5 oct 2007

O RELATIVISMO CULTURAL II. O RELATIVISMO POLÍTICO E A DEMOCRACIA por Tresillo.




Observando o noso entorno contemplamos impasibles o relativismo político e social imperante. O relativismo contamina a mentalidade contemporánea. Dísenos,unha e outra vez, que nada é verdade posto que todo depende do cristal con que se mire. Queren facernos crer que non existe unha soa verdade absoluta, válida para todos os homes. Así, chégase ao extremo absurdo de concluir que nada pode calificarse como bon ou malo e, en consecuencia, cada quen pode facer o que lle veña en gana; sexa pois, tradicións como a ablación do clítorix, a vestimenta do burka afgano nas mulleres musulmanas, a lei sálica, etc..
A democracia, compréndase, mal entendida, é un dos instrumentos do relativismo. Neste sistema a “verdade” constrúese coa decisión das maiorías. Cando o mecanismo limítase a establecer as formas para decidir e elexir hai unha democracia baleira, sen contidos, á que lle estorban os principios e os valores (Dereitos Humáns, Dereitos civís e políticos, etc..). Deste xeito pódense “democratizar” os vicios e os abusos, impoñer leis absurdas. O demócrata baleiro tende ao pragmatismo. Busca eficacia, sen perxuizo de recortar as ideas e os ideais. O perigo da democracia baleira é máis evidente cando advertimos a facilidade con que se poden construir as maiorías. Somos testigos da forma en que líderes sen escrúpulos, para consolidar unha suposta opinión maioritaria, poden adquirir vontades manipulando, seducindo, impoñendo criterios pola forza, aterrorizando ou simplemente comprándoas (recordar a época Fraguiana que aínda proxecta os seus efectos na nosa sociedade galega...e logo din que os relativistas son de esquerdas...a min dáme a risa).
Unha verdadeira democracia defende a dignidade de cada persoa. Debe servir para garantir os Dereitos Humanos, que son inviolables. É un instrumento para a búsqueda do ben, recoñece que existen valores fundamentais que se deben respetar. Débese entender que a democracia non pode ser un fin en sí mesma senon unha ferramenta, un instrumento. Apréciaselle na medida que permite a participación dos cidadáns nos asuntos públicos e garante a posibilidade de elexir aos gobernantes, ao mesmo tempo que nos proporciona os instrumentos para controlar aos mandatarios e buscar un san equilibrio entre a liberdade persoal e o ben común.

1 comentario:

Anónimo dijo...

"A democracia e unha merda de sistema..., pero por desgracia e o sistema menos merda que temos"
Mas ou menos veu a decir Winston Churchill.Lamentablemente tiña toda a razón.

Caradecancansado.