24 oct 2007

Un mes no estranghero==> Sr. Blanco


Xa levo un mes aquí. Un mes sen escoltar berros castróns nin o maldito “oíches”. Nestas liñas tentarei facer unha crónica do que ten sido este mes.

Como todo, o comezo no foi especialmente agradable. Desembarquei na estación de Gante, un pouco desubicado, bueno moito para ser sincero. Chamo á coordinadora para dicirlle que xa estou na estación e resulta que non pode vir a buscarme e por riba non teño residencia ata dentro dunha semana. Collo un taxi e rumbo a un albergue xuvenil, o cal non sei onde está; o taxista é todo vontade pero non consigo facerlle entender a onde quero ir, nin sacando o carné de alberguista; chamada a coordinadora e que lle diga a dirección ó taxista; xa van polo menos 6€ de móbil. Entre conversación sque me recordaban un tanto ó gran Sandino, ubícame o barrio roxo, fundamental en Gante (a día de hoxe aínda non conseguín saber onde está).

O albergue está ben pero a miña habitación é demencial; un japo que non fala e case non fala inglés, e un grego que non lle entendo nada nese inglés ateniense que so consigue comprender o japo; serei eu o raro?.

Tras máis de dous días comendo en McDonald´s a miña cabeza empeza voltarse tola, xa me parece entender ó grego. Na comida dunha desas hamburguesas consigo distinguir a lingua de Cervantes entre tanto Ja, Neen, Dat klpot.....Ahí comezou realmente para min esta aventura erasmus, e sacoume do inferno do albergue. Coñecín a decenas de españois, xa empezo a estar ata o cu, das unha patada a unha pedra e saen corenta españois, pero moita desa xente merece a pena. Por fin, xa tiña “amigos”. Nesa mesma noite estiven ata altas horas interrelacionándome do xeito máis doado; cunha cervexa de por medio. Falando ese castellano con acento neutro (o de la meseta) conseguín gañarme algún reproche; -Tío egque no hablas como si cantaras, todos los gallegos lo hacen- Que lle vamos facer, un que ten don de linguas.

Os días pasaron entre o albergue e as saídas nocturnas (algún que outro papeleo tamén fixen) e por fin botáronme do albergue. Estaba na rúa durante as noites do sábado e do domingo, así que cal mendigo empecei a buscar un aloxamento. Unha alma caritativa (catalana, para que despois digan que son agarrados) deume cama durante esas dúas noites. O día 1 de outubro recibía miña residencia.

Cando recibín as chaves da miña residencia fun directamente a vela. Penso que Ortega Lara estaba en mellores condicións de habitabilidade. Nunca viran un antro tan cheo de merda e ruinoso. Para ir ó baño tiña que pasar por un patio de luces e mollarme todo. E po riba eran 300€/mes. Decidín poñerme a buscar piso pola miña conta; así que estiven 2 días buscando piso en internet e pateando a cidade; co meu inglés de freixulfe conseguín concertar algunhas citas para ver pisos. Pero a sorte deparábame outro destino. No mesmo piso do catalán que me acolleu quedaba unha habitación valeira. Cojonudo.

Agora vivo no centro da cidade, nun edificio que somos 10 personas (8 belgas fantasmas ós que nunca vexo) que compartimos 3 cuartos de baño e 1 cociña. A habitación non é moi grande pero está ben (si queredes vir, vide de 2 en 2 como máximo).

Este mes pasou bastante rápido; conseguín unha bici (nesta cidade é fundamental ter unha bici para moverte, o peor e volver con ela de marcha; aínda non me estroselei pero puco falta) xa teño conta bancaria; falei con matías prats e xa me deu a miña conta naranxa do ING e estou rexistrado como cidadán de Gante (Gantiano, Gantés, ?¿?¿?¿?), xa teño plenos dereitos.

O mes e os cartos fóronse principalmente en saír de martes a sábado; aquí os mércores e os xoves son demenciais; estilo Santiago pero sen entender nada do que che dicen. Teñen centos de clases de cervexas, e todas están riquísimas, ata xa non boto de menos a estrella (xa empezo a blasfemar). A anécdota ca que máis flipei foi con un galego que coñecín un día de marcha:

- Ei tío que pasa; ¿eres gallego?

- Si, de cervo.

- Ostias tío yo soy de Portonovo.

- Estudias aquí?

- Que va tío llevo 3 años aquí, esto es la hostia, los belgas tienen fiesta todos los días.

- Entonces traballas aquí?

- Que va tío, soy hijo de narco (con unha naturalidade brutal), le digo a mi viejo que mande dinero y fiesta.

- Ah vale.

- Bueno te dejo que voy hacer unos negocios por aquí, tu ya me entiendes.....

Bueno creo que xa me extendin de máis, así que cando teña novas noticias xa as irei publicando no blog. Se queredes vir ver esto (porque sei que virme ver a min impórtavos un carallo) xa sabedes, mail ou telefono(o meu móbil belga é 32487600573)

P.D. Os belgas case non se duchan e comen todo precociñado, pero teñen unha cervexa..................

P.D.2. Jonny a 13€ no super, non esta nada mal.....

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaia pedazo de aventura meu...ti si podes dicir que fuches de erasmus con esa historia...recordo unha película desas alternativillas que tiña certas coincidencias sobre esa vida...que envexa. En fin, non te irei ver, a ti, porque un anda ata o cu por tentar rematar esta puta carreira...eu si que vou vello...así que, séguenos a contar esa "perra" vida que levas en Gante.

P.D. Como vai ahí o problema da Independenza?

Anónimo dijo...

Joer tio, pareces Yuma (o vividor e mendigo ese de Ribadeo que se recorre a mariña 100 veces ó ano). Unha historia interesante á verdade. Espero que agora estañas acomodado co catalán. Nos imos pa Santiago na ponte do 1 de novembro, haber que tal!!!

Wueno un saudo tio. Que disfrutes do momento bueno.......eso, jejejejeejjeeeje, e non comas moito Mc Donalds senon ese xamós van vir moi desarrollados, jejeje.

unha aperta

que_me_importa_a_min dijo...

Joder tío esto si que vai ser o verdadeiro bombazo de telenovela, estou impaciente por saber que pasará no seguinte capítulo meterase mendigo, chegará a fin de mes, volverano botar para a calle, a vida en directo no blog.
P.D non esta nada mal o detalle da bici ti que prefirias ir para o sofá da casa en ver de ir botar unha pachanga cos compañeiros e agora tes que facer deporte para poder transportarte bestial jua jua jua como diria bisbal quien me iba a decir.
Cuidate tío.
A.C.P.E

Anónimo dijo...

Que pacha mangante!!! É certo, iso sí que é vivir un erasmus de verdade e o resto paxareadas... A ver se co tempo todo vai a mellor e te vas facendo un oco na universidade e vida gantianas, que a adaptación á cervexa xa vexo que foi rápida, je, je. Cuidate, tio, pasao ben e seguenos informando se pode ser!

Anónimo dijo...

Guapito estándar!!!menos mal que tes que andar na bici..,que co folgazán que eres,o McDonalds e a cervexa....

Pásao ben e tennos informados.Aquí xa ves...

Unha aperta!!!

Doríforo.

BARRILETE COSMICO dijo...

Esto ten moi boa pinta...
Para eso hai que valer compañeiro... si me deixan a min solo nun aeropuerto paso todo o erasmus ali metido. Me muero de miedo.

Sigue escribindo... esto quedará para contarllo ós teus netos e para rirnos nos... porque o do fillo do narco... crimianal!.

Acordate de traer toda a cervexa que che deixen porque ten que ser boa para selo mellor que a nosa estrella. Blasfemo. jejejeje

Anónimo dijo...

Na bici xa se meteu un piño, que non vos minta....jejeje...Bueno, non vos minteu que foi despois de escribir esto, pero ahora si que xa se ostiou.
Moitos bikos señor blanco, en breve estou contigo nas aventuras gantianas....xa me tarda.

Anónimo dijo...

Un saúdo chavalote.
Eu ultimamente ando algo desconectado do blog, pero agradécese ter novas túas. Mantennos informados.
Ten pinta de que vai ser unha experiencia irrepetible, así que aprovéitaa todo o que podas.
Eso sí, en canto a anécdotas puxeche o listón moi alto. Esto vai ser difícil de superar.

PD: Aprende a andar en bici animal, que xa tes idade!
¿Lembrádesvos do chaval aquel de Gondrás que saía en bici? Nunca pensamos ver a un auténtico sectario facendo o mesmo.