
A QUEIMADA. En Baiona era día do torista e homenaxeaban ó palista ("palleiro", según o concellal de deportes da vila -non confundir con "palleirán") David Cal. O chaval miraba atónito ó concellal; "me acaba de llamar lo que me acaba de llamar???". Do seu palmarés informáranos xa Rafa Plas (campión do mundo eeeeeeeee... once veces...), pero por se acaso o tipo tivo a ben recordalo enteiro. E, oes, un fenómeno, igual gana os Xogos Olímpicos que o descenso internacional do Rego Cachón ou Xuncada, sen ter, iso sí, a extraordinaria Paloma do Trofeo Sargadelos. Polo demáis, o discurso de David, entregado, ergueu á afición: "weno, quiero daros las gracias por este premio, yo no soy de aquí, pero soy de al pié, de Cangas, y weno, estoy viendo que Bayona mola y a ver si vengo por eiquí ahora que tengo vacaciones... gracias." E ahí tocounos a nós, que demos mostras das nosas grandes dotes interpretativas e de improvisación... Un éxito, moi aplaudido polos vintecinco mil presentes segundo Rafa (mil segundo a organización, 30.000 segundo a COPE), quenes degustaron despois trinta e tres mil litros de Queimada segundo Rafa (cen segundo a organización, 40.000 segundo a COPE).
OS CHULIWEYS. Coa boa noticia do nacemento dun novo Tresillo revoluconario en miniatura, saímos por ahí na madrugada a tomar uns cubaliris. E a noite, máis que unha chea, tróuxonos fondas reflexións filosóficas (!) sobre o vello artículo de Doríforo: os chuliweys. Nacen ou fanse? Atráense? Chéiranse a distancia? Aquelo parecía un congreso naconal, serían un equipo de fútbol? Politos lacoste, garsé os ombros, docker´s ou bermuditas beige, pelassoss de Pipi Estrada ou Ricardito Bofill, gafas de pasta coma as que levaba o Fagueño a traballar na alúmina (pero marca Guchi).... e as zapatillas esas de ir á ribeira que levamos usando as xeracións cervecenses, dende Pereira e Jaime ata o Hiper, para facer ese papel de mortosvivientesmalosmalotes na Queimada!!!! Criminal. Ahí está unha das razóns, un chuliwey sabe vestir (ou, aínda que non sepa, os demáis acabamos por vestir coma eles); pero non o principal. Un chuliwey, simplemente, é moito. Que será entón o que o define? Ter simplemente un BMW M3, ou ter a suficiente arrogancia, prepotencia, chulería e tontería necesarias para dicir "bufffff, yo a esa le petaba el cacas en el BMW pero de lujo, tio, aunque la tía es de la especie mesa camilla, juas, juas, es que me parto.... y mira que pintas tiene ese, fijo que es maricón perdido, juas, juas... y vámonos de aquí que huele a caballo..." Será quizáis o autoconvencemento de pensar que cortan o bacalao, que a xente os admira, loxicamente, cual merdáns que son o resto dos humanos? o autoconvencemento de que todo dios, sen saber moi ben por que, lles debe algo? o autoconvencemento de que todo é deles e que poden facer en calquera momento o lles apeteza, aínda que leven unha chea lamentable pola cal non articulen palabra e necesiten unha autopista para virar? Será que non só se convenceron a sí mesmos senón que tamén convenceron ó resto? Nin os cubalibres atenuaban o noxo; tomeino como un síntoma de que seremos sempre unha banda de castrones toscos y molimeros, misóghenos deleznables de vaqueros, tenes y camiseta, absolutamente cerrados en nosotros mismos.
4 comentarios:
Noraboa a Tresillo & family.
Xa ven aí unha nova xeración de corzos, bóutaros sen clase nin estilo, e con nulas habilidades sociais.
Pero volveulle a saír neno eh Tresi!!! Isto é moito. ¿Será xenético ou será algo que bota a cerámica? Eu non sei que pasa pero neste pobo por cada muller temos 14 castróns.
Sexa como sexa este cativo apunta alto, porque dende logo ten a quen parecerse.
Así é, xa temos nova xeración de irredutibeis revoluconarios cervenses, liderada por Nuno Demba & dúo Santi & Lucas (jeje), que colonizarán (como debe ser) terra patakeira. Sexa a Cerámica, os cubalibres do Moulin, o pan de Pelita ou o chorizón de Cas Charo... A tradición continúa!!!!!
probando unha cousa.
O que queda claro e que vou tardar en volver sair en Bayona oye!Foi superior a min!Onde esteñan as camisas de faisa-anal(con tenes rojos)ou os modelitos da caperou(vexase pantalon vaquero con tirantes,asi e mais facil quitalo eehhhh),que se aparten os palleiras madrileños.
O HIPER....
Publicar un comentario