18 feb 2007

CRÓNICA DUNHA PREA ANUNCIADA. xogador de chica












Saturday night, menuda prea criminaaaaaaaal...!!! Tentaremos de aproximar o mellor posible a grandeza dos momentos, pero creo que a "Noite das Bestas" merece unha segunda reseña, e incito aquí ós demáis colaboradores a rematar a faena.

Por un lado, un dos atractivos da madrugada foi o combate do século mantido polos boxeadores Óscar De La Poya, mazas pero sensible, e Paco Ferradás, o home alimentado a base de faragullas, que deron un triste espectáculo alá por onde pasaron, co punto álxido da Cea de Airiños do Xunco do Almacén. Alí, o árbitro e presentador de excepción, Amarillo S., tivo os seus dez minutiños de gloria cando engaiolou á audiencia co seu don da palabra, cunha gran capacidade para transmitir toda a emoción do evento en frases antolóxicas como “Este púxil ten 80 kilos de pixo e collóns cheos de amor”. Os espectadores, como non podía ser doutro xeito, quedaron parapléghecos co bo facer do gran cronista. Entre o séquito estaban os adestradores, Chegouohome e Xogador de Chica. “O Kiko de Figueirido” ensinaba a De La Poya a súa patada a traición, mentres que o “Tigre de Espiñerido” animaba a Ferradás a optar polo diálogo habermarsiano ante a súa clara inferioridade. Cunha presenza impoñente, dirixía as apostas un inolvidabel Don King, negro chamizo, con canas afro e cunha faria de 35 cms. O evento contou tamén cunha modelo loira de excepción que se ocupaba de señalizar os asaltos, e coa presenza de dous invitados, Sr. Blanco e Luca Poni. O primeiro trataba de aplacar con cubalibrels a frustración persoal de que ninguén soubese de que carallo ía disfrazado (ía da “Naranja Mecánica” de Kubrick, pero ninguén vira a pinícola); o segundo ía vestido de chino, quizáis tratando de acomodar o “atuendo” ó idioma que emprega cando leva enriba uns cantos chupitos.

Por outra banda estaba un grupo de colexialas do máis provocador e lascivo. Entre elas, estaba Chinasuke que acosou (en termos amigables) a un tipo que criamos que ía disfrazado de vasco, pero que ó final resultou selo porque botou así vestido todo o carnaval. Alí andaba a máis libidinosa do colexio, que se declarou BiSexual. Entre as raparigas puidemos distinguir tamén unha-con-cara-de-can-deitado; a súa capacidade oratoria minguou ata un punto vergonzante, proporcionalmente ó número crecente de cubalibres consumidos. Dúas das chorbitas mantiñan o eterno e xa entrañable duelo de papadoras; eran Hi-Peras e a Chica Pantene, que acabou por trunfar e dar conta da súa fazaña cos dedos apuntando á súa rival. Esta elementa e máis o Xogador de Chica botaron, cunha enorme indignación, unha bronca xeneracional ós porteiros do Painin Uan Mor por non deixarlles entrar ó local, ante un aforo totalmente desbocado; os argumentos da exposición eran incuestionables (“o teu garito de m... sostense cos nosos jubalibres e jañas.”) Tamén identificamos unhas pernas depiladas alimentadas a base de arroz con pito, a Ice-Woman, á maior das irmás Calatrava (a muller con alma negra), á Fea, Fuerte y Formal, á colexiala das cerveciñas frías, a unha taberneira do máis sensual que pasou por Cervo (non faltaron os que tiveron a ben recordarllo), a unha futura groupie dos Rulin Estouns... e un longo etc. E non queremos rematar sen mencionar a maxestuosa actuación da “Clásica Básica”, autora dalgunha das frases máis memorables da noite cando, co fígado farto de Johnnie e hamburguesa en mano, pideu desculpas a unha pre-adolescente por terlle pisado "o clétores". (Outra das grandes sentencias foi a dun Don King pletórico; “se foses un cabaleiro, deixaríasme pedir a mín antes”, díxolle unha dona ó pé da barra. “Se estiveses boa, perde coidado que o había facer”, respondeu entón o noso heroe, matando o conto, o can e a rabia cun “Oíches???”).

En fin, que espectáculo lamentábel... e que ben o pasamos!!!

P.D. Gustaríame (e penso que falo neste caso en nome de tódolos colaboradores do blog) dar as gracias á toda esa xente, familiares e amigos (que diría o ídolo do Hotman), que se levantan ás 7 ou as 8 da mañá e collen o coche con legañas para recollernos e aguantarnos no noso estado de adefesios humanos, impedindo así que se pida outra vez a penúltima e que acabemos no cuartel... por ser benévolo!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Bohemixs historieitor, dende logo unha noite apaixoante dende o comezo ata o fin, pena que o alcohol teña esa capacidade inhibidora de recordos e ó final eu mesmo dera peniña! Pero como os remordementos son para as nenas e non para rudos leñadores cervenses coma nós, hoxe tentarei batir novas marcas persoais en canto a inxesta etílica se refire, espero que me acompañes nesta odisea, xogador de chica.
PD: quen queira pasalo ben de veras que non se despegue de doríforo-perfect body-, pois todos coñecemos o seu gusto ó nudismo a altas horas na madrugada.

que_me_importa_a_min dijo...

Sodes moitoooooooo!A verda e que o especta-culo que destes no Almacen foi do mais lamentabel que eu recordo,bueno minto xa que o bostas botndo a pota na cea de fin de ano tamen foi patatica,pero e que o voso de verda que non tiña prezo.O mais notabel e case o unico que valeu a pena foi ver como unha colexiala cachomdisima se sobia enriba dunha vasvula e esta lle acababa debando 20 kilos!Toda uhna hembraza!
Xa en patacolandia cabe resaltar o espctavulo da colexiata-funki-man,que outra vez non deixou indiferenta a naide,xa que cos seus bailes cautibaba a todas as raparigas que as tiñan ben postas pa bailar con el!
Os demais recordos viran pouco a pouco,o viño-cobalibres-cervezas non son augas,e fan que teñas lapsus.
QUE SIGA A FESTA!que ainda queda moito.

O HIPER...

Anónimo dijo...

Esas frases de fin de festa, simplemente maxistrais!

Polo demáis quería unirme ó comentario do Xogador de chica e dar tamén as gracias a esa xente que con certa frecuencia se encarga de levarnos, de recollernos, de mirar por nós, e de aguantarnos (tarefa nada sinxela).