20 oct 2007

TROLLS>>Amarillo S.


Xa levo unha larga ausencia inxustificada por aquí. Atópome o blog revolucionado por un fillodeputa anónimo con ganas de insultar. Un xa vai moi rodado en esto de intelné e frecuenta moitos blogs entre porno e porno. Cando un blog chega a ter certa dimensión, soen aparecer personaxiños resentidos, xa seña ca vida ou cas personas que levan a cabo o blog. Son masoquistas, xa que odian a páxina e seguramente á xente que a realiza pero non poden parar de leela. Son envidiosos, sin sabelo, gustaríalles ter a tecla das persoas que critican e as súas amistades. En caso de responder, son tremendamente predecibles e si se lles chama a atención optan por insultar a diestro e siniestro ou a elaborar complexas argumentacións en favor da liberdade de expresión para demostrar a súa intelixencia. (Este último caso é o menos frecuente). Intentan ser cómicos nos seus comentarios, pero fracasan rotundamente. Moitas veces utilizan diversos nicks para darse a razón a si mesmos, lamentable. (Creo que no noso blog ainda non se deu este caso). Por suposto, acostuman ser anónimos e non teñen blog propio.

Estas son as características destes pailáns que a comunidade Friki, á que pertenezco orgulloso, denomina Trolls. Non lles hai que otorgar maior atención da que merecen, porque senón repetirán e porque non son interesantes. Se alguén é tan infeliz como para disfrutar faltando ó respeto, que lle vaia dando, xa caerá da burra. De gilipollas está o mundo cheo.

O que máis me doe neste caso é que seguramente é de Cervo (xa alguén o dixo nos comentarios). Así que farei a excepción: Rétote, imbécil, a que volvas a escribir algo de máis de dúas liñas con un nick. A ver que tamaño teñen os güevos dun Troll...

1 comentario:

que_me_importa_a_min dijo...

Tresi: non te enfades...non lle des cancha a un imbécil faltoso...si está resentido con algo ou con alguén é o seu problema...

Non merece a pena adicarlle unha entrada a xente coma esa...

Un bikinho.

PR