27 dic 2007

EN UNA MESA DE UN BARE, DE CUYO NOMBRE NO QUIERO ACORDARME... (amarillo s. & xogador de chica)

Tullidos/as!!!!! Estamos de aniversario! Parece mentira que levemos xa un ano tocando o carallo... Co gallo do acontecemento e, tras 293 entradas cos seus correspondentes comentarios, 189 fotos no Pixel, nonseicantas encuestas e moitas cañas no bar, cremos coñecernos e coñecervos o suficiente como para aventurarnos a predecir as vosas vidas neste ano que entra.

HOTMAN:
Augurámosche un grande futuro musical (incluso chegando a tocar no Luar), sobre todo cando cambies do estilo cantautor durmeovellas ao rock gótico, con esa nova posta en escena na que comerás galiñas vivas nos concertos. Falando de comer galiñas, campión entre os galos, no tema sesoal pasarán polas túas ambiciosas mans 5.430 kilos de carne, ou o que é o mesmo, unha ducia de mostrens (uehe).

DORÍFORO:
Proseguirás a túa ascendente carreira fichando polo Rioaveso Machinango da segunda rexional luguesa. Non colarán as túas declaracións no Retroceso, cando alegues que “teñen un proxecto firme de ascender a primeira.” Ademáis da inxección económica rioavense, Nestlé invitarate a un ano de productos gratis por soster á compañía a base de Nesteas no 2007. As rabeadas serán crimianales.

TRESILLO:
Desvelada por fin a leyenda nos vestiarios do pabellón de Cervo, e en vista de que non era para tanto, chingarás o doble que o ano pasado; de nada pasarás a nada de nada. Aconsellámosche que deixes a carreira de dereito polo canto e a danza contemporánea, porque no teu estilo apreciamos a mesma exquisitez e perda de aceite de, por exemplo, Rudolph Nureyev.

BOSTEIRA:
Atoparás quince traballos novos sen deixar ningún e, por suposto, sen acabar Forestales. Compaxinarás a vida de currante con tres mulleres en Lugo e coa carreira deportiva no Chan Roman, que, dito sea de paso, seguirá en terceira. Xa aproveitando, que sepas que non o vas dar ascendido na puta vida, así que lembra que unha retirada a tempo é unha victoria. Por certo, o Chori non pasará a ITV. ¿Sacrificio? ¿Inyección letal? ¿Envolveralo nunha bolsa, coma os gatos, e tiraralo ó río? Aproxímase un ano de grandes decisións, amigo.

SR. BLANCO:
Iniciarás unha prometedora carreira política como líder da extrema dereita belga, e farás unha Cidade da Cultura máis grande aínda ca de Santiago. Os insultos non baixarán de “fillo de puta,” ó que responderás con verbas políticamente correctas e coa retirada, cual Paco Vázquez, ao Vaticano.

BARRILETE CÓSMICO:
Sen grandes cambios. Perderás toda canta partida botes, pero sen deixar de se-lo mellor.

REY DE COPAS:
Vas acabar o ano próximo coma un cincel, delgadiño coma un fío en base á túa dieta de cocho con whisky, mentres siguen e siguen a palmar vexetarianos. A pesar de todo, non babees, chingar cero. Bas aprendeher un huebo de hortografía, por que te bas hapuntar á unibersidá. E hestudiarás. ¿Oiches?

METODISTA:
Poñerase de moda levar ornitorrincos ó lombo, e ti comprarás dous. Poñerase de moda levar luces de neón nas cexas, ti levaralas rosas. Poñerase de moda levar unha flor no cu, ti levaras un ramo (e cheirarán ben). Iso sí, a vestimenta costarache un huevo e parte do outro. Terás que hipotecar o piso e vivir debaixo dunha ponte, iso sí, a hostia de fashion.

CHEGOUOHOME:
Comezarás a recibir presións dunha mafia rumana, e cartas desas escritas con recortes de periódico, que avisarán: “mecagondiós, quedamos en que a Mariña era territorio noso. Alónxate do Oasis.” Non reacciones coma un kiko e procura evitar os axustes de contas. Por certo, comezarás a sentir unha grande atracción polo Metodista en marzo. Rexeitarate en agosto. Casaredes en setembro.

ARROZ CON PITO AL ESCONDITE / SOCIO NUMERO 8:
Cambiarás de novo o nick, pasarás a chamarte Peter Pan, porque seguirás a aparentar eternamente joven tendo trinta e pico. Iso sí, todo será froito da operación da ciruxía á que te someterás para afronta-la inevitable (acórdate) madurez. Terás un notable éxito chingador, liaraste con Isabel Preysler e poñerala ás vinte uñas sobre o seu chan de porcelanosa.

HIPER:
Non, tampouco este ano che rebentará o peito, pero casi. Daranche un novo curro na Alúmina magníficamente remunerado, que tratará de remolcar os barcos de bauxita co kayak. Sentiraste un pouquiño canso logo do curro, pero cun vaso de auga con azúcar chegará de sobra para ir de seguido ó ximnasio.

PEQUENA RETADORA:
Noraboa, descubrirás a vacuna contra o dolor de huevos, tendo moita aceptación. O protocolo social cambiará, e dos abrazos, besos ou apretóns de mans pasarase ás patadas nos collóns. Iso sí, os efectos secundarios van ser mortales. O máis liviano, almorranas. “Hemoal” darache un premio como socia de honra da empresa, o tribunal internacional procesarate por crimes contra a humanidade.

FARAGULLIX:
Faraste hippie dunha puta vez deixarás de tocarnos o carallo co reciclaxe, e de revolvernos o fígado cos teus cócteles de experimentador psicodélico. Paparás un carro de cachondas criminal, pero todas con pelos nos sobacos. Vaille dando.

CHINOSUKE:
O Sr. Blanco contratarate de arquitecto para a Cidade da Cultura que preparará en Bélxica, sendo partícipe do rotundo fracaso. Vai caer todo en baixo en canto corten a cinta inaugural.

ICEMAN:
Vas ter que hipoteca-la casa para paga-los cubalibres que se beberán na boda. Nada que non soubeses.

XOGADOR DE CHICA:
Por fin o esperado día chegará, reproduciraste coa Black-or-White, pero non todo o monte é orgasmo, empreñarala e perseguirate a Dog Street en pleno. Exiliaraste en Irlanda donde terás unha aceptación social completa debido á similitude cromática dos vosos pelexos. Os vosos fillos serán negros albinos alopécicos fanáticos de Camarón de la Isla.

LUKA PONI:
Abandonarás os estudios e, cual Michael Corleone, optarás por asumir a responsabilidade de suceder a Donal Sutherland no seu imperio cervense. Perderás todo ó cabo dun mes. E voltarás a facer outro ciclo de química, sendo de novo elixido como delegado.

PELUSILLA:
A vida do namorado é dura e acompañarás ó Sr. Blanco a Roma. Terás que afrontar un pequeno problema na vosa relación: logo do fracaso monumental da Cidade da Cultura e do exilio de Bélxica, o noso amigo pasará por unha crise esistencial creminal. Logo dunha extensa charla con Doríforo, plantexarase se o seu destino non sería máis ben “ensinar o evanxeo entre tódolos irmáns.” Cremos que un bon polvo será suficiente para contaxia-lo de ateísmo.

CERVECIÑAFRÍA:
Nuria Roca contratarate como colaborador no seu novo programa sobre sexo, e incluso liderarás unha sección que se chamará “Juntemos Orense y Pontevedra.” O movimiento de lengua “entre paréntesis” e o “baile da piksa” terán un éxito a nivel estatal tan grande coma o “Que pasa neng” ou o “baile do gorila” de Melody...

AMARILLO S.:
Trunfarás no séptimo arte. Terás un ano moi prolífico, revolucionando o mundo do cine erótico con dúas películas pornográficas nas que apenas se chinga, “Pillou os kilos navideños nos collóns” e “Dez minutiños.” Por desgracia, estas obras de arte van estar basadas totalmente nas túas experiencias persoais; arrugaránseche os huevos como uvas pasas, e dez minutiños serán todo o minutaxe dos teus avatares sesoales este ano.

6 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

PR...
Si que me espera un bon ano...XDXDXD, non sei eu se me convén moito investigar "médicamente" porque desta mente poden saír cousas moito máis perversas que unha vacuna contra o dolor de juevos...

un biko (salvádesvos por agora da patada nos wevos...)

Pd: pasádeo ben na cena do sábado en patakeirolandia!!!

Anónimo dijo...

Nada que obxectar ao pronóstico...é totalmente previsible e posible, sen embargo, respecto da recomendación, en fin, que poido esperar de dous auténticos "profesionais" da descordinación que non saben que é plausible mover o as extremidades superiores e inferiores cara un lado sen pisar nin matar a ninguén...por certo, é que eu paso do baile da piksa, son un galán sensíbel que arrima o cebolo con sutileza,....

Anónimo dijo...

As de neón teñen que ser vermellas, pero....¡¿cómo sabíades o dos ornitorrincos??!! dades medo....

Anónimo dijo...

Bueno xa sei con quen poido contar se quero facer a revolucom en Belxica.

P.D.:Espero que lle vaia ben ó rey de copas na unibersidá

Anónimo dijo...

Moi bo chavales. Aínda me rin un cacho.

En canto ó meu pronóstico non descarto nada. Case me apetece máis que o que tiña pensado facer eu. E unha cachonda é unha cachonda, se ponga como se ponga.

Anónimo dijo...

Eu non bou a unibersida que senon deixos quedar mal a todos