12 feb 2007

HISTORIA MUSICAL GALIZA TEMA 1

Gustariame que me permitirades o atrevimento de ofrecervos a miña humilde opinion no tema musical.Lendo os vosos artigos vexo que tades o dia da cream de la cream en HITS musicais, pero observo que deixades de lado un pouco a nosa propia revolucion musical da cal saquei estas autenticas xoias.

Pra comezar non podemos olvidar a "GENERACION 49" grande donde os haxa facendo esas versios de grupos ingleses tipo BEAT.Como pequena anecdota da rebeldia do grupo deleitovos cunha frase sacada dunha entrevista a German Peñalver batera do grupo " Chamamos a disográfica a ver como iban as vendas, contestáronnos que ainda lle debíamos cartos do adianto das catro mil” tristemente este grupo desapareceu debido as obrigacios do servizo militar, lastima.

Outro arzac dos cantautores da nosa terra, con temas mais arriscados que o mitico "chouza que chouza que as de chouzar", e o gran BIBIANO MORON o cal tivo que aturar os paus dos mais conservadores da epoca debido as suas arriscadas versios. Tiramos de archivo e rescatamos estas duriiiiisimas verbas "(...)Tras dous anos publiquei o meu traballo máis arriscado: 'Aluminio'. Foi toda unha declaración de intencións, un paso adiante, pero caín ó baleiro chimpándome contra a intolerancia da crítica. E todo pola versión rockeira do Negra Sombra. ¡Sacrilexio!, dicían os supostamente entendidos. Leveinas todas, ata no carné de identidade. (...)>>

Ben ata eiqui o primeiro capitulo da historia musical da nosa nazon, porque "a movida de vigo " comparado con esta epoca e unha BOSTA.

No hay comentarios: