30 ago 2007

Un traxe faino calquera...

Si meus ben queridos contertulios, un traxe faino calquera, e máis neste noso ben querido pobo.

Pasada a época estival e volvendo a vista cara atrais, un decátase de que vivimos no centro neurálgico mundial da confección; si rapaces!:
Cervo debe ser o pobo que máis costureiras e xastres ten por metro cadrado; pero non calquera tipo de profesionais, nooooooooooooon, que va!, que lle dera a Adolfo Domínguez, a Antonio Pernas e demáis farsantes (que predican que "la enruga es bella"), tomar edidas, patronar e coser tan ben como o fan os nosos veciños.

Estes son traxes a medida, personais e intransferibels nos que non se desperdicia nin un só centímetro de tela, o que non quere decir que a sua producción sexa exclusiva, escasa ou limitada... todo o contrario. É nesta época cando se incrementan as tiradas, xa que durante estes tres meses de verán estes profesionais aproveitan para tomar as medidas oportunas de cada un, os movementos e as compañias coas que trata ( non vaia a ser que che fagan un traxe do mellor lino cando te relacionas cos pordioseros do pobo).

É tal a súa capacidade de traballo e o empeño por facer ben as cousas, que incluso á hora de tomar datos fanno en pequenos foros in situ ou no seu defecto poñendo os apuntamentos en común en reunións a posteriori nun dos talleres clandestinos, nos que se pode chegar a conseguir un 2x1 (ou mellores ofertas).

O que sempre me custará entender é que á hora de vestirse a eles/elas (creo que son máis elas que eles pero eso non o teñen catalogado no concello) ou as súas familias van comprar fora, nunca cosen para a casa; xa se sabe "en casa del herrero..., cuchillo de palo (ou é que igual son peores modelos que os veciños).

O bo deste negocio é que hai un relevo xeneracional evidente coa mesma ou maior profesionalidade.

Concluio pedíndovos a vos asiduos lectores e si algún ten pensado casarse que o faga despois da queimada (co verán rematado) que así aforrará o traxe e os invitados só teremos que deixarnos ver polo pobo e poderemos acumular máis de un para así poder escoller; xa que dende as festas da Venta (o noso primeiro envite) hai moito tempo para recopilar datos.

Aproveito estas liñas para saludalos/as (xa que estou seguro que sin que naide o sepa len o blog) e agradecerlles de corazón que sexan así de profesionais axudando ó pobo a ir cara adiante.


Barrilete cósmico (Adrián o fillo de Patoso)

(Non vaia a ser que esto tamén sirva para dar unhas puntadas e non sepan a que traxe darllas)

Adicolle esta miña primeira entrada ós meus ben queridos amigos: cerveciñafria e mazo-legs

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Meu ben querido curmán, para ser o teu primeiro artigo, e seguindo a temática do mesmo, fias de carallo. O sarcasmo eu xa sabía que era de familia, a mala hostia, xa nin che conto...pero do dito ao escrito, arreas con ganas.
Neste senso, dicirche que todos os que nos vestimos polos pés neste pobo, aínda sendo mellores ou peores mozos, gastamos uns traxes dunha excelente calidade, só que, como fillos de humildes traballadores, vai por barrios e por épocas...hoxe tocache un Armani a ti, mañá un Versace a min...en calquera caso, nesta vida é mellor dar que vistir que andar en calzoncillos.

P.D. Fantástico artigo, só me jode que non te acordaras do teu brillante curmán...que che adicou un artigo enteiro...sen rencor, pero tes unha camisa máis no armario...je,je!!!

BARRILETE COSMICO dijo...

Gracias polos cumpridos meu, e sinto que non entraras na dedicatoria pero e que este artigo pensei en escribilo un dia estando con eles os dous, pero ti tranquilo o seguinte será mellor (non sei si me dará a neurona) e sera na tua honra. Un saudo

que_me_importa_a_min dijo...

Por todos e sabido que en Cervo, por desgraza do pobo,"radio macuto",e,"a xastreria",funciona mellor que a sanidade,pero e o que hai!.Pero sei de boa tinta de que aqueles/as que cuspiron pa riba...xa sabes.Asique o comido polo servido.
Bon artigo Barriletillo cosmico.

HIPER....en calzoncillos

Anónimo dijo...

Escribo aínda que só sexa para decir pouco máis que me encantou esta entrada, finísima ironía.
¿A quen non lle gusta fiar tomando unha cervexa?¿quén non cometeu o erro algunha vez de facer un traxe sen ter nin puta idea das medidas?En fin, contra esta corrente, a saída máis cercana chámase resignación, e unhos berros de vez en cando, tamen.