26 feb 2007

TOMBUCTÚ


Despois de ver varios meses o mesmo libro na sección, xa imaxino que non ten moitos "leitores", pero para min eso sera un estimulo dos moitos que gusto de ter na vida...
Hoxe para abrir o apetito habemos comenzar a falar de Paul Auster e o seu libro TOMBUCTÚ editado por Anagrama na súa sección Quinteto,libriño de apenas duascentas páxinas e doce euros, non digades que non son modesta nesta primeira aparición, ainda que non vos acostumedes,Devora amais do estimulo gusta do espectaculo...
TOMBUCTÚ é a historia dun chucho que aparece na vida dun poeta inconcluso,que perdeu o norte nos últimos coletazos do hipiismo en norteamerica,época épica se mo permitides. Unha das cualidades de Míster Bones ademáis das que ten calquer can de palleiro (que són todas e nos savemo-lo ben) é a de entender o que se lle fala, ainda que a moitas palabras non lles atopa o significado, hai outras como policia que logra interpretar perfectamente.
Este libro é o primeiro que leo do autor , e se me atrevo a aconsellalo é porque pareceme que sabe narrar e axustar os tempos. e para rematar unha sensación que me correu da punta ao pé producindome un calafrío namentras durou a sua lectura, xa me diredes. Provade a substituir a Mr. Bones por un "inmigrante ilegal" e caseque non haberia que cambiar máis de dez follas. Turbador...
ATÉ A PROSIMA...

Devora-Dora

2 comentarios:

que_me_importa_a_min dijo...

Menos mal que alguén desperta o adormecido lado cultureta desta secta chuzas pero ilustrada!!! Benvida Devora-Dora. Haberá que seguir o teu consello... se Auster escribe novelas a metade de ben que deseña fillas entonces merecerá a pena! A Sophie, vaia nemonia!!!

XOGADOR DE CHICA.

Beluka dijo...

Auster escribe incriblemente. É unha boa recomendación, aínda que para mín "La noche del oráculo" supéraa. E moitas outras, como a "Triloxía de Nova York" ou "Brooklyn Follies". Levaba tempo sen pasar por aquí. Saudiños dende a capital (ai, como se bota de menos a aldea...)