13 feb 2007

Comunicado by METODISTA

Antes de nada, perdón ós creadores por publicar un artículo de carácter tan privado, pero é o mellor medio do que dispoño para difundir esta mensaxe ós meus.
Queridos e despreocupados folgazáns da miña secta, como xa vos informarían a disfrace organizada para o lúns vai vento en popa, pero o fin de semana é largo e da para máis, así que hai algunhas propostas para quentar motores o sábado das que me quedei con unha como resultado dun pequeno referéndum sectario que realicei.
O disfrace en cuestión sería "ring de boxeo" e contaría non só con boxeadores dende logo, pois cada un destes levaría o seu preparador persoal, existiría un árbitro que regularía os encontros nos diferentes locais a onde leváramos a nosa loucura e dous de nós poñerían a especia afrodisíaca do conxunto vestíndose de mulleres para pasear os carteis no medio do barullo organizado.
Podemos ser cantos queiramos, pero hai disfraces que constan de prazas limitadas, tales como o de "chicas"(2) e árbitro(1). Boxeadores e preparadores coincidirán en número e haberá tantos como faga falta para dar cabida a todos.
En caso de levarse a cabo, advirto que árbitro e unha rapaza xa están asignados(amarillo s. e cazadordemedianoite respectivamente)e un servidor con chegouohome adxudícanse dous papeis de preparadores. Polo demáis para apúntarse só fai falla publicar un comentario neste artículo, poñendo a vosa preferencia á hora de elixir disfraz, que, advirto, logo poderá coincidir ou non, pois os papeis otorgaranse dacordo co orden de entrada pero atendendo ó número de prazas.
Animádevos a facer algo xunto que ten un costo económico nulo e pouca realización.

1 comentario:

que_me_importa_a_min dijo...

son Doríforo.
A estas alturas eu ainda non sei si andarei por ai o sabado,e en calqueira caso no podo sair xa que teño o domoigo partido.Polo tanto xa hai unha posibilidade máis,xa que non contedes coa miña presenza.unha aperta.