17 oct 2007

AVISO A NAVEGANTES por Tresillo


Derivado dun comentario absolutamente abxecto feito á entrada "De tu querida presencia comandante Che Guevara" firmado pola nosa prezada colaboradora Pequena Retadora só cabe dicir que aquí, neste blogue deslenguado, incorrecto e, sobre todo, libre...só cabe dicir que aquí, aquí non cabe...repito non cabe, valgan todas as redundancias.
Como membro fundador e creo que en nome de todo o resto de membros e colaboradores asiduos, desprezamos, rexeitamos, asqueamos e, por suposto, condeamos calquera comentario de índole personal que pretenda atacar á dignidade e integridade moral de calquera. Condea máis contundente sobre todo se quen emite tales despectivos, baleiros e vergonzosos comentarios o fai COBARDEMENTE dende o anónimato. Non podemos admitir tales feitos, pois non cabe confundir ironía, sarcasmo e provocación (producto da intelixencia e da razón) con inxurias, repito, inxurias contra ninguén (o merdán ou merdeira que as escribiu pode ir buscando no diccionario o que significa unha inxuria e tamén pode mirar o que conlevan nun Código Penal).
Ata agora a participación no blogue a xeito de comentario foi totalmente libre. Dende o principio asumimos este risco pois, máis alá de que nos consideren e nos "autocalifiquemos" coma sectarios, cremos profundamente na liberdade de expresión e no dereito de todo o mundo a opinar e facer consideracións sobre calquera tema que plantexemos neste foro. Pero coma todo exercicio de liberdade todo ten límites e o límite é o respeto á citada dignidade e integridade moral (física xa non se diga) das persoas. Non admitiremos pois, ningún comentario máis que manifeste tan aberto e temerario desprecio cara a persona e personalidade de calquera colaborador, membro ou seguidor do Que me importa a min. Neste senso, se advertimos outra intervención na liña de comentarios que pretenda atentar contra os valores mínimos pero esenciais deste blogue, limitaremos a participación só aos "suscritos" ao "gmail" que estean plenamente identificados. Non queremos, por nada do mundo, ter que incurrir nestas medidas propias da censura doutros foros politicamente tendenciosos; de xeito que, esperamos o respeto ou, cando menos, a indiferencia dos que teñan en mente utilizar este blogue como instrumento da súa mezquindade e cobardía.
Sen outro particular máis, só cabe darlle, en nome propio e no de todos nos, o noso incondicional e desinteresado apoio e cariño á nosa estimada Pequena Retadora. Calquera que se considere verdadeiro participe deste blogue seguro que compartirá comigo que a túa presenza, a través dos teus comentarios e entradas, resulta moi constructiva e entretida e, dende logo, é un valor que non queremos perder. Ánimo para seguir nesta particular aventura "sectaria-cervecense" e absoluta indiferencia para os que queren manchar este blogue tan amado por uns e, gracias a House, odiado por moitos.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Acabo de leer o comentario... Que falta de respeto, que atropello a la razón (que diría Gardel)! Xa é triste que teñamos que censurar comentarios, pero se a xente "non vale para saír da casa" non queda máis remedio que facelo...

Anónimo dijo...

Xa hai unha semana e media que non leo o blog, e atópome con isto. Gustariame e espero que ese comentario só quede nunha simple anécdota. Non mola ese tipo de comentarios. Se non te keres identificar ala ti, pero intenta ser máis sutil e non xogar coa sensibilidade de alguén que pretende dar vidilla a este blog e é unha gran partícipe do mesmo. Un saúdo a todos e todas.

PD: PR como diria o meu amigo Tucho, PASA DE TODO TIA!!!

que_me_importa_a_min dijo...

Tresi...eres o meu ídolo. Gracias por poñerlle un pouco de sentidiño a este mundo do blogue...

Espero que non se volva a repetir unha escea así nunca máis, porque deixa demasiado que desexar...

E non lle vamos dar máis pé a esto porque non o merece...e gastalo tempo...

un bikiño pekerrecho!!!

que_me_importa_a_min dijo...

Son PR...joé...nunca macordo de identificarme...jejeje

Anónimo dijo...

Estou totalmente de acordo contigo Tresillo,e pido que quen fixo iso non o volva a repetir porque se non xente como eu no poderemos opinar.


Un abrazo,Xirolo

Anónimo dijo...

É unha verdadeira desgracia ter que aguantar as tonterias de xente mezquina que seguramente nin sequera coñeza persoalmente a esta compañeira. Sólo transmitir o meu apoio á PR e sóbre decir que espero que este tipo de comentarios non se repitan.

Un saludo.Caradecancansado

que_me_importa_a_min dijo...

En soliradidade coa nosa compañeira de blogue,so decir que si nos enteramos de quen fai eses comentarios,non vai haber piedade con el ou ela!Por non pegarlle unhas hostias!!jejejeje

hiper....

que_me_importa_a_min dijo...

na mais.

que_me_importa_a_min dijo...

non dou subido unhas fotos...vou tolear...

PR

Anónimo dijo...

Creo que este blog non está feito para ese tipo de comentarios, e espero que quen o fixo non sexa ningun ou ningunha dos cervenses. Cada un pode pensar o que queira de outros, pero non é o lugar nin as formas de expresalo.

Anónimo dijo...

Pelusilla que grande eres e que ben te expresas(e que te boto de menos moito).Dende da distacia,non sei si é a prespectiva correcta, vexo moito fume para pouco expectaculo, sinto unha bola muy grande de algo que non deixa de ser grosero pero anecdotico en si mes,o. Creo que dun gran fixose o monte enteiro. Bueno a pasalo ben x ahí e que me importa a min o nepotivo

Anónimo dijo...

Home, Sr. Blanco, sexan mais ou menos ferintes os insultos (según para quen, e ahí enténdote), o que non se pode é faltar ó respecto... nin tampouco se pode deixar que estas cousas pasen a maiores...

Anónimo dijo...

P.D. Pásao ben tío, e a ver se mandas algún correo informando das túas "fazañas" alcohólicas, que xa che responderei.

Anónimo dijo...

Pois parece que obrigades a un(é broma, non te lances xogador), a entrar neste exceso.
Exceso, que anque pouco vos importe, así o califico eu, máis que nada para non perder o fío de actuación que se segue, unha corrente de actuación e represalia preocupada por acadar a magnitude do desencadeante.
Por iso, e poñendo por diante que un pecador goza de ler cousas coherentes e normais, entre elas as publicacións de PR, e non basura sin fundamento, aquí e só aquí, o meu conxunto común é para Hotman e Sr. Blanco( que por certo, sempre nos brinda con eses soplos de imparcialidade característicos del). Ó resto, decirvos que tedes demasiado tempo libre.
O pasotismo desprendido no artículo en cuestión para este desafortunado especímen, debería poñer punto e final a un debate que se levou máis alá da súa influencia lóxica e orixinal.
Entendédeme, coincido na base con vós, pero houbera gustado dunha liña de artículo máis xeral para criticar o mesmo, sen remata-lo galiñeiro tal como debate político ou riña quinceañeira.
Polo resto. Xirolo, integridade e relido do escrito, de calquer opinión libre e desinteresada que poidas e debas facer. E os creadores, esperade a que isto leve tintes de convertirse nun foro de mala morte para sacar á luz ameazas de tal calibre, é algo bon que todo o mundo con algo que escribir o expoña, para disfrute do resto, iso é internet.
Xeito ailado, aislada postura.

Anónimo dijo...

Que queres que che diga, Methodman... eu creo que coas faltas de respecto ás persoas hai que ser o menos tolerante posible, sexa en internet ou na rúa. Non creo que faga falta esperar a que esto se convirta nun foro de mala morte para emitir "ameazas", do que se trata precisamente é de evitalo.