10 oct 2007

TELETIENDA QUEMEIMPORTAAMIN PRESENTS... (xogador de chica)

Señoras, señores, presentamos o último gran descubrimento que todos vostedes estaban agardando, e que acabará con tódolos seus problemas de conciencia: le magnifique “HISTORIA UNIVERSAL CHARTREUSSE DE MEMORIA SELECTIVA”!!! Tan extraordinario invento só leva á práctica unha máxima que seguramente compartirán con nós: “homes e mulleres temos dereito a olvidar.” Para que recordar aquelo que fixemos mal? Por que non quedarnos unicamente co positivo, ou, falando en prata, con aquelo que nos interesa? Síiiiiiiii, amigos!!!! Morte ós remordementos!!!! Á fogueira esas dúbidas que tanto estorban!!! Quite do mapa esa parte da Historia que lle é sumamente molesta!!! Esta revolucionaria idea, todo hai que dicilo, non é nosa, inspirouna (quen se non!!!) a Igrexa Católica, realizando un auténtico hito de memoria selectiva ó canonizar presuntos mártires da República á vez que se nega a que se produzan debates sobre a peliaguda cuestión do Franquismo. Verdade que é inxenioso? Ante tal mostra de talento, non podíamos senón esforzarnos facendo o primeiro relato histórico de acontecementos selectivos segundo o seu gusto: chámenos inmediatamente e indique que cousas temos que abolir para acomodar o tomo ás súas preferencias!!!!

Que é acérrimo de Ratzinger Z? Non se preocupe!!! Eliminaremos a Darwin e demáis farsantes, toda a historia da ciencia quítase de en medio coma se nada!!! Imaxina o que é atopar unicamente a teoría da creación católica, así, Como Deus Manda? Marabilloso!!!... Que é fan de Don Francisco, alias Caudillo de España por la Gracia de Dios (que era un cachondo)? Pois nada, joder, xa verá como poñemos á República a parir nun periquete... Se é que aquelo era un caos, unha orgía!!! Ah!!! Sentencias de morte Paquito??? Pero que me vienes contando, pavo chorbo... aquí o único asasinato que houbo foi o xenocidio de Paracuellos!!! Non é impresionante? Para os PePeros por convicción, especial sobre JoseMari, el mejor presidente de la historia de EspaÑÑa, coÑÑÑo... Que sabe naide do Prestige e da Guerra de Irak e quemeimportaaminonepotivo? Para elaborar este apartado, nin máis nin menos que contaremos co gran experto CAESAR VIDAL...

Pero cuidao, que en la variedad está el gusto...
Vota vostede socialista? Nada, home!!! Felipe???... buffff!!! case case comunista... GAL? quen era ese?
É liberal??? Imaxine: as desigualdades sociais que provoca o capitalismo, inencontrables!!!!
Defensor a ultranza da transición? Non hai fallo!!! A Guerra Civil non aparecerá por ningún lado!!!
Acaso é nacionalista catalán? Tranqui colega!!! Darémoslle a razón niso de que INDISCUTIBLEMENTE hai unha débeda histórica enoooorme con CatalunYa; omitiremos para iso todas as prácticas arancelarias que levou a cabo na historia o Centralista e Rancio Estado Español para favorecer o producto catalán (caro e de pouca calidade) fronte ó estranxeiro (barato e de máis calidade)... Que iso sucedeu??? Que á poboación lle supuxo unha jodienda??? Quen se acorda??!!!
Ah, xa entendo... vostede é de Quin Ball GZ... non se preocupe... A Galiza? toda a puta vida unha mártir... se emigrábamos era por desesperación, porque non tiñamos un puto peso, aínda co caro que era o viaxe... Que sí, que os andaluces eran xornaleiros e traballaban de sol a sol e nin sequera se podían pagar o billete, e nós mandábamos ós cativos que sobraban na horta para que nos trouxesen uns cartiños... pero, e a morriña??? Eso no nos lo quita nadie, amigo!!! Lo mal que lo pasamos!!! Que os irlandeses imigraban máis e máis lonxe? Na!!! eses non sinten saudade nin nada, hostia... Estamos a falar DA GALIZA.
Ou é xudeo??? No problem... Palestina non terá nin un hoco no volume, pero sí haberá 1.345 follas para recordar o holocausto nazi... E punto!!! A que é inaudito??? Díganos a que pobo pertence e ese será o pobo elixido!!!

(P.D. Do nacionalismo vasco aínda non tivemos cojones a facelo, nin do abertzale nin do de dereitas... desculpen as molestias)

Sí, sí, xa sabemos o que se está a preguntar... COMO NON SE LLE OCURRIU ESTO ANTES A NINGUÉN???... se quere ter a satisfacción de poder ver no seu manual historiográfico unicamente aquelo que lle interesa, e de poder educar aos seus fillos conforme os seus valores, é dicir, sen mariconadas, pida xa a gran “HISTORIA UNIVERSAL CHARTREUSSE DE MEMORIA SELECTIVA!!!!!!!!!!!”

Que ze no va´ de la´ mano´!!!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Quero unha xa, pero na version "borrar escenas de nocxo que das polas noites". Tio mui bon, agradecese rir tanto na distanci

Anónimo dijo...

Grande meu!!!...non hai mellor xeito de atacar a tanta imbecilidade que con sarcasmo...ata a mismisma polla de tanto siger mornings!!!