7 dic 2007

UN ANIÑO MAIS by hotman


Queridos blogueiros/as, temos outro aniversario dun compoñente do nos blog, o de Metodista. Xa van 24 anos tio, e esperamos que sigas cumprindo moitos, moitos mais. Aínda recordo aquelas celebracións na tua casa tio. Xuntabamonos as catro da tarde, aínda que algún sempre ía as tres e media por si acaso non chegaba, como era o caso de Doríforo. Non sei como se amañaba, pero sempre era "el primero en llegar". Antes de merendar na famosa terraza do Baseint, xogabamos ó escondite polos baixos de "Singer Mornings" (O Cantamañanas), e como non, enchíamonos de polvo ata as cangallas.

Despois deste novidoso xogo, iamos merendar a dita terraza, algo parecido á habitación de Xogador de Chica en Santiago, jojojojojojo. Alí batallábamos de si era mais forte Son Goku, Freezer ou Célula. E di si Gohan sería o mais forte do planeta. Incrible.

Pero os cumpleanos de Metodista, ,introduciron cambios de celebracións. Foi un dos primeiros cumpleanos, por non dicir o primeiro, que se celebrou na famosa Pizzbur de Burela, hoxe rexentada por Avenida de Magoi. E posteriormente ver calquera peli no xa desaparecido Cine Mon. Xa fora "Mortal Combat", como "1,2,3 Splash", o que contaba era ir ó cine, para que á mañá seguinte dicir que saímos.- "¡¡Buf onte saín e hoxe non poido cos pantalóns!!". E o carallo é que levabamos unha zampada de pizzas e hambureguesas, depois de tomar 44 coca-colas por cabeza e sin mexar. jojojojoo. E as 11 da noite na casa cantando baixiño......pero para nós eso era saír. Que recordos. E hoxe xa pasamos de ir ó cine, agora imos ó que imos e pista. De viños, de cea e de copas.

Felicidades Metodista!!!

PD: ¿Será Son Gohan o home máis forte do planeta terra?

4 comentarios:

Anónimo dijo...

FELECIDADES BASEEEEINT!!!

Chaval eu ben sei porque ía tan cedo...ou non te acordas xa de Cristina e Esther...

JOJOJOJOJOJOJO!!!o Xogador tan gordo coma sempre e pa un día que saía de Villasoledad,comeu coma un odre e ali deixou todo nos pasillos do Cine MÓN.vAIA CHEIRUME DESPOIS...Puto Xogador...

Doríforo.

Anónimo dijo...

Pero que dis montón de esterco???!!! Ese foi o Galleto, que potou unha vez nos asentos e de segundas no pasillo, para que se enterase todo o personal!!! Menuda revolucom armou aquel dia en Bure Bure... Menos mal que sabemos que somos os teus amigos e temos a responsabilidade de apechugar coa túa terapia rajadora pa que volvas feito un home a Four Congostras...

Quen non recorda tamén o toqueón xeneralizado logo de vir da Pizzbur e ver Mission Imposible??!!! Co que comimos aquel día (dixera o camareiro "volvede cando queirades") a modorra era inevitable...

NORABOA METHODMAN!!!

Anónimo dijo...

Certo Xogador...era o Galleto...as miñas sinceras disculpas...

Peor foi Mortal Kombat que eramos nos sós no cine...

Doriforo.

Anónimo dijo...

Que recordos! Moito nos gusta esto de poñernos nostálxicos.
A verdade é que aquela "Mortal Combat II" sígoa recordando como unha das peores películas que tiven que soportar na miña vida. Pero a comilona valía a pena.

En calquera caso, felicidades Metodista.
E hoxe de cea, un ano máis.