16 ago 2007

GUATANEGUICONSU.... xogador de chica

A celebración das festas cervecenses tivo, para os que i loviamos as orquestras, o mesmo efecto balsámico que, supoño, terá unha boa misa para un cristiano. Porque aquí nunca dan chegado Panorama ou París de Noia, pero tampouco necesitamos chuliweys mentres haxa de beber e toquen Abusadora ou Islas Canarias. A orquestra Manila, criminaaaaaaaaaal (no máis amplo sentido da palabra), trouxo onte un espectáculo de imaxe e son inolvidable no que se mesturou o nunca visto: o día do orgullo gay, un crooner charrero que cantaba a Juanito Valderrama coa correa do can enganchada do pantalón, e unha mulata cañona (desde la República Dominicana, Bianca Romero) que bailaba as rancheras, os corridos e o funk cos mesmos pasos de... ballet??? Ante tanto talento, Barrilete disfrutaba, whiske con auga en mano, co seu baile mira-faise-así-primeiro-pon-cara-de-sobrado-logo-saca-cu-pa-fóra-como-fai-o-Fagueño-e-por-último-amaga-con-facer-un-paso-máis-rápido-do-normal-que-iso-ás-tías-ponas-a-cien. Tresillo, polo seu lado, ensaiaba os seus malladísimos pasos de merengue e cha cha cha con inigualable clase e elegancia ó ritmo de Julius Churchs: "mira como me gusta, como me gusta el bacalao, tú bacalao con papas... El bacalao es un pez que vive en aguas profundas, si tu lo quieres coger usa una vara bien dura." Mentres, Funkymen... Que vou dicir eu de Funkymen, o único home capaz de bailar provocadora e lascivamente incluso un fado de María Dolores Pradera. Todo isto por non falar do acento cubano dos ponteareáns Jocker ou da arrogancia sobre o palco do líder de Samil, unha auténtica besta do escenario, o máis grande dominador das masas dende Freddy Mercury (e Painin Uan Mor): "chavaaaal, eso de La Ventanita se quedó anticuado, entiendessssssssssssss???". Despois atacou con enerxía e paixón unha estremecedora versión de Amor que vienes cantando. Chapó, que diría o Barqueiro. Ai, as orquestras... canto nos ten feito disfrutar o dúo Cachito (de mierda)! En fin, acaban as festas e terei dende setembro un mono de sesión vermú que vai meter medo. Para cando outro disco?

3 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Si señor, pero o mais maravilloso desta orquesta foi o repertorio q se marcou @, cancions coma Loca, Detengame agente, ou en ver de Paloma coma decia el Pichona, criminalisimo habia que deixala xa contratada po ano que ven.
Arroz con pito al escondite.

Anónimo dijo...

Sempre quedará grabada esa frase antolóxica: "Entre o que choveu e o aceite que perdo está a plaza supermollada" que grande

Anónimo dijo...

P.D. Senadores, senadores!!!