14 dic 2007

"IF" de Rudyard Kipling por Doríforo e Tresillo



Se gardas no teu posto a cabeza tranquila,
cando todo ao teu lado é cabeza perdida.
Se tés en ti mesmo unha fe que che negan
e non desprezas nunca as dúbidas que eles teñan.
Si esperas no teu posto, sen fatiga na espera.
Se enganado, non enganas.
Se non buscas máis odio, que o odio que che teñan.
Se eres bon, e non finxes ser mellor do que eres.
Se ao falar non esaxeras, o que sabes e queres.
Si soñas e os soños non te fan o seu escravo.
Se pensas e rexeitas o que pensas en van.
Si alcanzas o TRIUNFO ou chega a túa DERROTA,
e aos dous impostores tratalos de igual xeito.
Se logras que se saiba a verdade que falache,
a pesares do sofisma da Orbe encanaiada.
Se volves ao comezo da obra perdida,
aínda que esta obra sexa a de toda a túa vida.
Se arriscas dun golpe e cheo de ledicia,
as túas ganancias de sempre á sorte dun día,
e perdes, e te lanzas de novo á pelexa,
sen decir nada a ninguén o que eres, nin o que eras.
Se logras que os nervios e o corazón te asistan,
aínda despois da súa fuga, no teu corpo en fatiga,
e se agarren contigo, cando non quede nada,
porque ti o desexas, o queres e mandas.
Se falas co pobo, e gardas a virtude.
Se marchas xunto a Reis, co teu paso e a túa luz.
Se ninguén que te fira, chega a facerche a ferida.
Se todos te reclaman, e ningún te precisa.
Si enches o minuto inesquecible e certo,
de sesenta segundos, que te levan ao ceo.
TODO o desta Terra será do teu dominio,
E moito máis aínda ...
¡Serás un HOME, fillo meu!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

... E se aguantas o Thanckeray con Bombay & Larios do Bosteira, as queimadas de Doríforo, catorce horas seguidas no Caseto ou as consignas musísticas de Jim Garcey...

... Se es capaz de vivir nun monte de pixos sen dar a máis mínima queixa e, sen ser homosesoal, incluso acabas por atoparlle a gracia...

Entón es un SEUTARIO, FILLO NOSO!!!

que_me_importa_a_min dijo...

Deixade as drogas!



hiper...

Anónimo dijo...

Canta razón... e moi boa traducción.