maxia que consigamos labrar, isto é, inxenio, perspicacia, coqueteo, etc. ¿Imaxinádesvos que impresión vos causaría unha rapaza que procura mostrar como é de primeiras e o que opina sobre isto ou aquilo, de forma sincera e clara, sen ningunha complicación? Pode que pasedes un rato ameno e agradable, pero non vos sentiredes emocionados ou excitados.
E por último, éche a sorte que teño eu, carecer de calquer personalidade definida, iso permiteme amoldarme, ir e vir co vento, non ter crenzas e asimilar as que máis me conveñan a cada momento. Destino cruel, son ente errante, ¿donde estades valores?, ¿donde a miña capacidade para crear unha persoa neste corpo, e que todo ma resbale por mui absurdo que sexa o meu facer?

que_me_importa_a_min dijo...

jajajaa...xa río, por non chorar...

Seica estamos dando un xogo que te cagas...está ben iso, polo menos cando teño a autoestima un pouco alta (que soen ser moi contadas veces), teño o antídoto: poño algo akí e a xente critica e critica...e xa volven os meus ánimos a estar polo chan XD

Metodista: eu non son a víctima de ninguén...e volvo a reiterar, parece ser que a todos vos entusiasma bastante escoitalo: que xa sei que fun falta de clase...

Xogador de chica: porque falas da arte seductora de Chegouohome e non da miña?XD eu solo son unha tía falta de estilo?...Estamos no de sempre...os homes son uns machotes e as tías unhas fáciles...(por non dicir palabras maiores que a todos se nos poden ocurrir...)

E claro que tiro pedras contra o meu tellado, porque aínda que o lío foi un lio fose con estilo ou sen él (o feito, feito está). Pero neste caso foi un lío "vulgar", normal e corrente, sen nada de chicha,...non son os que máis me atraen, ((e teño dereito a criticalo o que me salga da cona, moito máis que todos vós, porque foi o "meu lío" (perdón por non ser nas miñas verbas todo o fina que debería)) nin os que máis marcan, ¿estamos de acordo? Ti que prefires, catro muerdos a secas (anque presten) ou catro muerdos coa súa previa charla, conquista, hormigueo polas tripas...espero que estemos dacordo na opción a elixir...jeje

Acerca da túa postdata: non me indigno...non te preocupes...pero entende que a afectada son eu, e o outro 50% non aparece por ningún lado para dicir nada...XDXDXD Estou desesperada.Non sei que facer para defenderme ante os ataques irónicos dun melenas tan especial...(dígoi dende o cariño).

Tresillo: si que é unha discusión de besugos, tes toda a razón...XD
Gracias, de novo, reitero, por seguir dicíndome que carezco de calquera cualidade positiva...(non sabía que se podía xuzgar e meter no saco de "todas as mulleres" en 0,2 segundos...pero mira...); e que non coñeces mulleres maravillosas...ó mellor hai que mirarse ó espello para ver que é o que realmente che toca, e en función de eso, así será o que coñecerás...

Por certo, non sabía que unha muller que por un acto, perde a súa clase momentaneamente, pasa a perder tamén a intelixencia e o sentido do humor...gracias por abrirme os ollos...XD "nunca te acostarás..."

Pero, a pesar de todo, creo que podo estar trankila, porque si estades falando comigo ó meu nivel, será porque estades no mesmo escalafón...xa sei que mal de moitos consuelo de tontos...pero unha tonta entre iguais, e unha tonta feliz...(qué fácil é a veces acadar a felicidade eh? parece mentira)

ah!case se me esquecía...a túa teoría sobre como se conquista unha muller, ten un toque de machismo en plan época de Franco...pero bueno, neste mundo ten que haber de todo...e total, como as mulleres só se lles conquista con jilipolleces, parece que en vez de ser personas, somos unha especie de amebas sin evolucionar; pero non te vou discutir nada porque a verdade que ti pareces estar na cabeza de todas e iso é sorprendente...e que... pilotas que da gusto...solo unha curiosidade: tes moza? no caso de que a resposta sexa si:o meu sincero pesar para a rapaza (que espero que non te consinta moi a miúdo soltar pola boca semellantes sancedes, e si te consinte, tes sorte, porque dese tipo de muller sufridora cada vez quedan menos!)...XD en serio, non deixo de aprender cos vosos comentarios...enriquecedores ó 100%...

E xa acabo: polo menos pertenzo "ó resto", ás "despechadas" (si oh...que xa sei que moito peito non teño...XD) que se collen chuzas pa poder follar trankilas...pois tas moi equivocado, non necesito emborracharme pa poder botar un caskete, por ahora non chego a esos niveles de estraña calentura, pero bueno, nunca se sabe... a parte, sería moi subnormal porque follar borracha non presta nin a cuarta parte que facelo ebria (sobretodo cando o "macho" tamén está afectado polo etanol e non lle funciona a maquinaria)...e mira, si algunha vez o fixera ou fixese e me prestara...mellor pa min, non?

Doríforo: ai...pekeno saltamontes...canto sentidiño e que pouca maldade...a ver si aprendes dos teus colegas que si saben como pinchar...
¿¿¿A máxima cizaña que poder meter é:..."pero,ó meu parecer o criticable é aquela dama que cae ante a mesma e non ante dunha boa conversa"...??? ISO É TODO? madre mía...ti deberías estar no anuncio do mimosín...
E ademais, falto de autoestima: non es un "yentelman" (e a quen lle moleste o "y" grego que non o mire...)?? si que o es, o que pasa e que che falta ter un pouco máis de malicia...unha boa conversa é unha boa conversa...pero detrais teñen que vir máis cousas. Aínda que se queres saber de formas de conquista pregúntalle ó teu experto amigo "machomen" (Tresillo), que el coñece moi ben a ese obxecto da sociedade, que se diferencia do home por ter peitos e un buratiño de máis nos baixos fondos...




bó, con clase, profundo e misterioso...así ten que ser un home...quen dixo esto? Sócrates, Platón, Santo Tomé????




E xa está...xa quedei trankila (ata que me volvades acribillar...XDXD)...

UN CHUCHO MOI GRANDE QUE SODES O MELLOR!!!

que_me_importa_a_min dijo...

"Estaba a burlarme do xeito calificando da susodita e, máis xeralmente, das súas opinións, cargadas de paixón e sentimento."

¿acaso son negativos estos dous conceptos abstractos: paixón e sentimento?

Uy...non sei si é a falta de valores ou que...pero creo que estás equivocado...

que_me_importa_a_min dijo...

Por certo, Metodista, estou de acordo ó 100% co que dis da maneira de conquistar...aínda que supoño que te importará merda e media que te apoye...

un biko.

Anónimo dijo...

Encantado quedei, miña prezada Pequena Retadora, de recibir tan elocuente e certeira descrición sobre os meus rasgos sicolóxicos...sinto que estamos ante a próxima Freud e resúltame embriagador que unha veciña deste fermoso concello chegue tan alto (aquí estou, disposto cual conejillo de indias para ser o teu obxecto de estudio).
A desgraza é que eu xamais adico comentarios personais sobre ninguén...máis que de sicólogo, a miña tendencia investigadora vai polo camiño da socioloxía...é dicir, a min non me dá pola misantropía concreta e obxectiva, senón pola xeral e abstracta.
En calquera caso y al grano...para aclararche as cousas, a min a intelixencia feminina resúltame un misterio, cual dogma de la santísima trinidad,...creo nela, pero nunca a vin. Esto non é puro machismo, moito menos se desprende dunha doutrina fascista, amo a filosofía e a razón material,...é puro empirismo. E neste punto onde digo que me mostro crédulo sobre a intelixencia feminina, pois teño esperanzas sobre a metafísica, pero desgraciadamente a materia faime dudar...perdóname señor pues soy un pecadorrrr!!!
(Sigo sen ir ao terreo personal, haber se nos quedamos coa coletilla, ti integrate no colectivo se o tes a ben) Referente ao de ter moza...neso ando, cual Darwin en busca de monos. En primeiro lugar: busco un campo de traballo sobre o que dilucidar as miñas dúbidas, xúroche polo máis sagrado (miña nai, "contradictio in terminis") que o día que a atope (se queres podemos ir tomar un café) esforzareime en sacar toda a "clase", "coquetería", "inxenio" e "perspicacia" (Metodoman dixit). En segundo lugar:precisamente, como considero que nin as mulleres nin os homes somos amebas, preciso unha receptora dos meus xenes para perpetuar o meu fermoso rostro e para compartir a miña futura fortuna cun bon acordo de divorcio.
Bueno, amiga mía, princesa de un cuento infinito...estarei a espectativa das túas próximas reflexións para seguir formulando teorías sobre o universo feminino, tan complexo, diverso e disperso.

Un bico na ingle...

Tresillo

Anónimo dijo...

Miña querida paksariña:

Se non me refiro ás túas dotes seductoras e sí ás de Chegouohome, é por unha razón sinxela e ben alonxada do machismo (excusa sempre útil para féminas delicadas como pétalos de rosas); as del sí as coñezo, as túas non. Iso sí, seguro que están á altura dunha muller do teu calibre, xa que abogas polo "jogo bonito" e falas de formigueos nas tripas (que potisto)... moi prometedor!!! En todo caso, non sei exactamente se coincido contigo, teña en conta que son da secta de Cervo, e pertenzo a esa estirpe de castrones molimeiros criados entre pixos, que só sentimos tales cosquillas no estómago logo dun atracón de callos e carne asada...

Tes razón, que carallo... Non volvo opinar do teu "affaire" con Kallon, carente de dereito como estou. Pero aplaudo o teu sentido autocrítico, unha vez secados os lametazos. ÁNIMO CARI, TI APUNTAS MOITO MÁIS ALTO!!!!

Por último e para rematar... En fin, que máis quixera eu que poder secundar ó "mesías" Doríforo cando nos di "yo he visto otro mundo, existe la tierra prometida"... por agora a experiencia danos a espalda e encontrar a intelixencia e o sentido de humor femininos é, como crer en Deus, cuestión de fe. POBRE DE NOSOTROS, BESTIAS PARDAS DE TOSCAS MENTES, DESTINADOS A NO ENTENDERLAS Y CONDENADOS POR ELLO AL ONANISMO...

que_me_importa_a_min dijo...

Tresillo: vaia forma de dominar a escritura...asombrosa!!!Sabater ó teu lado é un mero aprendiz. Nótase que es un pequeno retador en toda regla!!!

Xogador de chica: que non apunto moito máis alto!!!que manía...pero bueno, tu entende o que queiras...

Para os dous (e para quen o queira!!!): non me cabe na cabeza que poidades dudar da intelixencia feminina...acaso tódalas mulleres que coñecedes son estúpidas? bueno...mellor dito: coñecedes algunha muller? (eu exclúome deste xénero e de calquer outro...son un ser asexuado para este blog!!)

Eu creo que sodes algo tozudos de máis, tanta "raza pura cervense" e tanto "peito lobo", que non vedes máis aló dos vosos fuciños (bueno, tresillo é máis aberto de mente, que nunca perde a esperanza... ;-) ) e simplemente atacades e criticades ó sexo contrario porque si. Pa min que estades equivocados, e xa me reirei o día que esteñades enconadinhos con algunha, e lle digades a todo o mundo cos ollos brillantes e sonrisa parva o moito que a queredes e todas esas paridas...(E ISO QUE POLAS VOSAS ESTADÍSTICAS, TEDES POUCAS POSIBILIDADES DE QUE SEXA INTELIXENTE...XDXDXD, ó mellor ata é unha pija desas que non pode nin romperse unha uña). E que xa me estou imaxinando a cara do melenas cando algunha lle toque ese peliño en plan "juguetón" e lle susurre "como dicías? que as mulleres somos qué? vente a dar un paseíño que che vou a demostrar o que somos...;e a cara de Tresillo? cando algunha o achuche e lle queden os peitinhos da moza á altura da cara...XDXD VÁDELAS CHAMAR VULGARES? SEN INTELIXENCIA? ABURRIDAS? JA JA JA neses momentos solo teredes sangue nunha parte do corpo...que desgracia ese descontrol fisiolóxico que sufrides eh? O voso mellor amigo soe ir por libre nos momentos claves...(si é que a natureza fallou bastante con vos, ás mulleres faríaas sen intelixencia según dicides, pero polo menos o aparato reproductor non o levan colgando...XD, e o único que lles fai relieve sérvelles para captar a atención "DOS INTELIXENTES" XDXD)

Agora seguro que me contestades co típico que soen contestar tamén as mulleres: e que non necesitamos ó sexo contrario para nada...blablabla...si, si...MENUDOS/AS HIPÓCRITAS.

Un bico con babas (que non un muerdo XD).

PR

que_me_importa_a_min dijo...

Por certo...non quero que ninguén dude da miña identidade...SON A PEKENA RETADORA...son bilingüe e sei escribir...a pesar de ter ovarios...XDXD

Anónimo dijo...

Mi estimada flor del pitiminí:

En efecto, non dubido da boa vontade de Tresi e da esperanza inquebrantable que poda ter... que, dito sea de paso, só é iso, esperanza, o último que se perde... No meu caso, que vou facer? negar o que vexo? o que me pasa? Non me fai rir unha muller (ben, de verdade) dende o paleolítico, alá cando non tiña entradas... (agora ben, sí hei de recoñecer que no teu caso hai cousas aproveitables, e que en pequenas dosis os seus artigos excitanme... intelectualmente).

En cambio, un cerebro privilexiado coma o teu debería quitarse ese vicio de responsabilizar ó machismo de todo (nin trato as mulleres por debaixo de nós nin tampouco creo telas humillado). Tampouco digas que é porque sí, somos xente (creo) medianamente razonable. Máis ben é cuestión de experiencia... e sí, coñezo un número decente de mulleres (suficiente para sacar algunha conclusión), coas cales tiven marabillosas e placenteiras conversas sobre as rebaixas de Bershka, "porque seica vuelven el verde y las rayas", e sobre os cornos que lles puxeron os seus ex-boyfriends, que por ellas "se pueden arrebolar por un prado abajo... hasta el momento en que, arrodillados, nos pidan volver."

Agora ben... o que facemos é elaborar nada máis que hipóteses, humildes conclusións quizáis equivocadas... non negamos tódalas posibilidades, pode ocorrer!!! si, si, pode que en efecto, Doríforo, a quen os "machos machitos machotes" tratamos por agora de tolo, teña razón... e acabemos baixo a influencia dunha femia bravía e dominante que consolide a posición superior e lóxica do sexo emerxente, á que estamos inevitablemente destinados... Que marabilla ter doblegado a estes trogloditas, cantos aplausos derrocharía a gran PR... Quen nos vería saíndo do bar nostalghecos de los viejos tiempos, tras unha tarde de mus e borrachera, y volviendo al hogar, a las ocho en punto, cuales perros ideales, para poder comer!!! En fin, non me entendas mal; non teño orgullo ningún, e cando teña que calar a boca, calarei; por agora, a los hechos me repito.

En por último, e sen pretender sacar peito... para ben ou para mal (haberá quen nos tome por inútiles, e igual fai ben... que me importa a min), creo que a maioría dos seutarios aquí firmantes temos demostrado que os nosos pipís tristes teñen, nos nosos actos, unha importancia máis ben relativa...

Resumindo, as mulleres "boas, con clase, profundas e misteriosas..." Que salgan da cueva, e despois falamos.

Anónimo dijo...

Meu prezado MELENAS.Non me entendas mal.Eu creo que ten que haber mulleres que posúan os rasgos que buscas.Creo no amor ou como lle queiras chamar...,que lle vou facer.Tamén creo en Deus asi que....en fin quizais sea un loco,un romántico,un bohemio soñador,un pailán,que sei eu...ou que únicamente me negue a idea de que non hai unha fémina ca que me guste estar tanto como con vos tomando unha copa no Muiño.

Doríforo.recuperando o perfect body.

Anónimo dijo...

Bueno PR. Fúchete entonando. A última entrada fíxome certa gracia, aínda que dende logo non demostra nada acerca da intelixencia das mulleres. Ou si, porque saber empregar as súas condicións para dominar e manexar a un home é seguramente tamén un xeito de intelixencia. Certo é que polo xeral as mulleres teñen menos sentido do humor que os homes, ou é un sentido do humor diferente, pero a min si conseguen facerme rir con certa frecuencia (e sorrir máis a miúdo, porque eu non nego ser deses ós que se lles nubla parcialmente o coñecemento cando temos a unha cachonda a menos de metro e medio). Pode que ese menor sentido do humor se deba ás súas tradicionais inseguridades, pero dubidar da súa intelixencia........ é botarse un pouco da moto non chavales? Como vos coñezo bastante ben, esa “falta de fé” non me parece preocupante. De feito aínda me rin un cacho con algunhas das teorías de Tresillo.

De todas formas PR, quixera darche algúns humildes consellos, coa mellor intención. En primeiro lugar, nunca te tomes os comentarios que se fagan como un ataque, pero continúa respondendo e animando o galiñeiro (que senón os kikos abúrrensenos). Despois, procura non eliminar todo rastro de “misterio e dulcura” que poda quedar en torno a ti, porque senón van quedar aí as nasas, olvidadas. E por último, non escupas para riba, porque aquí as cousas quedan escritas e iso é darnos de qué falar. Un exemplo, “son bilingüe e sei escribir”: Si ho! Non o fas mal, pero nin que gañaras o premio Cervantes (Dios, qué muller tan intelixente. ¡Sabe escribir!!!!) Nalgúns sitios utilizas o pronome “te” cando debería ser “che”, síntoma dun bilingüismo.... daquela maneira. Pero efectivamente, isto último xa é poñerse un pouco puntilloso. Espero que sigas aportando a este blog a opinión feminina da que hai tempo que carece.

que_me_importa_a_min dijo...

Mira que me facedes rir cos vosos comentarios...(incluso a veces os releo pa poder partirme coas vosas machadinhas cervenses...!!)

SODES MOI BOA XENTE!!!!


(vou contestar máis espeso, pero agora non teño tempo nin armas...non me da para máis a neurona por hoxe...XD)

Un biko

PR

que_me_importa_a_min dijo...

Faragullas...

"Despois, procura non eliminar todo rastro de “misterio e dulcura” que poda quedar en torno a ti, porque senón van quedar aí as nasas, olvidadas."

Non sabía nin que podía ter ese rastro, pero si o tiña: porque xa perdín parte del? non me parece xusto...

Anónimo dijo...

Linda morena de ojos oscuros que nos poñen coma burros!!! (son todo un poeta cando me peta)...efectivamente, eu non vexo máis alá do que me ofrece os meus ollos...mais, non hai máis grata visión que unha bonita dama sin camisón e coa boquiña tapada co meu po....
Despois desta elexía ao amor profundo...inspirada nese clásico que deu nome ao chivato do Water Gate...direiche, efectivamente, coñezo algunha que outra muller e, mesmo, algunha pretendeu coñecerme, pero en aras de facerme o interesante e o misterioso, sempre me fixen o duro para tentar levala ao catre...pero, direiche tamén, que todo é pura apariencia, confésome, a cabeciña non me dá máis que para calar, pois creo que mellor non falar e parecer imbécil que falar e despexar todas as dúbidas. Deso deberiades aprender moito as mulleres...
Coñecer a unha muller é algo marabilloso...saber que o mundo xira entorno a ela, apreciar o complexo da súa sensibilidade e a incomprensión xeral que xenera fronte a homo cabestrus, entender que a beleza non é o principal sempre que unha sexa guapa e estea eternamente a dieta, outorgar a culpabilidade da súa anorgasmia ao escaso "tacto" do inútil que comparte a súa "alcoba"...en fin, si, é unha gran perda non compartir a vida cun ser tan escasamente egocéntrico, tan xeneroso e voluntarioso...
Pero, non te equivoques, a miña desgracia é ser, nestes tempos modernos, heterosexual e, sobor de todo, que a cabeza se someta ao mandato dos órganos do corpo que máis sangue acumulan. Logo, desde este punto, toda lóxica e razón perde o seu sentido...é ahí o motivo fundamental da miña "esperanza".
É dicir, douche a razón, algún día serei escravo das miñas palabras e terei que tragar unha por unha, mais, polo menos terei o orgullo de dicir que pensei...como din os vellos..."estaba solteiro e pensaba"...e é que o amor, miña querida retadora, cega a razón...tal vez por iso aínda se venden flores, CDs pasteleros e tamén, perdona a provocación, papa o Kallón...

que_me_importa_a_min dijo...

Tresillo: non confundas o amor co sexo...o último é máis instintivo, corriente...máis "Keimada". XDXD

Por cierto, tas como unha cabra, pero iso está ben...

Un biko po pekerrecho!!!

(repito, que xa me esmerarei máis cando teña un momentiño)

BARRILETE COSMICO dijo...

Barrilete cosmico

Ola compañeiros... hoxe, despois dun longo tempo retomei a lectura deste imprescindibel anaco de Cervo.

E teño que recoñecer que estou estupefacto do gran cambio que sufreu... non tanto en contidos (menos mal), nin na forma de afrontalos, sinon en que as novas xeracións foronse abrindo paso entre os carcamales...

Antes falábamos do que piaba o Faisa-anal, do que ligaba o hiper...

Todo perdido... agora o que triunfa é o gallego,e 1.2 ten que reforzar a sua autoestima recordandonos a todos que fodeu en sargadelos (cunha coxa). Hiper o teu non tuvo mérito... despois de 2 anos non te diches conta que o poder da Quechua e incrible...jejeje; do bostas non se soupo nin que estuvo no pueblo... a única relacion intenpestiva que tivo (sacando a o de sempre) foi co gallofa... manda carallo... quen nos via e quen nos ve..

Con respecto a discusión decirvos que o dunha conversa está moi ben... para certas horas da noite... ou a vos intelectuais... si unha rapaza se vos acerca as 5 da maña con cara de tar posuida polo calor e cunha cara de deseo criminal, non estaríades pensando ó cabo de 20 minutos de excelente conversa que haber si se decide dunha puta vez e me vota a boca?
Vos mismos... eu si, por moi intelixentes que fosen as súas divagacións.

Pois elas non son diferentes... dadevos conta.

Doriforo eso é o que che queria decir PR (que non sei quen carallo é)pero foi mais sutil, chemouche gentelman;xa,xa,xa... hai que darlles a puntilla chavales... a puntilla, que non a puntiña (bueno eso tamén, pero todo o seu tempo).
Que parecedes o Athletic de Madrid... non matades os partidos e despois nun acercamiento esporádico jodenvos o partido...
(ben querido tresillo: aplicate o conto e novamente felicidades por ese novo sobriño)

Ten que haber tempo pa todo e nesas horas triunfan os aguilillas..., non os guapos, nin os que dicen as ñoñerias mais empalagosas... olvidádevos... os mais vivos.

Para despedirme decirvos que estarei máis presente nas vosas vidas a partir de agora.

BARRILETE COSMICO dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Cando fala papá...

Anónimo dijo...

Desexo con ansias a túa participación dunha forma máis continua,xa que eres.....SUPERIOR!!!Falas e sentas cátedra.Unha noite contigo en Portonovo e vin as cousas doutra maneira...
Barri...es moi sabio...e moi grande...e cada vez máis ancho...

unha aperta.

Doríforo,boquiabierto me he quedao...

que_me_importa_a_min dijo...

BARRILETE: eres un puto as!!!

Estou completamente dacordo co que dis, e que por fin...creo que co teu comentario acabouse a discusión que traíamos entre mans...(ata calaches ó melenas...que xa é difícil)

Deberías poñernos ó rego máis veces, que si non esto parece un galiñeiro...XD!!!

Por certo, que fuches o único que puxo ó home e á muller en igualdade de condicións...:"Pois elas non son diferentes... dadevos conta." SI SEÑOR!por fin unhas palabras sabias neste blog...

Esperando máis comentarios lóxicos e coherentes:

PR

que_me_importa_a_min dijo...

ey...alguén podía meter cizaña noutro tema e así poder seguir comentando, porque este...xa está moi queimao....non?

PR

Anónimo dijo...

Non se notou a ironía? En fin, BarriWhite, sempre é interesante ler as reflexións en voz alta dun playboy implacable coma ti (e isto si que vai sen segundas)... eu anoto e aprendo... pero que carallo ten que ver co que estabamos a falar?

que_me_importa_a_min dijo...

0.2 BARRILETILLO!0.2 NON 1.2!E a quechua ta ben pa ti,pero pa un macho coma min quedame pequena!Non me remexia moi ben!E non me referia a este sargadelos, pero si entendiche que foi pois pa ti sera!

hiper...

Anónimo dijo...

Sinto tardar tanto, pero chegado a este punto teño que meter baza:
Metodista, como te atreves a andar falando despois de tomar hormonas pa medrar, ter que ler un puto libro pa salir a calle disfrazado de antroido? jejeje.
PR, eu mantívenme ó marxe porque son un caballero, pa min foi unha chorrada da que prácticamente nin me acordaba ó día seguinte. Pero non me arrepinto, que polo menos fai número.
Pareces maja polo que podo ler nos teus comentarios, xa te chamarei un día destes.
Faragullas, noraboa polo túa alternativilla, tas feito un campeón.
Xogador de Chica, gracias polo teu apollo, de grande quero ser coma ti.
Saludos cordiales!!!!!

Anónimo dijo...

Olé!!!!!!! Torero!
Mira pa aí!! Qué clase, que poderío!!!!! Como manexa as situacións! El non quería mollarse. Non quería facernos calar porque nos vía entretidos, pero tivo que entrar por aclamación popular. Sen embargo, a espera valeu a pena!!!!!
Calquera día chámote, entendes??! E ó carallo. Ter tes uns collóns coma balóns de praia, e un estilo, un instinto e unha categoría inigualables.
E para rematar despídese como Jose María García!!! Que grande! Eres un cachondo.
Caéronche paus neste artigo por todos lados, pero un caballero sabe comportarse. Eu creo que no fondo admirámoste.

Anónimo dijo...

Ja, ja, ja... "Calquera día chamote", "Non me arrepinto que polo menos fai número"... Vaia besta brava, o Kiko de Figueirido en todo su esplendor... Es un castigador e ó carallo, fáganche ou non che fagan caso...