

Xa cumprimos un ano...si, si, parece que foi onte cando, nunha conversa de café, catro amigos decidimos abrir un blogue para dar renda solta ás nósas máis diversas e disparatadas inquedanzas. E aquí seguimos, cun "éxito" que nin nós mesmos esperabamos. Seguimos, coa ledicia de crear algo que, para ben ou para mal, non deixou idiferente a ninguén. Seguimos, coa certeza de que a nósa obra serviu para moito máis que a simple pero grande misión de mostrar ou deformar o mundo extrano que nos rodea. Mostralo ou deformalo con certo toque de humor ou certo toque de seriedade, co sarcasmo propio da nósa terra, co excepticismo inherente á nósa xeración, coa belixerante beleza das verbas, única arma digna das mulleres e homes libres do nóso tempo.
Si, aquí quedou a nósa peculiar e singular visión das cousas. Este espazo adquiriu unha dimensión máis profunda do que inicialmente tiñamos en mente porque, sen lugar a dúbidas demostramos que a personalidade de cada quen (daqueles que vertimos comentarios intencionadamente descontrolados e libres) conxugouse perfectamente co respeto a un terreo común de convivencia que é o QUE ME IMPORTA A MIN. Porque, aínda que de catro amigos saiu a idea, esto perténcenos a todos, a todos os que gastamos un pouco do nóso tempo de preguiza escribindo ou colgando fotos, a todos os que antes de poñernos a traballar queremos sorrir para encamiñar con certa boa cara oito, nove ou dez horas de monotonía, a todos os que facemos un impás entre clase e clase para abrir os ollos ante tanta abrumadora retórica, a todos os que algunha vez nos mordeu a curiosidade de saber "de que vai esto" e, ante a decepción ou a incredulidade, nunca máis "pisamos" este espacio. A todos vós, MOITÍSIMAS GRAZAS POR PRESTARNOS O VOSO APOIO E TAMÉN POR DESPRESTIXARNOS, EN DEFINITIVA, TODO É MARKETING.
Nada máis queridos blogueiros, xa sabedes "SOMOS MOITO" e "ESTO FOI CRIMINAL". Espero que este ano siga a ser así....pola miña parte, seguirei comprometido coa causa.
2 comentarios:
bonitas verbas!!!!!!!
Asi me gusta, unha felicitación emotiva pero seria, na liña de tresillo
Publicar un comentario