28 dic 2007

FILIZ ANIVERSARIO, MANGANTES!!! (xogador de chica)

Día dos Santos Inocentes, 2007. Xuntámonos no Caseto catro maleantes con ganas de facer cousas, algo de mala hostia e un pouco de sentido do humor. Nace o "Quemeimportaamin." Mellores ou peores, as ideas sucédense. Son as mil e Chopi, Marco e Chus, aguantando estoicamente, non nos queren dicir "imos pechar."

O conceto era que, se o elemento de Jiménez Losantos ten un programa de radio propio e exclusivo para escupir o seu veleno, nos tamén temos dereito a utilizar a nosa (moito máis humilde) vía para despacharnos a gusto sobre todo o que nos indigna do día a día. Pero tampouco se trata só de rajar; criamos que o blog tiña que ser un nexo de unión entre colegas, un lugar para compartir, un punto de intercambio para as distintas maneiras de ve-las cousas dos participantes que o integran. É dicir, algo noso; pero tamén dos de fora, de calquera frexulfeiro ou senegalés que se queira apuntar; algo de todos. O que pasou despois xa se sabe. Un torrente de debates, risas, teorías "filosóficas" e "sociolóxicas", sablazos de indignados/as lectores... incluso receitas de cociña!!! E cunha serie de colaboradores que aportan cada un o seu estilo, cada un a súa personalidade.

Houbo quen nos voltou á infancia, facéndonos asomar o lagrimón (e recordándonos o trastes que eramos). Algún conseguiu que nos doese a barriga de rir coa súa visión sobre as gambetas de la life. Unha pixina tratou de facerse cun hoco nun monte de pipís, defendendo a dignidade feminina. Tivemos unha parella de heartbreakers que nos demostraron que os chulos non están sólo en Madriz, e que, coa súa sapiencia, pugnaron por que tivesemos un mellor rendemento chingador. Asomaron polo blog artesáns de primeira, que nos ensinaron a coser como só os mestres saben; e que nos obrigaron a ler, deixando caer as súas teorías senón sempre acertadas, sempre divertidas e interesantes. Non faltou a polémica, estando o blog como estaba cheo de grandes encizañadores. Por haber, houbo quen nos explicou con receitas o por qué do seu cuerpo serrano. Tamén atopamos unha parella en technicolor, unha especie de Tip e Coll na que un tratou de poñer cordura ó asunto, e o outro dilapidou todos eses esforzos. Outra das parellas insignes do blog, admiradores a partes iguais dos culebróns venezolanos e dos dobraxes da Galega, crearon un monstruo; os seus posibles resultados dan medo.

Hai uns días Dori (Perfect Body) e Tresillo colgaban un poema no que Rudyard Kipling dicía algo así como que "éxito e fracaso son os mesmos impostores." Penso neste blog e digo..............quemeimportaaaminonepotivo. Eu non sei se montar esta trapallada foi un grande éxito ou un rotundo fracaso. Só sei que me gusta, e que me gusta moito. NORABOA A TODOS, E MOITAS GRACIAS.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Joder con tanta felicitación estadesme metendo unha presión da ostia, sei que como coofundador do blog deberia escribir algo pero macho, sempre fun o vago do cuarteto, asi q eu comento e si eso un dia destes escribo algo.

Anónimo dijo...

Ser o vago do cuarteto é un título moi alto, fai unha das túas politicamente correctas entradas e cala a boca.
Gran entrada Xogador.

Anónimo dijo...

Ai Xogador, e pa que valeu todo, para nada. Cajená, a moura cada vez máis lonxe, e de Irlanda e a súa aceptación nada, so probas a birra, e no de Copa.
Viva o blogue, Cervo e a variedade de mentes e dementes que neles hai.

Anónimo dijo...

Pois si que che gusta o blog macho!!, non sales del. Entre o street fighter, o mus e o blog, mima, non sei commo acabrás.jojojojoj. Xa rallas tio.ijijijijiijiiji, é broma pastrán noraboa pola entrada, unhadas moitas entradas que fixeche e coa que me volvin a rir. Es moito!!!!!!..............sigue buscando eleuros, jojojojojojojojoo