
A película é bastante aburrida, a pesar de ter un par de sustos que fixeron que Dori me chantase os seus perfectos cóbados na ingle. Ou igual foi que non a pillamos. Dicía Amarillo que o periódico puña que tiña claras implicacións políticas e dobles lecturas e quemeimportaaminonepotivo. Cual Garcis de la life, no coche de volta á casa comímonos o tarro para ver que é o que había detráis desta trapallada. As conclusións foron:
(isto que sigue son pensamentos que levan ó final a lóxica da película, non a nosa):
1- "Soy leyenda" contribúe a acentuar o dominio patriarcal. Emma Thompson é a doutora culpable, a que as arma mazo pardas. Muller tiña que ser. E logo déixanlles conducir. Mecaghina.
2- "Soy leyenda" propón que nos deixemos de ciencia e especulación, é dicir, de mariconadas. Mira o que pasa por investigar, unha desfeita que nin Zapatero... Así que o Estado debería invertir máis no exército e en tipos como Will Smith, que salvarán o planeta, e menos en I+D. Claro como a auga.
3- Dios existe.
4- Por unha vez en América, os malos son os brancos e o negro o bueno... Mmmmmmmmmm, gondiós, esto non acabo de pillalo... Case dan ganas de preguntarllo ó director... Tades seguros ho? Non sería ó revés??? Ademáis, o latino que entra en escea (unha rapaza) non é nin asesino, nin puta nin camello... REVOLUCONARIO!!!
5- (Ultima conclusión, esta personal). Mecagoenlavirguen... Papar nunha zona cero é máis fácil que en Cervo... Queixaste un par de aniños e sae da cueva unha brasileira criminal (Alice Braga, Ciudad de Dios) con ollos como améndoas... Non é xusto, joder... Leyenda somos nesoutros, hostia, e Will Smith un bosteira. Veña ese autobús de suecas.
1 comentario:
Que mal pensado Xogador, ¿cando tiveron os americanos ese ansia de alienación e borreguismo?jeje. Supoño que no fondo sí se lle pode sacar esas puntillas, pero eu, que son máis confiado, inclínome a pensar que é un producto máis, rentable, típico, e tamén esperable, por suposto. Desde que saíu "28 días despues", de producción inglesa, proliferan as copias, modificadas o xusto para evitar a denuncia; parece obvio contar con que neste primer producto, máis ou menos orixinal e fresco, se tivo en conta a mensaxe subliminal que con el se ía lanzar como parte do producto, pero, ¿é lóxico pensar que se perpetúa a mesma intención nos sucedáneos posteriores? Os tipos fixeron o que se lles da ben, acaparar a súa parte do pastel cunha bazofia ben publicitada, mellor dirixida e protagonizada por un dos máis cotizados. A estas alturas xa poucos quedan fóra do carro, e se esta te disgusta, espera ver a versión española, REC, é vomitiva.
Publicar un comentario